AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

18/02/2014

Carnota reivindica o dereito da muller a decidir libremente sobre o seu corpo

Polo dereito das mulleres a decidir
Desde esta semana, igual que noutros concellos de Galiza gobernados polo BNG, nas inmediacións da Casa do Concello de Carnota pendura unha faixa en defensa do dereito das mulleres a decidir e por un aborto libre e gratuito, contra o criterio que tratan de impoñer determinados sectores ultradereitistas co apoio do actual partido no goberno da Xunta e do estado, o Partido Popular.

O BNG de Carnota denuncia asi a reforma involucionista da lei do aborto do PP impulsada por Gallardón, e reitera a convicción inquebrantábel dos nacionalistas carnotáns de que son as mulleres e só as mulleres quen poden e teñen que decidir sobre a súa maternidade, e a exercitar ou non a opción do aborto libre, gratuíto e en condicións de seguridade sanitaria; xusto o contrario do que promulga a filosofía que representa esta reforma do PP que lexisla contra as mulleres e nos coloca, en termos de seguridade sanitaria, peor mesmo que fai trinta anos e adoptando o camiño contrario á totalidade dos países da nosa contorna.

Mediante este compromiso, elevado a campaña nacional, o BNG seguirá loitando cun pe na rúa e outro nas institucións para que esta lei retrógrada non saia adiante e para evitar que o Partido Popular non consiga culminar o seu empeño de recortar un dereito fundamental das mulleres, un desexo que o PP xa levaba anos limitando sibilinamente en Galiza, ata o punto de que antes mesmo da reforma moitos hospitais públicos galegos xa non prestaban este servizo porque se encargou Núñez Feijóo de recortar medios e de impulsar que se deixe de prestar ese servizo desde a sanidade pública.
Etiquetas: , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: