Panorámica da praia de San Pedro. Fonte: turismo.gal |
A falta dunha, o Pindo conta con dúas redes de saneamento máis ou menos operativas; porén a Xunta segue a dilatar o ansiado momento da conexión, e tras oito anos de obras que nunca parecen acabar, seguimos sufrindo este mal con maior incidencia aínda no verán, empeorando a calidade de vida da veciñanza e ofrecendo unha imaxe deplorábel do noso municipio a visitantes que acoden a Carnota coma un referente turístico saudábel, de calidade e con respecto ao medio ambiente, mais que se levan deste lugar unha sensación ben distinta.
O goberno municipal convocará en próximas datas a unha xuntanza a todos os axentes sociais para procurar unha resposta conxunta que presentarlle ao presidente de Augas de Galicia na vindeira xuntanza que o alcalde xa ten convocada de hai tempo para tratar esta problemática, e á que convidará a acompañalo a representantes das entidades sociais que operan na localidade.
Agardamos que do consenso social e coas administracións poida saír unha solución que poña a andar o saneamento no Pindo e acabe definitivamente cos cheiros na praia.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!