Pablo Álvarez e Noela Rial, novos dirixentes de Galiza Nova |
“Afrontamos esta nova etapa con moitísima ilusión e co obxetivo de facer chegar as nosas ideas e inquedanzas a mocidade de toda a Costa da Morte, e por suposto tentando atraer a todas as mozas e mozos que pensan como nós e que aínda non se atreveron a dar o paso de achegarse, mais sen dúbida tamén a todo aquel que estea desposto a pelexar por un futuro na nosa terra. Debemos ter en conta que nos tocou vivir un tempo nos que estamos a estudar sabendo que o futuro cerca da casa é moi difícil, mais iso ten arreglo se entre todas e todos somos quen de reverter as políticas neoconservadoras coas que nos levan castigando dende fai ben tempo”, en palabras de Pablo Álvarez.
Galiza Nova conta cunha dilatada traxectoria na Costa da Morte desde hai case vinte anos, durante os que contou con dous responsábeis comarcais veciños do noso Concello, que sempre proporcionou unha achega importante de militancia e acolliu ata tres edicións das Xornadas de Verán, que xunto ao Festigal é o evento máis importante que a mocidade nacionalista organiza cada ano no País.
Desde o BNG de Carnota queremos brindar todo o noso apoio para o éxito desta nova andaina, e convidar a toda a mocidade do noso Concello a sumarse á loita para a mellora das condicións de vida da xente nova nunha comarca deprimida onde as oportunidades para traballar e mesmo para estudar son cada vez máis escasas.
Pode pertencer a Galiza Nova da Costa da Morte toda persoa de ata 30 anos que se considere nacionalista e que resida ou proveña dalgunha das nove localidades que conforma a comarca: Carnota, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía, Camariñas, Vimianzo e Zas. Dentro de Galiza Nova é de destacar que a militancia feminina tamén conta, ao igual que no BNG, cunha organización feminista propia e non mixta para dar resposta ás súas problemáticas, a Asemblea de Mulleres.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!