Membros do BNG acudiron ás dependencias administrativas na Xunta de Galicia en Monelos para solicitar copia de toda a documentación para informar á veciñanza do que parece ser a autorización provisional por parte da Xunta á instalación absolutamente temeraria dun tanque regasificador de Gas Natural a escasos de 60 metros da escola pública da localidade de Carnota, proxecto para o que acaba de abrirse un prazo de alegacións de 15 días.
Precisamente chama a atención que o proxecto omite a presenza nas inmediacións dun colexio infantil, o que fai sospeitar que foi redactado desde o despacho e sen poñer nin un só pe a zona para comprobar o que había ou non nas inmediacións. Sendo asi, tanto Concello de Carnota como BNG anuncian que van presentar alegacións esixindo que a empresa retire o proxecto ou busque outra localización para esa infraestructura, polo que facemos un chamamento a toda a veciñanza para unirse a estas alegacións.
Asemblea veciñal
O xoves 16 de abril ás 17:00h terá lugar no Salón de Actos do Concello unha Asemblea Veciñal para explicarlle aos veciños de Santa Comba de Carnota para explicar o proxecto, a posición do goberno e tamén escoitar as lóxicas demandas da veciñanza, e ofrecerlles a posibilidade de unirse ás alegacións que o Concello xa está preparando contra a ubicación dunha infraestructura destas características nun lugar tan absolutamente temerario coma pode ser o entorno dun colexio, o centro médico e boa parte dos servizos públicos con que conta o noso municipio.Proxecto
O BNG de Carnota colga para consulta de toda a veciñanza o proxecto que obra nas dependencias administrativas da Xunta en Monelos.
Localización
En vermello, a parcela reservada no proxecto. En verde, o CEIP San Gregorio de Carnota.
Máis información e alegacións
Para poder participar nas alegacións, asiste á Asemblea Veciñal ponte en contacto co BNG en carnota@bng-galiza.org ou co concello en info@concellodecarnota.com.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!