Formación de Coso Carnóbrigo |
Este festival convocou un concurso de novas promesas musicais vía Facebook no que está ben situado Coso Carnóbrigo (Coso da fortaleza de pedra), un grupo de folk-metal, como se autodefinen, composto por Roldán Figueira, e Antón Beiro ás guitarras, Kiko Figueira na batería e Paula Teixeira no micro. Polas súas veas corre sangue carnotá e ademais actúan en galego polo que vos pedimos que compartades no voso perfil de Facebook o seu single de presentación, adianto do disco Sacrificial que están a preparar, pois é a única forma de que o voso apoio sexa compatibilizado pola organización do Festigal. Nós non temos redes clientelares pero temos unha vasta rede de amizades que de seguro axudaremos a conseguir que que antes incluso do lanzamento do seu primeiro disco estes rapaces poidan darse a coñecer nun escenario tan privilexiado do panorama nacional e seguir facendo País a través da súa música.
Instrucións para votar. Só leva uns segundos! |
Se desexades falar con eles ou contratalos podedes facelo en coso.carnobrigo@gmail.com ou nos teléfonos 677 811 097 e 677 102 742.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!