O BNG de Carnota logrou reunir e publicar, grazas á colaboración veciñal, todos os exemplares antigos
|
Portada do nº 8, lanzado en 1997 |
Se hai algo tradicional na política local de Carnota son os tránsfugas, e a revista
A Moa, voceiro local do BNG e Galiza Nova de Carnota. Non casualmente chámase coma a atalaia do Olimpo Celta, desde a que se vixían desde millóns de anos os devires das terras bañadas pola fouce de Carnota, e desde a que levamos case un cuarto de século informando a toda a veciñanza de Carnota diseminada polo mundo adiante da actualidade do seu Concello desde a óptica do nacionalismo local, e tamén denunciando, sempre cun punto de vista retranqueiro e incisivo, as numerosas trapalladas que por desgraza se teñen cometido nestes confíns.
|
Os cadriños da Moa, sempre cheos de humor e reivindicación |
A piques de cumprir os seus 22 anos e 35 edicións, A Moa fixo sitio nos nosos fogares para todo tipo de contidos: novas de actualidade, resultados electorais, sisudas análises de aspectos políticos, económicos e técnicos que se lle poden escapar ao común da veciñanza, cadriños e debuxos de artistas locais ou alleos (O Tupa, Pepe Carreiro, O Carrabouxo...), a desternillante crónica medieval das aventuras do Mariscal Nonarrasca, pasando por artigos de opinión e cartas abertas de veciños e veciñas que tamén quixeron facer da Moa a súa voz para denunciar inxustizas. Todo isto, cun único punto en común: levar a cada casa a voz do BNG e que xamáis se vetou ou censurou a ninguén que tivera algo que dicir.
|
Narrando a actualidade en clave medieval |
Grazas á inestimábel colaboración veciñal logramos compilar a totalidade das edicións publicadas da Moa ata a data desde o seu primeiro número en febreiro de 1996, que tras seren dixitalizadas foron postos a disposición da veciñanza na rede; no futuro estudaremos a posibilidade de editar unha edición especial compilatoria en papel.
Catálogo de exemplares do Voceiro local A Moa
Pois creo que na casa do avó debo ter algunha!
ResponderExcluir