AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

08/05/2012

Carnota celebra as Letras Galegas con dúas semanas de actividades arredor da figura de Valentín Paz Andrade

Paz Andrade visto por Castelao
O Concello de Carnota fixo hoxe pública a programación cultural arredor do 17 de maio, Día das Letras Galegas, que este ano serán dedicadas a persoa de Valentín Paz Andrade, o polifacético intelectual galeguista de cuxa morte se cumpren 25 anos este mes.

Luns 14 de maio
  • Ás 11:40 h. no Colexio Público do Pindo, Contacontos: "A ratiña presumida e o ratiño presumido". Compañía Trinka Trinka.
  • Ás 11:00 h. na Axencia de Lectura Municipal , Palestra: "Valentín Paz Andrade, Galiza coma tarefa". Presentación sobre a súa traxectoria vital destinada ao alumnado do 3º ciclo do CEIP de Carnota
Martes 15 de maio
  • Ás 16:30 h. na Axencia de Lectura Municipal , Palestra: "Valentín Paz Andrade, Galiza coma tarefa". Presentación sobre a súa traxectoria vital destinada aos usuarios e ás usuarias do Centro de Día de Pedramarrada.
Mércores 16 de maio
  • Ás 11:30 h. no Colexio Público de Carnota, Contacontos: "Conto para escoitar mentras bailamos un balse". Caxoto Contacontos.
  • Ás 17:00 h. diante da Casa do Concello, Acto público: "Vitaminas 17" coa lectura do Manifesto Vitaminas para o Galego en defensa dos medios de comunicación no noso idioma.
Xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas
  • Con saída ás 12:00 h. da Alameda de Santiago de Compostela, MANIFESTACIÓN NACIONAL co lema "Paremos os ataques contra o galego". Convoca Queremos Galego(que integra, entre outras moitas entidades, a BNG e Galiza Nova).
Venres 18 de maio
  • Ás 18:00 h. na Axencia de Lectura Municipal, Obradoiro: "As bruxas de Bozqueimado"  destinado a nenas e nenos a partir dos 3 anos, coa realización dun mural sobre o poema Cantarela do Camiñante de Valentín Paz Andrade.
Venres 25 de maio
  • Ás 18:00 h. na Axencia de Lectura Municipal, Obradoiro: "As bruxas de Bozqueimado" destinado a nenas e nenos a partir dos 3 anos, coa realización dun mural sobre o poema Cantarela do Camiñante de Valentín Paz Andrade.
Domingo 27 de maio
  • Ás 12:00 h. no Salón de Actos do Concello de Carnota, Espectáculo teatral: "O señor das dunas" destinado a todos os públicos (entrada libre), que combina narración oral e ilustración en directo con area. Todos os e as asistentes recibirán como agasallo un libro cos relatos que escoitaron durante a función. 
Etiquetas:

Hai 7 opinións.

  1. Vaia programación!!!! montada en función dos intereses da organización (e satélites) que sustentan o governo local. O propio dia das letras non hai programación oficial, para que "o partido" incruste unha manifestación en Santiago. En fin... governando para os intereses ideolóxicos duns poucos, non da maioría dos veciños.

    ResponderExcluir
  2. Evidentemente estás a ler esta nova na web do BNG de Carnota, que por suposto asistirá á Manifestación, non a web do Concello de Carnota. A ver se non misturamos allos con bugallos.

    ResponderExcluir
  3. Como botamos de menos algúns o Luar e o foxtrot, aquelo si que era cultura! (é coña, noraboa!)

    ResponderExcluir
  4. Mesturades vós, que non sabedes onde acaba a institución e onde empeza o partido. Unha semana do 17 de maio pero sen actos o propio 17 de maio, non vaia a ser que non se apunte a xente á excursión a Santiago. Igualiño que o PP, ides dar bocata?

    ResponderExcluir
  5. Xa hai que ser revirado...

    ResponderExcluir
  6. ou estar aburrido

    ResponderExcluir
  7. Parabéns ó concello, por fin unha actividade cultural digna desa consideracion despois de moitos anos "escuros"

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: