O inicio da campaña pecha unha intensa rolda de Asembleas Veciñais polos lugares de Carnota, Lariño, Adraño, San Mamede, Mallou, Caldebarcos, Lira, O Pindo, Quilmas, Cornido, Panchés, Pedrafigueira, Canedo, Louredo..., 17 actos en total, para rendir contas ante a veciñanza de todo o traballo desenvolvido polo goberno municipal durante estes catro anos e tamén recoller as propostas que a xente quixera facer ao que será o noso programa de goberno 2015-2019. Estas reunións servíronnos para pulsar un gran compromiso veciñal con esta nova forma de gobernar co pobo e para o pobo, e tamén unha enorme comprensión da xente coa grave situación económica que atravesa o Concello de Carnota e que nos imposibilitou desenvolver algúns proxectos interesantes. Estimamos que durante a precampaña máis de 250 veciñas e veciños participaron na confección do programa que presentaremos en breve. Agracecemos sinceramente a toda a veciñanza a súa implicación neste proxecto.
A Moa volveu á rúa
Asi mesmo ao longo da precampaña repartimos masivamente entre a veciñanza 2.000 exemplares do noso voceiro local A Moa, unha edición monográfica sobre o mandato que remata, que xa suma asi 34 edicións. Colgamos a revista aquí para a súa lectura para quen non teña acceso á edición en papel.Campaña feita cas nosas mans e cos nosos cartos
No BNG faremos a nosa campaña porta a porta, e non participaremos no dispendio económico e ecolóxico dos mailing masivos. O BNG tampouco vai solicitar ningún crédito bancario para financiar a campaña nin contrataremos a ningunha empresa senón que todo cando fagamos será grazas ás mans e os cartos da militancia e dos colaboradores. Por iso é fundamental contar co teu apoio. Contáctanos en carnota@bng.gal ou chámanos ao 625382644 se cres que nos podes axudar na campaña dalgún xeito.Por suposto na nosa páxina www.bng-carnota.org iremos informando ao minuto de toda a campaña carnotá, con seccións dedicadas á candidatura, programa electoral, calendario de actos e tamén como botar unha man na campaña.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!