AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

13/10/2014

Este venres, primeira Asemblea Aberta do BNG de Carnota. Non faltes!

O BNG comeza a desenvolver a súa xeira de Asembleas Abertas por todas as parroquias cunha xuntanza veciñal aberta que terá lugar o venres 17 de outubro, ás 20:30 horas no Salón de Actos do Concello de Carnota, e á que están convidadas as veciñas e os veciños a por enriba da mesa todas as achegas, ideas, suxestións e críticas destinadas a facer de Carnota un lugar mellor e do BNG a ferramenta útil para transformar o pobo galego.

Estas xuntanzas, que xa se veñen desenvolvendo por todo o País nas últimas semanas, pretenden chamar ao conxunto da sociedade a debatir construtivamente o papel do BNG no difícil contexto social e político actual, e perfilar as melloras e modificacións que precise o proxecto nacional encarnado no Bloque Nacionalista Galego para consolidar e refrescar o seu papel histórico de referente do pobo galego organizado na defensa dos dereitos nacionais e sociais da nosa Terra. Por suposto, a experiencia do goberno nacionalista no municipio tamén ocupará un lugar destacado no debate aberto.

Nas próximas datas iremos pechando os detalles das restantes Asembleas Abertas que pretendemos desenvolver -cando menos- en cada unha das parroquias do noso municipio.

O BNG de Carnota estrea novo espazo en Facebook
Non foi sen tempo pero hoxe botou a andar, precisamente con motivo desta convocatoria da Asemblea Aberta, o espazo na rede social Facebook do BNG de Carnota. Convidamos á veciñanza a engadirnos na páxina https://www.facebook.com/bngcarnota.
Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: