AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

19/04/2015

#4. Emprego: Converter a adversidade en oportunidade

Traballaremos para recuperar a agra mediante a concentración parcelaria. Promoveremos a creación de cooperativas de veciñanza desempregada para aproveitar os recursos locais e incrementar a oferta de bens e servizos.

Enchufismo cero

Estes catro anos o goberno municipal erradicou por completo o enchufismo na contratación. Hoxe o concello contrata soamente segundo criterios de mérito, igualdade e capacidade, mediante unhas bases de contratación públicas, obxectivas e nas que non intervén ningún membro da corporación. O BNG vai traballar para consolidar por sempre esta forma de facer as cousas, creando o marco normativo necesario.

Creación de microcooperativas de tutela municipal

A falta de iniciativa empresarial en Carnota freou estes anos toda expectativa de crecemento do emprego, e polo tanto de redución do drama do desemprego. Sen embargo hai determinados traballos e servizos que contan con demanda que o Concello non pode asumir pola imposibilidade de contratar novo personal directamente. Por iso, en colaboración coa veciñanza, os Servizos de Emprego e a iniciativa Eu sumo, o BNG vai implantar de xeito pioneiro un novo formato de microcooperativas dinámicas apoiadasdesde o Concello, que atendan esa demanda e creen varios postos de traballo directos. Materias nas que se prevé traballar son: Xestión de auga e saneamento municipal, conservación de infraestructuras, desbroces, artesanía, agricultura ecolóxica, silvicultura, apicultura, aproveitamento forestal..., coa posibilidade estimada de crear da orde de 4 ou 5 postos de traballo directos por cada iniciativa que se logre poñer en marcha de forma exitosa.

Cláusulas sociais na contratación de obras públicas

Non é de recibo que haxa empresas optando a obra pública que non cumpren as máis mínimas condicións laborais e salariais aos seus empregados. O Concello estabelecerá unhas cláusulas sociais para esixir no momento da contratación de obras públicas que as empresas acrediten cumprir todas as disposicións laborais vixentes.

Esta é unha das ideas forza do noso programa.

Etiquetas:

Hai unha opinión.

  1. The Perfect Casino: Top Offers & Bonuses at
    The Best https://septcasino.com/review/merit-casino/ Casino 토토 Offers. Casino Bonuses & Promotions. septcasino With https://jancasino.com/review/merit-casino/ an emphasis on casino games, the gambling industry nba매니아 is expected to explode

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: