O BNG obtén a maioría absoluta en Carnota tras obter 1.271 votos e 6 edís
Por unha vez fíxose o imposíbel e o equipo liderado por Moncho Noceda deu a sorpresa despois de medrar 228 votos con respecto a hai catro anos e de vencer en 5 das 6 mesas electorais do Concello de Carnota.En total a candidatura do BNG - Asembleas Abertas obtivo 1271 votos, o 49,42% dos sufraxios a partidos que se emitiron, mentras que hai catro anos obtivera 1043 votos, o 34,05% dos emitidos. O PP, que hai catro anos fora o partido máis votado con 1383 votos, o 45,15% dos emitidos, sufriu un retroceso de 560 votos, situándose nas 823 papeletas, un 32% do total. O PSOE pola súa banda tamén descende en votos, e se hai catro anos obtivera 637 votos, o 20,8% do total, nesta ocasión perde 159 e quédase con 478, o 18,58% do total. Asi, en base á lei d'Hondt, os resultados finais son de 6 edís do BNG, 3 do PP e 2 do PSOE, quedando a Corporación Municipal 2015-2019 configurada do seguinte xeito:
- Moncho Noceda (BNG)
- Iván Franco (BNG)
- Belén Campos (BNG)
- Jorge Fiuza (BNG)
- Marupe Armendariz (BNG)
- Iago Maceiras (BNG)
- José Oreiro (PP)
- Manuel Santiago Brea (PP)
- Marisol Piñeiro (PP)
- Suso Campos (PSOE)
- Manolo Lago (PSOE)
Agora é o tempo de coller folgos e retomar con forza o traballo duro que esixe un Concello na situación que atravesa o noso, e comece a desenvolver desde o minuto cero, con toda a ilusión e alegría que este reto esixe, o noso programa de goberno 2015-2019, que está repleto de iniciativas de futuro que elaboramos con e para a xente, e que sen dúbida coa implicación de todos e todas vós e coa máxima humildade do goberno, serán moi pronto unha realidade.
Noraboa compañeiros, agora a seguir traballando asi!
ResponderExcluirParabéns.
ResponderExcluirMas, toca otear com altura de miras desde a Laxe da Moa.
A ambición é positiva, mas non debe estar exenta da respectiva mesura á hora de tomar decisións de grande trascendencia para a veciñanza.
É nos concellos onde se crea conciencia de País.
Adiante e moita sorte para esta nova xeira.