AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

01/04/2015

O BNG de Carnota anuncia a renovación do 85% da súa candidatura titular

Unha das Asembleas Abertas en Carnota
Despois dun longo proceso participativo -que aínda continuará esta semana-, e de varias Asembleas Abertas, afrontamos a recta final da confección da candidatura BNG - Asembleas Abertas de Carnota, e que se anticipa totalmente renovada, xa que o 85% dos seus membros titulares, 8 de 11, serán caras novas, e dos que 7 nunca antes participaran en candidaturas no noso concello.

Asi mesmo, o proceso de participación veciñal aberto en outubro de 2014 só se pode calificar como moi positivo, pois traducirase na incorporación de preto dun 40% de persoas que non militaron nunca no BNG nos postos titulares da lista, porcentaxe que se disparará entre as suplencias ao incorporar multitude de veciñas e veciños non adscritos politicamente mais que si quixeron dar un espaldarazo ao proxecto liderado por Moncho Noceda para o noso concello.

Con este proceso, aínda inconcluso pois a lista definitiva non será aprobada ata o 11 de abril, o BNG quixo facer partícipe á veciñanza que, non estando afiliada, si comparte con nós a necesidade de traballar polo noso Concello e tamén o profundo desafecto e cansanzo do bipartidismo sistémico que encarnan PP e PSOE.

Asi mesmo, estes contactos veciñais permitiron identificar erros e acertos do BNG de Carnota e nomeadamente da súa acción de goberno, para perfilar as que serán liñas mestras dun programa político que aspira a converter en progreso e mellora da calidade de vida de toda a veciñanza, despois de catro anos que foron de práctica supervivencia e terapia de choque contra a situación terminal que atravesaba o noso concello, como a veciñanza sabe.

Toda achega para programa e campaña será ben recibida contactándonos no noso correo, ou polas nosas redes sociais Facebook e Twitter.
Etiquetas: , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: