O durísimo escrito do Ministerio Fiscal entende que existen delitos suficientes para procesar a José Oreiro, Marisol Piñeiro e Carlos Bousoño. No caso dos membros da candidatura do PP de Carnota, entende que incurriron nunha contratación "sen ningún tipo de formalidade nin axuste á legalidade" na que ambos participaron tanto na decisión inicial como nas sucesivas prórrogas e modificacións de contrato, o que constitúe un delito de prevariación tipificado no artigo 404 do Código Penal.. No caso do secretario, a fiscalía considérao cooperador necesario por ser o que asesorou aos outros dous na comisión do delito.
O TSXG chama a Oreiro a declarar e admite a acción popular do BNG logo de que PP e PSOE de Carnota vetaran a acción do Concello
O máximo órgano xudicial galego dictou providencia o 5 de maio ordenando á Garda Civil citar a declarar a José Oreiro ante o TSXG o vindeiro martes 19 de maio ás 10:00h. No mesmo escrito o xulgado admite que o Bloque Nacionalista Galego exerza a acusación popular, logo de que PP e PSOE sumaran os seus votos no pleno do pasado 10 de abril para impedir que o Concello de Carnota puidera exercer a defensa dos intereses da veciñanza.O BNG de Carnota entende que ante a gravidade da situación José Oreiro e Marisol Piñeiro xa non están lexitimados para ocupar ningún cargo público polo que o PP debe aclarar se vai esixir a dimisión dos seus cargos no Concello de Carnota (os dous son concelleiros) e no Parlamento Galego (Marisol Piñeiro é actualmente deputada) asi coma que confirmen se van a continuar ou non sendo candidatos en Carnota estando encausados xudicialmente con acusacións en firme e fianza. No caso contrario, todo cando levan predicando sobre o suposto compromiso do PP contra a corrupción demostrarase un engano masivo á cidadanía.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!