Benvidos ao blog do BNG de Carnota!Daquela Internet estaba aínda moi lonxe de estar xa non en case todos os petos, senón na inmensa maioría dos fogares. Onde o había, a información alternativa consultábase en Vieiros e o máis social que existía eran os foros e as salas de chat. Nese contexto o BNG de Carnota necesitaba unha canle de comunicación coa veciñanza que estaba fóra, do mesmo xeito que A Moa, o noso voceiro local en papel, nos poñía en contacto directo coa veciñanza que estaba aquí. Asi, o que comezou sendo unha experiencia piloto para ir colgando cousas da vida política carnotá, foi gañando presenza e referencialidade, ata sumar hoxe 287 novas publicadas que recibiron máis de 126.600 visitas, e iso que o contador comezou a funcionar en xuño de 2010. Tamén é moi de destacar o seu papel de espazo de libre expresión, e nese senso a adición aberta e mesmo anónima de comentarios foi moi positiva, pois a veciñanza non atopa esta posibilidade en ningún outro medio.
A través deste espazo dixital pretendemos dar conta das novas máis relevantes sucedidas no noso concello aos viciños e visitantes, e recoller as suxerencias, comentarios, opinións e críticas de todos aqueles que desexen axudarnos a crecer como organización, e a facer de Carnota un mellor lugar para todos e todas.
Unha aperta afectuosa
O momento máis álxido da web foi cando en xuño 2011 apareciu publicado no agregador de novas Menéame a noticia de que o BNG reducira os soldos políticos un 82% con respecto ao anterior gobenro do PP, isto supuxo un pico histórico de 26 mil visitas só nese mes. Como curiosidade, a noticia publicada onte dando a coñecer a nosa candidatura sumou 1.850 visitas en 24 horas, o que constata que unha década despois o espazo dixital do BNG de Carnota segue tendo moi boa saúde.
Redeseño integral para agradecer a fidelidade da veciñanza
Moncho Noceda proba a nova páxina |
O BNG de Carnota refresca deste xeito a súa histórica aposta polas novas tecnoloxías, dada a necesidade de contar con vías de comunicación propias e directas, sen intermediarios coa veciñanza. Esta aposta será ademais o preludio á revisión completa da presenza en Internet e nas redes sociais do Concello de Carnota que o BNG vai desenvolver na vindeira lexislatura se conta co respaldo veciñal suficiente para gobernar, coa creación dunha web de Turismo e outra do Museo Aberto (xa moi avanzadas), alén do propio redeseño integral da actual web municipal www.concellodecarnota.com, que contou desde a súa creación no anterior mandato con problemas de funcionamento.
Novas relacionadas
Primeira mensaxe de benvida publicada na páxina do BNG de Carnota o 24 de abril de 2005.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!