AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

12/03/2019

Moncho Noceda pechará a lista que buscará devolver a Galiza a súa voz no Congreso

Ana Pontón: «Nun escenario sen maiorías absolutas, 1, 2, 3 deputados e deputadas do BNG son máis útiles para Galiza que 23 ao servizo de Sánchez, Casado ou Iglesias»

Moncho Noceda ante a fachada do Concello (fonte)
O Consello Nacional do BNG aprobou as súas listas para as vindeiras Eleccións Xerais do 28 de abril, e que agardamos servirán para que Galiza recupere por fin a voz perdida no Congreso nos últimos anos de ausencia nacionalista, durante os que estivo representada por deputados e deputadas que atenderon máis os intereses políticos alleos que os do pobo galego que os elixiu, e que estivo impotente ou directamente ausente en debates tan importantes para o País coma son os orzamentos do Estado, que supuxeron unha aldraxe a Galiza tras outra, tanto en tempos de goberno do PP coma do PSOE co apoio das Mareas.

Pois ben, o alcalde de Carnota Moncho Noceda, que como a nosa veciñanza ben sabe determinou poñer fin á súa traxectoria no goberno de Carnota, non remata desde logo co seu compromiso co proxecto nacionalista e formará parte da lista do BNG ao Congreso pola Coruña, aínda que sexa de xeito simbólico, pechando a lista. Máis arriba, no posto 7, tamén concurre a veciña Ana Lestón, que está casada en Lira.

Deste xeito xa son oficiais as listas nacionalistas ao Congreso dos Deputados polas circunscricións da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, asi coma as do Senado. Estas son as persoas que tratarán de recuperar a representación galega pola provincia da Coruña:

  1. Néstor Rego Candamil (Compostela)
  2. María Xosé Bravo (A Coruña)
  3. Ramón Fernández Alfonzo “Mon” (Ferrol)
  4. Silvia Pardo Galdo (As Pontes)
  5. Miguel Pernas Cora (Cambre)
  6. Maruxa Martínez Romaní (Esteiro)
  7. Ana Lestón Gallardo (Cee)
  8. Suso de Toro Santos (Compostela)
  9. Cristina López Sánchez (Betanzos)
  10. Manuel Polo Gundín (Fene)
  11. Lucía Veciño Souto (Ponteceso)
  12. Luís Pérez Barral (Ribeira)
  13. María Pilar Veiga Ares (Culleredo)
  14. Pedro Pérez Traba (Fisterra)
  15. Tania Fernández Iglesias (Mugardos)
  16. Xoán Sande Muñiz (A Laracha)
  17. Rocío da Igrexa Prego (Cerceda)
  18. Ramón Noceda Caamaño (Carnota)
Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: