O aspirante a revalidar a alcaldía transmitiu que o proxecto de goberno do BNG seguirá na liña da transparencia, a honradez e a participación veciñal. Para poder levalo a cabo, é necesario que o BNG conte co suficiente apoio veciñal para gobernar sen ataduras nin chantaxes de ninguén, só mirando os intereses veciñais.
Neste senso, e dado que resulta máis que probábel a existencia dun pacto PP-PSOE para desprazar ao BNG do goberno, Noceda animou a traballar con ilusión e forza para convencer á xente de que o 24 de maio confíen maioritariamente nun proxecto que servirá para consolidar a idea dun concello xusto, democrático e transparente, pensado por e para a xente.
Bieito Lobeira, secretario de organización do BNG, quixo acompañarnos neste acto, e tras bromear sobre a súa envexa sana da veciñanza de Carnota, expresou que tantos anos de traxectoria servíronlle para saber que onde hai alguén do BNG de Carnota hai un nacionalista de verdade, que o é polas súas ideas e non por oportunismo, e que se debe aos intereses do seu pobo e non a ningún outro.
Asembleas veciñais en Panchés, Pedrafigueira e coa Carnota emigrada
Derradeiras Asembleas en Canedo e Louredo antes do arranque oficial da campaña
O encontro co pobo de Canedo terá lugar o martes a partir das 20h no Parque Infantil, e despois estaremos en Louredo (San Mamede) o mércores6 de maio ás 20:00h. Con esta rolda de en total 17 xuntanzas abertas o BNG quixo rendir contas ante o conxunto da veciñanza do inxente traballo desenvolvido desde o goberno municipal nestes catro anos, e recoller as propostas de cada núcleo e de cada colectivo a un programa de goberno 2015-2019 construído pola xente e para a xente, que xa estamos a ultimar para presentar en sociedade canto antes, coa convicción de que toda a poboación se sentirá dignamente representada por este proxecto e polo equipo que propoñemos para levalo a bo porto.Agradecemos a gran implicación veciñal neste proxecto.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!