AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

12/06/2015

A Xustiza condena á Xunta por pechar o Centro de Día de Pedramarrada

O TSXG da a razón ao Concello por entender que a orde procedeu dun órgano «manifestamente incompetente»

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza estimou a demanda presentada polo Concello de Carnota contra a decisión do xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (dependente da Xunta) que supuxo en 2013 a clausura das instalacións do Centro de Día de Pedramarrada, e o traslado das súas usuarias e usuarios a outras instalacións ubicadas nun concello veciño.

Foi a unilateralidade desa decisión, precisamente, a que motivou a denuncia do rexedor Moncho Noceda contra o Consorcio, pois non só se tomou a pesar da oposición frontal do goberno de Carnota, senón que para iso dinamitaron o Convenio subscrito entre Xunta e Concello ao que aínda lle quedaban dous anos de vixencia. O TSXG declarou a nulidade de pleno dereito da resolución "por ser ditada por un órgano manifestamente incompetente", neste caso o xerente, pois non entraba esta acción dentro das súas facultades. Cabe engadir que a decisión adoptouse igualmente despois de que o Concello reclamara xudicialmente a paralización cautelar do peche.

Que vai pasar agora?

Parece pouco probábel que despois de dous anos de telo abandonado esta sentenza vaia supoñer a reapertura do Centro de Día de Pedramarrada nas condicións anteriores á resolución que acaba de ser anulada polo TSXG. Isto, á súa vez, supón que xa se provocou un dano irreparábel a Concello e veciñanza de Carnota, polo que o goberno e os técnicos municipais xa estudan reclamar as responsabilidades oportunas e o resarcimento do prexuízo económico causado. Ao fin e ao cabo, o pobo de Carnota viu como lle era inxustamente arrebatado un servizo público que loitou moito por conseguir, que financiou e que ademais era moi útil e satisfactorio para os seus usuarios, só 5 anos despois da súa inauguración por parte do daquela vicepresidente da Xunta Anxo Quintana. O feito de que este Centro de Día sexa froito dunha xestión nacionalista entendeuse sempre que estivo detrás deste empeño do PP en clausuralo mesmo a conta da perda do servizo.

Sentenza xudicial do TSXG de 10/6/15

Etiquetas: , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: