Moncho Noceda nun acto en defensa da pesca artesanal o pasado sábado |
A única candidatura presentada, a do actual alcalde Ramón Noceda, contou co apoio unánime da militancia para traballar por revalidar a alcaldía de Carnota nesta nova e ilusionante etapa, toda vez que a situación economica do Concello se conseguiu normalizar evitando a intervención á que parecía irremediabelmente abocado no inicio do mandato.
O noso punto de partida era ter que facer fronte a unha débeda municipal cercana aos 5 millóns de euros, que se conseguiron minimizar durante este mandato. Se ben a situación actual será detallada nunha vindeira carta da alcaldía a todos os veciños, continuando co compromiso de transparencia que adoptou o BNG no seu programa electoral, xa podemos anticipar que a nova situación do concello permite ser optimistas tanto co cumprimento da maioría das iniciativas programáticas que 1043 veciños respaldaron no ano 2011 coma coa propia viabilidade do Concello de Carnota, que estaba seriamente ameazada.
Daquela altura o noso lema era que Carnota ten futuro. Estes catro anos, a pesar dos moitos atrancos que tivemos que soportar e dos sacrificios que tivemos que asumir, conseguimos demostralo: hoxe Carnota xa non está nas listas negras nin se pon como exemplo do que non se debe facer. É un municipio viábel e solvente, que dedica os seus recursos ao benestar da veciñanza e non a engrosar o patrimonio personal dos seus mandatarios. Agora ese futuro posíbel debemos construílo entre todos e todas.
Man tendida ás novas sensibilidades e aos descontentos co bipartidismo
Ramón Noceda Caamaño, natural de Lariño, liderará deste xeito unha candidatura que avogará pola renovación en todos os sentidos, na que se buscará contar cun maior número de persoas independentes e tamén incorporar a xente nova que nutra de ilusión e novos proxectos a candidatura nacionalista no noso municipio. Asi mesmo, a candidatura do BNG tenderá a man á integración de persoas sensíbeis ás correntes políticas que esixen a ruptura definitiva cun esquema bipartidista podre e salpicado de corrupción, asi coma ás moitas persoas descontentas coa actitude desas forzas estatais que tratan de perpetuar un sistema en fase terminal no que a cidadanía xa non confía a resolución dos seus problemas.
Asembleas veciñais para confeccionar, entre todas e todos, a Carnota do futuro
O BNG abre agora unha etapa de consultas directas cos veciños de Carnota para ir perfilando a candidatura e o proxecto que someteremos ao proceso electoral de 2015. Isto farase mediante unha nova rolda de asembleas nos distintos lugares, para informar da nosa xestión durante ese mandato e identificar erros e acertos recollendo todas aquelas críticas, suxerencias e demandas veciñais, e concretar no próximo programa os retos que as veciñas e veciños de Carnota deberemos afrontar os próximos 4 anos.
Agardamos poder contar con toda a veciñanza nos meses que nos restan ata a vindeira cita electoral, como se contou plenamente nos anteriores para desenvolver o día a día da nosa acción política, pensado por e para todos e cada un dos veciños de Carnota, para seguirmos construíndo futuro.
Moita sorte Moncho, se alguén merece a alcaldía de Carnota es ti, desmostrástelo estes catro anos.
ResponderExcluirGracias moncho por danros unha lección o que é e debe ser un alcalde: honrado, humilde, que non se agocha do seu pobo senón que da a cara onde fixera falta. Muito ánimo e sigue asi.
ResponderExcluirSó podo decir que cando me fixo falta a súa axuda, aí estivo. Moncho non foi un alcalde, nin foi un político, antes que nada foi persona e iso temos que agradecerllo. O meu voto e o dos meus xa o tes. Moita sorte.
ResponderExcluir