AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

09/03/2015

Réplica de Ramón Noceda ás declaracións de Suso Campos

Causan asombro as declaracións feitas no xornal La Voz de Galicia o día 7 de marzo de 2015 polo candidato do PSOE á Alcaldía de Carnota, o Sr. Campos Díaz; pero, se cabe, máis asombroso é aínda que un diario publique nas súas páxinas tales necidades sen tan sequera contrastar a información. Dito isto, pasamos a desmentir, unha por unha, as falsidades do Sr. Campos:
  1. En Carnota estase a negociar unha Relación de Postos de Traballo (RPT), para unha maior transparencia e eficacia na Administración Local, como xa fixeron outros concellos e como se intentou facer no noso, quedando esta, como moitas outras cousas, metida nun caixón.
  2. Negóciase co Comité de Empresa e cos sindicatos (CCOO, UXT e CIG). Polo momento desenvolvéronse dúas mesas de negociación, que tiveron lugar os días 23 de febreiro e 5 de marzo de 2015.
  3. A RPT non pode ir ao Pleno municipal en canto non rematen as negociacións.
  4. O Goberno local nin prexudica nin favorece a ningún traballador do Concello (Só faltaría!). Para defender a uns traballadores non é preciso atacar sistematicamente ao resto do cadro de persoal municipal. A que traballadores defende vostede, Sr. Campos?
  5. Un dos eixes principais da RPT é o acceso á función pública en base aos principios de mérito e capacidade amparados pola Constitución española no seu artigo 103.3. Sr. Campos, os postos de traballo nas administracións públicas nin se venden nin se dan. Gáñanse.
Clarificador é o xeito en que o candidato do PSOE percibe cal debe ser a forma de acceso a un posto de traballo no noso Concello: “para colocar aos seus”. Os nosos, Sr. Campos, son todos os veciños e as veciñas de Carnota, dende O Pindo ata Lariño. Nós non lle debemos favores a ninguén; debémonos unicamente aos nosos veciños e veciñas, independentemente das súas afinidades políticas. Nós non pedimos votos a cambio dun posto de traballo, xogando coas necesidades da xente. Iso, Sr. Campos, nin é ético nin é legal. Nós pretendemos desterrar este xeito de facer política.

Sr. Campos, aplíquese vostede a frase do seu candidato á Comunidade de Madrid, parafraseando a Kant: “A honradez é a mellor política”.

O candidato do PSOE terá que explicar o seu cambio de parecer con respecto ás declaracións feitas no ano 2011, en plena campaña electoral, que nada teñen que ver co seu discurso actual. Que cambiou? Pensa vostede que a veciñanza de Carnota non ten memoria?

Asinado: Ramón Noceda
Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: