O edificio de Pedramarrada albergará un Centro Xuvenil se a Xunta non nos devolve o Centro de Día
A proposta máis notábel será a creación dun Centro xuvenil en Pedramarrada, no edificio hoxe en desuso do Centro de Día. No caso de que a Xustiza non revirta o discutido traslado deste servizo ao veciño concello de Muros imos destinar este edificio a Centro Xuvenil en acordo con varios colectivos, un lugar onde a mocidade do Concello poida reunirse e organizarse, e dispoña dunhas instalacións con conexión a Internet, ludoteca, biblioteca xuvenil e local de ensaio, entre outros servizos.A intención é que esta nova instalación non sexa un contedor pechado senón que teña unha dinámica propia e que a mocidade non só sexa usuaria senón peza clave do seu funcionamento, para que o centro se adapte ás necesidades da xente nova e se convirta nun verdadeiro epicentro cultural xuvenil do Concello.
O Arrincadeira devolverá o rock e a festa aos nosos veráns
Logo de varios veráns sen un festival estival no noso Concello, cubrirase este oco co Arrincadeira, un novo festival de música rock e galega que ademais de buscarse un oco no apretado panorama festivaleiro galego dará a coñecer o puxante tecido musical do noso municipio, conformado por bandas como Tan Totem, ou Animal Soul entre outros. Eles mesmos serán os auténticos protagonistas e non só no escenario, pois ocuparanse da organización e serán os máximos beneficiarios deste festival.A iniciativa xa conta con perfil nas redes sociais Facebook e Twitter onde en breve comezará a súa difusión.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!