AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

24/01/2017

Carnota activa o Banco de Leña para combatir a pobreza enerxética e os abusos das eléctricas

O goberno municipal do Concello de Carnota anuncia que desde esta semana pon en marcha o Banco de Leña, unha pioneira iniciativa mediante a que facilitará á veciñanza en risco de pobreza enerxética madeira gratuíta coa que quencer os seus fogares nestas datas.

A iniciativa, anunciada xa no seu día no programa electoral nacionalista, revelouse agora absolutamente necesaria por mor das baixas temperaturas, que foron aproveitadas polas compañías eléctricas para aprobar unha suba completamente abusiva da tarifa eléctrica, con impunidade absoluta e a total condescendencia dos gobernos do Partido Popular. Coa posta en marcha desta medida o goberno local agarda paliar o efecto que estas subas puideran provocar á veciñanza que xa está a pasalo mal e que poida ver as súas circunstancias incluso agravadas.

O goberno xa adoptou as medidas necesarias para regular este novo servizo que Carnota comezará á prestar á súa veciñanza de inmediato. As persoas que reúnan os requisitos socioeconómicos poderán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais a partir da publicación do bando para solicitar beneficiarse desta iniciativa pioneira en Galiza, e que o goberno municipal agarda que axiña se faga extensivo a outros municipios para combatir a pobreza enerxética desde a institución máis próxima ao pobo.

Facemos un chamamento a Comunidades de Montes e demais entidades sociais e veciñais para que colaboren coa medida e contribúan a erradicar a pobreza enerxética do noso municipio.

Etiquetas: , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: