AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

07/06/2011

Resposta do BNG ao comunicado do PSOE

O BNG de Carnota resposta ao comunicado publicado polo PSOE o 6 de xuño

Resultados globais do 22M no Concello de Carnota
Durante a campaña tanto BNG como PSOE comprometéronse co pobo de Carnota a impulsar un cambio de goberno sen contrapartidas, no que a forza menos votada favorecería á máis votada entre elas na investidura, e a partir dese momento acadaríase un pacto estable ou acordos puntuais. Mais unha vez que se coñeceron os resultados o PSOE incumpriu deliberadamente ese compromiso cando o seu candidato amosouse disposto a acordos con PP ou BNG indistintamente, sempre que pasaran por entregarlle a alcaldía.

Ata o 28 de maio o BNG non participou en ningún contacto para conformar o cambio de goberno municipal que Carnota votou nas urnas. Ese día, a militancia acadou un acordo unánime en Asemblea Local que trasladamos ao PSOE e á sociedade, consistente en pedirlles que cumpriran o compromiso de apoiar na investidura a forza máis votada entre elas, neste caso o BNG. A día de hoxe, ese documento non recibiu contestación.

Sen embargo temos constancia de que o PSOE xa se reuniu en varias ocasións con membros do PP, antes e despois do comunicado do BNG. Tras un cruce de posicionamentos e desmentidos confusos por parte dos membros do PSOE, e de declaracións públicas do seu cabeza de lista nas que se amosa totalmente receptivo a acordos co PP, publícase na páxina web do PSOE un comunicado no que literalmente se culpa da falta de acordo á "actitude" do BNG. Comunicado, ao noso entender, cheo de malinterpretacións, cando non de falsidades.

É imposíbel que o BNG teña responsabilidade na rolda de reunións que mantiveron PSOE e PP, ou que dificultara o diálogo co PSOE. É máis, todos os contactos co PSOE partiron da iniciativa do BNG, que sempre mantivo que é a única forza de Carnota coa que estaría disposta a dialogar para un cambio de goberno. Se aínda non se produciu ese diálogo foi polo seu desinterese. Dificilmente puido negarse o BNG a algunha proposta do PSOE, como tamén aseguran no escrito, pois ningunha proposta nos fixeron. Tamén é incorrecto aludir como motivo do suposto desencontro a proposta dunha soa dedicación exclusiva, pois tampouco se tratou este punto. Ademais ese compromiso destacouse no programa do BNG, e aparentemente compartiuno o PSOE, ou cando menos nunca o criticou.

Entendendo que os motivos que o PSOE esgrime para falar de desencontros non responden á verdade, o BNG reitera a total vontade de dialogar canto antes coa representación que o PSOE de Carnota designe, para traducir os proxectos das dúas formacións no cambio de goberno que o noso Concello precisa. De non ser asi, a veciñanza debe saber que o novo contexto debeuse exclusivamente ao cambio de postura do PSOE.
Etiquetas: , ,

Hai 69 opinións.

  1. O natural,o normal,o desexable,o creible,o ilusionante,o bo para todos,o grande,o excelente,o esperable,algo para botar cohetes,petardos,traca,confetis,globos,abrir botellas de caba... e un pacto Bng Psoe...o demais en Carnota e para deitarse a morrer e non despertar hasta dentro de catro anos... directamente...

    ResponderExcluir
  2. A si? tendes constancia de que o Psoe se reuniu varias veces co PP? DEMOSTRADEO. A noticia do correo galego é totalmente incerta.
    Reuniuse unha vez e non llo negaron a ninguén, porque o habían de negar ahora?
    Menos guerra e mais entendemento que falta fai.

    ResponderExcluir
  3. Vaia o Correo tamén minte... si non fóra polo PSOE non existiría a verdade no noso Concello, menos mal que temos a Suso Campos para que nos lembre a verdade:
    El nunca quixo ser tenente alcalde do BNG, quería Moma
    El nunca quixo apoiar o PP, quería que o apoiaran a el
    El nunca se reuniu con Oreiro, só pasaba por alí
    El nunca dixo que ía apoiar o BNG si tiña un so voto mais que eles, eran as distorsións do sonido
    Pobre, a mentira persigueo
    Deixarase atrapar?

    ResponderExcluir
  4. Un pacto bng psoe si,xa existia é o psoe agora non quere pacto quere que o compren con diñeiro publico, cos impostos de todos, que estan para prestar servicios que melloren a calidade de vida dos carnotans e carnotanas. Non entendo aos cidadans que queren corromper a xente do bng incitandos a comprar o apoio do psoe na investidura e entendo ainda menos que o psoe se prostituia vendendose en vez de pactar puntos do programa ou servicios esenciais para os cidadans. Queren pactar que pacten como rebaixar a debeda do concello, que pacten como mellorar os servicios municipais, que pacten que servicios deberian incrementarse,.......todo o resto e compra-venta, desviar diñeiro publico para mercar intereses particulares, corrupción, falta de transparencia, en resumo engano e trapicheo, enchufismo, falta de honradez......Miña noraboa a xente do bng que dixo e sigue dicindo o mesmo antes e despois da campaña eso si que é ilusionante.Saudos e animo para non sucumbir a presion de corrupt@s e trapicher@s sexan do PP,PSOE ou de quen sexan

    ResponderExcluir
  5. Terao que demostrar El Correo Gallego que é quen está obrigado a dar información veraz ¿ou non? Si no PSOE siguen así a culpa da bacteria do PePiño vai ser tamén do BNG

    ResponderExcluir
  6. Número 3. Todo correcto. Tempo ó tempo e xa falamos.

    ResponderExcluir
  7. Nunca xamais me imaxinei que chegada a situación desexada pola esquerda de Carnota se chegara ao punto onde agora estamos. As veces penso si o que vivimos na precampaña e ao longo da campaña non ocurreu nunca (lembrade chuvia de decretos da alcaldía, salarios excesivos, debates televisados convertidos en ring de boxeo, reproches varios incluidos facturas de Casa A Cregha...) e agora "pelillos a la mar", o importante é o mellor para Carnota, ou será para carteira.Vaia mercadeo e vaia politiquiños, que Deus nos colla confesados.

    ResponderExcluir
  8. A mín encántame a situación creada despois do 22M. Porque por fin xa todo o mundo pode ver quén é Campitos. Ponche aqueles ollos grandes é sóltache unha parrafada con tanta seguridade que podes chegar a creela. E en canto rascas un pouco... nada de nada. Pero agora pasouse de frenada no seu xogo de farol. Os maestros do poker teñen que saber cando toca parar cos faroles, non vaia ser que os demáis xogadores se den conta de que non levas nada e che desplumen.
    Campitos non leva nada nesta partida, n-a-d-i-t-a, e en algunhas mans fixo crer ós do bloque que iba cheo de ases. Pero acércase o momento de poñer as cartas enriba da mesa. O PP ten unha boa man, o Bloque ten unhas cartas solventes, e o tahur...
    O tahur desta vez estase retratando.

    ResponderExcluir
  9. Grabacións ao pp onde lle ofrece de todo que non saen á luz porque non existen. pfffffffffff, Oreiro nega eso, que maneira de enlamarse na mentira. Eu si escuitei unha grabación dun mitin no pindo onde deixa clara a postura que agora nega e ca que a outros coma a min engañou para votarlle.

    ResponderExcluir
  10. O BNG levou unha dedicación exclusiva no seu programa... claro que si, pero en realidade, o BNG non foi a forza máis votada!! e iso está aí, polo tanto toca negociar co PSOE tanto a nivel programático, así como a forma en que o traballos dos socialistas debe ser compensado. O BNG non está en posición de pecharse e punto, debe dialogar e tratar de formar un goberno estable durante os catro anos. Os socialistas deben participar no goberno a diario, non só en certos momentos. Achegade propostas e por favor consensuade o mellor para Carnota... Unha do BNG que lle esixe ó seu partido responsabilidade para un goberno duradeiro...

    ResponderExcluir
  11. Este comunicado crea distancia!!! Falade entre vós e deixade de comentar cada movemento...

    ResponderExcluir
  12. Totalmente dacordo co comentario 10. Xa está ben de tanta historia, comunicado vai, comunicado ven...Sentádevos a falar co Psoe dunha vez por todas e a gobernar, que para iso vos votamos. Parece que non vos suda todo con tal de demostrar a vosa transparencia, incluso estades dispostos a permitir que gobernen outros con tal de non dar un brazo a torcer. Eu tamén lle esixo ó BNG responsabilidade para un goberno durareiro.

    ResponderExcluir
  13. *parece que vos suda...

    ResponderExcluir
  14. Totalmente de acordo, pero non se pode pedir o que non hai,eu son do BNG e pido so coherencia e que o PSOE siga xogando si quere

    ResponderExcluir
  15. Eu tamén estou de acordo e tamén son do bng. Simplemente contestamos a un comunicado que fixo público o psoe no que se nos acusa inxustamente.

    ResponderExcluir
  16. Moito submarino por aqui... pois SI, TRANSPARENCIA. E se algúns non lle gusta é porque se lle vai algo con elo... Acordo si, pero sen traizoar os principios de uns nin de outros. Ainda que uns xa os deixaron na casa o día 22, pero ese é un problema aparte.

    ResponderExcluir
  17. O goberno do BNG non debe ser, en ningún momento, en solitario, ten que contar co apoio do PSOE, senón sempre estará a sombra da moción de censura, e iso, eu, votante do BNG, non o quero. Sentade coño e acercade posturas xa. Outra do BNG

    ResponderExcluir
  18. Outra cousa non pero responsabilidade o bng está tendo toda a do mundo, responsable e que asume as suas palabras e os seus feitos, quen non é responsable é o psoe que cambia os seus pareceres segun lle interesa a el en cada momento, ¿e onde quedan os intereses das xentes de carnota? carnota votou cambio nas actitudes e principios no goberno municipal para defender primeiro intereses particulares e despois si sobran cartiños o interes colectivo, para iso xa estaba Oreiro e o PP. Os que lle esixides ao bng que ceda ao chantaxe do psoe non queredes cambio en carnota queredes mais do mesmo pero con menos pelo. Un saudo, animo a xente honrada e defendede a vosa conciencia contra a tirania dos mercados=psoe de carnota actual.

    ResponderExcluir
  19. E que tal si se sentan e chegan a un acordo e despois o desmemoriado di que nunca houbo tal acordo. Porque visto o visto no esta o conto para fiarse.

    ResponderExcluir
  20. Esto é o mundo ao reves, quen cumple o acordado é acusado de incumplir e quen incumple o acordado é o coherente, estamos tolas ou que? Outra do bng.

    ResponderExcluir
  21. Moita toupa, submarino ou como queirades chamarlle por aqui. Que se vos ve o pelo...

    ResponderExcluir
  22. Que o PSOE cumpla co acordado hai meses, que aora que perdiu 200 votos se bote atrás dicindo que ten a chave do futuro do concello...que formen un goberno o BNG e o PSOE xuntos, pois claro que si, iso é obvio..pero que Suso e o PSOE cumpla o que se acordou.Un socialista de corazón pero votante do BNG nas minicipais carnotanas

    ResponderExcluir
  23. Quen queira comprar alcaldias ou votos para ter as alcaldias, que pague cos seus cartos e non cos impostos de todos, os meus que os metan en saneamento, pagar a recollida do lixo, axuda aos dependentes, mellorar a oferta cultural do concello, amañar os parques para que xoguen @s cativ@s, crear un ou dos ou tres ou ....postos de traballo, e insisto si alguén mercar votos para ter a alcaldia que pague cos seus cartiños, e si alguen vende votos para o nomeamento de alcalde é un corrupto e que fiche polo PP que neso son maestros.

    ResponderExcluir
  24. Ala para a cama que nos aquí non amañamos nada.
    A de ser o que eles queiran que non o que queiramos os votantes. Ata mañán compañeiriños!
    Outra do bng.

    ResponderExcluir
  25. UN INDIGNADO07/06/2011, 23:04

    eu a verdade,sinceramente,esto empezame a dar noxo,asco,vergoña etc. Campos que vai apretar ao BNG oh, eu xa non sei si quero que se xunte o BNG e o PSOE, que se vaian de comidiñas co PP, por deus, non vexo ao señor Noceda gobernando con Campitos, que pena me da pola xente de Carnota, que faga o que lle sala do carallo que os seus militantes importanlle MERDA, non pudestes levar a outro oh, se Noceda de Lariño ou o Moma estiveran de candidatos no PSOE, este concello iba ser o paraiso,e xa iban estar pensando cousas para Carnota dende o propio 22-M...ala veña, outros 4 aniños de dictadura!!! ABUR

    ResponderExcluir
  26. Creo que é unha equivocación por parte do PSdeG permitir que se estrague tanto a imaxen do socialismo de Carnota. Os auténticos socialistas que ainda quedan no partido non lle deberían consentir a Suso todas estas maniobras e ambigüedades que van levar ó Partido Socialista polo rio abaixo. Sería unha perda para toda Carnota.

    ResponderExcluir
  27. Eu tamen quero ser 2000eurista07/06/2011, 23:33

    Carallo, 2000 euros quere cobrar o Roxo ca sua dedicacion exclusiva...¿e canto cobraba na fabrica? ¿Tamos parvos ou que pasa? aparte de dietas etc ,etc. ¿quen esta aqui polo interes? Eu teño claro.
    Menos comunicado e deixade de meter tanta merda, que o final baixaredes os calzons pola conta que vos ten, e acabaredes tragando as vosas palabras.
    Veña a durmir que xa pasaron os Lunnis

    ResponderExcluir
  28. Antes de foder moito prometer e despois de haber fodido nada do prometido

    ResponderExcluir
  29. Carnotiña Carnotela, que os deuses che collan confesada con esta xentiña.
    Realmente non sei cal e o problema que o PP, se reunira co PSOE, posto que si e o pp a lista mais botada, a eles lle corresponde tratar de chegar a acordos para conseguir un goberno estable. O BNG o mesmo, si teñen mais representación que o PSOE, a eles lle corresponde facer as propostas. Ben non creo que sexa moi difícil de comprender esto.
    O problema e que as capacidades de todos eles parecen moi limitadas, para mostra solo ver os comentarios.
    En este caso ao BNG, como dixen, corresponderíalle levar a batuta nas negociacións co PSOE, pero ben si nin sequera foron capaces de chegar a acordos entre eles e fácil pensar que con outros será aínda mais complicado. Esta e a clase de políticos que impera en todo o estado hoxe en día, aínda que o sexan todos non e consolo senón todo o contrario. Con todo esto sempre perden os mesmos. Os borregos que vamos a votar cada vez que nos chaman. A ver si impera o sentidiño e pasan estes catro anos o mais dignamente posible.

    Un Saúdo

    ResponderExcluir
  30. #27, son 2000 euros BRUTOS, a ver se lees ben (e se botas as contas ahora), menos da mitad que Oreiro. Que por aguantar comentarios como o teu pareceme ben pouco.

    ResponderExcluir
  31. Klandestino, parece que me quitaches as palabras da boca, estou dacordo totalmente contigo.
    Son votante do Bng de sempre.

    ResponderExcluir
  32. Eu tamén son votante do BNG desde que podo votar, e nunca estiven tan orgulloso como o estou oxe de facelo, FORZA BNG

    ResponderExcluir
  33. Creo q mais dun se vai queimar a mán de tanto xurar que ó PP e o Psoe Carnotán non se reuniron pra posibles pactos...Dende a minha humilde opinión e dende a minha ignorancia política.... ata penso mesmo que todo esto,ó de falar uns cos outros está quinindiola¡,pero aghora ben,deixemonos de tolemias,non se pode dicir a noite anterior que é de lua "che"a e a mañan seguinte dicir que era menghuante(coma tal chalán que vende un coche).Casi todo dios sabemos quen é Campos,é un trepas,un interesado de merda,que hoxe dí negro e mañan dí blanco con tal de salvagardar os seus propios intereses.Espero que polo ben do psoe carnotán cambien a esta personaxe,a este impostor,a este facha vestido de entruido con roupa de progre e adornado con rosas...

    ResponderExcluir
  34. Currar que e o que queda...08/06/2011, 06:58

    Bueno parece ser que o noso alcalde vai seguir sendo o oso pardo iberico da marea azul,¡que dios nos colla confesados e sacramentados e ca extremaunción posta!.Ala abur,vou para traballar...

    ResponderExcluir
  35. A ver socialistas, decide a verdade, parécevos de recibo o voso comunicado, textualmente:
    "Dada a postura do BNG cara o noso partido e as nosas dúas actas, vímonos obrigados a manter contacto cos representantes da outra forza política de Carnota. Baseandonos no principio do DIÁLOGO SOCIAL das forzas, para poder traballar en conxunto polo ben de todos, e buscando sempre a mellor postura para o futuro do noso Concello"
    - Dada a postura do BNG? Se ao día seguinte Suso xa falara co PP e fixo as declaración en quepasanacosta, e aos dous días xa se reuniron no Ézaro. Dada que postura do BNG? A do kamasutra unicamente, non me fodades!
    - Traballar en conxunto co PP polo ben de todos? A mellor postura para o futuro do noso concello? Repito: a do kamasutra?
    Non homes e mulleres non, non busquedes xustificacións ao voso trapicheo co PP, botádelle ovos e ovarios e decide que ides gobernar con eles porque vos queredes aproveitar e despois ponde a postura que quirades: a do misioneiro, a do can, a do tigre, ... A única postura que ides tomar é darlle polo cu a Carnota.

    ResponderExcluir
  36. Non hai acordo e non o pode haber entre semejantes... tende dignidad e cede alcadia au que mais votos recibiu, para que por o menos aparesca que hai democracia... si au final, todos sodes iguales.

    ResponderExcluir
  37. Todos iguales non, e demostrouse máis que nunca. Oreiro foi o primeiro en ofrecerlle a Campitos o ouro e o mouro para que o apoiara, falase de cartos dedicacions e incluso postos de traballo. Sabia que era unico concelleiro electo disposto a traizoar os seus votantes polos seus intereses personais, e acertou, se non non estabamos como estamos hoxe, nunha situacion que non deseaban nin os votantes do PP, do BNG nin do PSOE. Eso SI QUE É ANTIDEMOCRATICO.

    ResponderExcluir
  38. Estou de acordo.. pero preguntome quen non esta disposto a traizoar os seus votantes polos seus intereses personais.. ese e o punto que non teño claro... aunque si, parece vese mais en uns que outros. Solo digo que antes de pactar co enemigo, igual e mellor rigirse por os votos absolutos. Unha situación en que hai que escoller o menos mal, lamentable en ser asi.

    ResponderExcluir
  39. A Dios rogando y con el mazo dando.08/06/2011, 11:52

    Polo de pronto o alcalde en funcions xa empezou a pagar os favores politicos.Unha de Lira que lle fui nas listas xa esta traballando de policia local.

    ResponderExcluir
  40. Eu tamen quero08/06/2011, 12:03

    ¡Buenooo...como tiene que ser!.E que amijiños,na terra do meu home o que non traballa non come,tempo para "prepararse"para local tubo dabondo oh.O señor Oreiro xa empesa sedo...Jajajaja

    ResponderExcluir
  41. Ai que joderse.08/06/2011, 12:19

    Ah...¿e lojo que esperabas,que vos dera traballo os do Bloque?,sentadebos tranquiliños a ver si tendes sorte para o 2015 ou para o 2019 ou para o 2022.Por ahora os millor preparados xa sabedes cales son...Os mismos de sempre Jajajaja.Guapitos detarvos a dormir un sueño profundo que por ahora no estais "preparados".

    ResponderExcluir
  42. Ojala o PSOE sea capaz de reconducir a situacion, ou mellor dito recuperar o control sobre o seu candidato. Senon non so o PSOE senon o concello de Carnota quedará o día 11 "tocado e hundido". Xa non me explico como deixaron chegar a este punto, pero estan a tempo de cambialo e salvar a papeleta ainda que o dano sea irreparable para a imagen dun partido que nunca se comportara tan mal e non o merecia.

    ResponderExcluir
  43. A LISTA MAIS VOTADA E A DO PP. decides que campitos vai por cartos si fora por cartos colleria a alcaldia que lle ofrecen sin condicions!. decides que dentro de catro anos non saca un voto , eso teremos que velo, pero de momento ten que defender os intereses do psoe non do bloque, para eso lle votaron senon xa vos votariamos nos a vos directamente, non foi asi.queredes que con catro actas vos dean os calzons e facer con eles o que vos saia do carallo sendo eles resposables das cousas que fagades mal sin poder facer nada. que votante do psoe lle votaria dentro de catro anos por cometer esa irresponsabilidad? eu non. Pois eu votei o psoe , son do psoee e opino que non quere decir pepino , dentro de catro anos dios dira . Prefiero que o psoe morra de pe e non arrodillado como vos queredes . AL CESAR LO QUE ES DEL CESAR . "duas actas" eso supon, saber o que se faga no concello e lavantar a man si esta de acordo e de outro xeito non,si non chejades a acordos a culpa tamen e vosa e co sobervios que estades sendo lo dudo. si a esquerda carnotana non esta unida a maioria democraticamente tena a derita, que joberne pepe oreiro e seredes responsables xunto co psoe pero dispois de tantos ideales como presumides de ter. cantos votos terá o bng si fai eso?.ah!!!! olvidavame dixome un paxariño que o psoe e unha piña en esto, creo que so protestan dous ,son 700 votos casi,deixade de votarlle as culpas a campitos ,xa cheira

    ResponderExcluir
  44. "A avaricia rompe o saco". Vello refrán que se lle pode aplicar ao señor Suso Campos.
    Alguén entende por qué a súa camada de cans e cadelas teñen que vir coma posesos a este blog faséndose pasar por votantes e militantes do BNG?
    Os do BNG saben dabondo quen lles votamos e o que queremos.
    Igual sería máis productivo que lle dixerades a Susito Campos e en persoa( xa que tanta comunicasión tendes no PSOE)o que queredes,en vez de pedilo aquí.
    Extráñame que tódolos votantes, ou a maioría do PSOE quirades gobernar con PP-Oreiro, VERGONSA debería darlle apoiar a un home que non tivo reparo en nombrar a súa nai nun programa de televisión. Vai fillo ten a señora E. "Cría corvos que che sacarán os ollos".

    Desédelle tamén que deixe de pintar tanto a mona, o sábado o concello vai estar cheo, porque aínad existe xente que teme polo que poida pasar, e que ten interés en saber como vai ser o futuro de Carnota.
    Asegúrovos que como Suso Campos faga o que todos tememos, xa pode ir pedíndolle a Oreiro un adianto do sueldaso ese que lle prometiu para alquilar un helicóptero e poder largarse por aire, porque o que é por carretera, vai ter que levar a moita xente por diante. Ah e outra cousa, TODO SE PAGA, TODO.

    ResponderExcluir
  45. ¿Quen dis que cheira Campitos?.Ese si que cheira oh...Xa cheirou toda a sua vida;cheirou no debate do Canal Rias Baixas,cheirou cando xogava o futbol,cheirou cando vendia coches,cheirou cando andaba nos rallies...¡cheirou sempre!,e ahora non cheira,apesta,e o peor e todo e que fai cheirar a todo e a todos os que se arrima.Vai quedar so na vida politica e seguramente na vida publica tamen porque por muito que se lave o cheirume non ai Dios que llo quite nin do corpo nin da mente...

    ResponderExcluir
  46. Oinc,oinc,oinc08/06/2011, 12:58

    Cheira a porco na cañeira...¿Ou non lle vedes a cara de gorrino que ten?¡Esa faseira e esas orellas no caldo...!.

    ResponderExcluir
  47. ¡Tres eran tres las hijas de Elena,tres eran tres y ninguna era buena!

    ResponderExcluir
  48. Pero desde cando o BNG ten que poñerse á altura do PP OFRECÉNDOLLE o que non pode?
    o PPSOE xa morriu e arrodillado lambéndolla a Oreiro, Marisol, Brea e Daniel.

    O BNG non será responsable de que o PSOE pacte co demo, menos demagoxia, coño! Ou somos tontos aquí? Como vai ser responsable o BNG de que Campos trepara para cobrarse un sueldaso?

    Precisamente porque o BNG ten ideais e coherencia, non pode faltarlle a palabra aos seus votantes, unha dedicación e nada máis.

    O paxariño pía bastante mal,porque de piña nada de ves, senón preguntadelle ao nº 2 do PSOE, ese si que é un señor!
    Moma, es o único que vale no PSOE a día de hoxe. Que o saibas!

    ResponderExcluir
  49. suso que cheira a porco, esas orellas de non sei que.... facha vestido de entruido con roupa de progre...
    pepe o marqués da capelán..., o oso pardo ibérico...
    para séredes do partido máis humilde, mais nobre, máis democrático... sodes tamén moi pouco respetuosos (a non ser que xa non teñamos idea de nada e a lei electoral prohiba pactar a calquera partido con outro...). Téñenvos que apoiar a vós por narices e punto! sen representación posible! e senón, descalificacións e mentiras!
    Vai traballar Supermán! que esta semaniña non fas máis que escribir desdoblándote en mil usuarios! e basta xa de insultos.

    ResponderExcluir
  50. Por narices, non. PORQUE FUI O QUE SE PACTOU antes do 22-M.
    Pero como a xente lle diu polo cu, dixo el:-Pois eu tamén lle vou dar polo cu á xente e así foi. Pacta co PP lévase uns millonsiños ao bolsillo e todos tan contentos.
    SOCIALISTAS? SOCIALISTAS?JAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA
    SOCIALISTAS DE LIMPARSE O CU CADA VES QUE CAJO

    ResponderExcluir
  51. pero onde están os millonsiños home?? que carnota non ten nin para paja-la lus... virxiña do carme! se cheja a estar en xojo o consello de madri!

    ResponderExcluir
  52. Muller, gracias.
    Pois vos saberedes, quen volos ofresiu. A min pásaseme pola cabesa un tal Daniel, pero claro como o PARTIDO DOS POBRES(PP)ten tantos acredores, vai ti saber que llos vai dar
    O consello non terá nin para pajar a lus, pero Oreiro estivo sacandose € estes catro anos, non é?
    Non sei en que mundo vivides, para estar tan cegos

    ResponderExcluir
  53. pero ese tal daniel é un saco sin fondo! non terá algunha filla casadeira para facer un bó negocio??

    ResponderExcluir
  54. Estamos pendentes de que o Roxo e Campos negocien a alcaldía. Seguro estou de que o farán.

    Pídovos un pouco de respeto, tanto para uns como para outros.

    ResponderExcluir
  55. Non me justa ver insultos, amenasas e demais falta de educasión. Non comparto esa manía que tendes aljúns, pero entendo que o respeto que algúns cabezas de lista tiñan o perderon completamente eles soliños.
    Fai meses, nun blog chamado "Acarnotados" (que dios o teña na jloria).
    Lin que os militantes do PSOE meteron o raposo no jaliñeiro. Quen o escribiu, que tanta rasón tiña.
    Chejade a un acordo quen teñades que faselo

    ResponderExcluir
  56. 49.¡Non traballo oh...!Que estou maliño,teño un jrano no cu,¿quesmo vir esparruchar ou chuparmo ou lambermo?...

    ResponderExcluir
  57. Eu non sei de que partido é o comentario 56 que fai muitos en toda a páxina, pero desde lojo amijo que a educación non é o teu, para opinar de algo tan serio como a politica primeiro aprende a falar e non a insultar e segundo di algo coherente, e sobre todo informate ben e non andes desindo animaladas sin sentido...de verdad a xente coma ti, directamente sobra.

    ResponderExcluir
  58. Que tanta jrasia me fan sertas personas,que entran na paxina do BNG a decir que se tan humildes son, podian deixar de insultar, jajaj, eu votei o bng e non son militante nin traballei co bng nin nada de nada, pero se me sale dos collons entrar nesta paxina e disir o que sinto e o que penso de aljen dijo, non teño que ser un representante do bloke..e polo menos esta xente deixanos comentar libremente...que outros, disqe disidiron que non...as verdades salen todas a relusir aora!

    ResponderExcluir
  59. Se esta páxina deixa comentar como anónimo, o menos que podiamos facer a cambio é non entrar só a insultar... é de ben nacidos ser agradecidos.

    ResponderExcluir
  60. En canto á noticia de hoxe no " Correo Gallego":

    Onte recibimos unha chamada do xornal "el Correo Gallego" ó cal díxoselle que non íamos facer declaracións, que nos remitíamos á nosa páxina web, a través da cal iremos explicando a nosa postura en todo momento. Entón supoñemos, que fixo a nova tamén contando cos comentarios anónimos que alí se publicaron (incluído o da comida en Fisterra, non é verdade). Pois ben, queremos aclarar que as negociacións co BNG seguen en pe, que polo momento non hai pacto de goberno e por tanto, pedimos prudencia e respeto ós membros do noso partido.

    ResponderExcluir
  61. seamos personas08/06/2011, 16:34

    se deixarades de insultar a campos, de convertir a oreiro en demo, e evangilizar a moncho(que de verdade creo que e o mellor candidato posible para o bng, o malo e o que ten detras, alguns extremistas), ibamonos ir mellor a todos. non vos dades contas que aquí canda un solo mira por o seu cu, e por o dos seus amigos, sala quen sala elexido, carnota vai seguir igual, porque somos tan tontos que creemos todo o que nos din e imos como toliños a votar.
    que razón teñen os que estan na porta do sol, non hai un politico de vocación

    ResponderExcluir
  62. A Moncho non fai falta evanxelizalo, porque el ca súa educación gánase o respeto da xente.
    UN AUTÉNTICO SEÑOR que esperemos que sexa alcalde no 2015, nestes 15 días de espera xa ganaches os votos da maioría.

    ResponderExcluir
  63. Son militante socialista de toda a vida,desde o ano 1704 para ser mais exactos e penso qoe o noso candidato o Ilustrisimo Sr.Don Jesus Manuel Campos Diaz e o mellor candidato da historia da socialdemocracia en Carnota.¡Ala xa tendes o respeto que tanto requerides!.

    ResponderExcluir
  64. Pois eu tamen son militante socialista desde o ano 1500,e penso que Suso Campos e o millor candidato do mundo mundial¡Para eso o elegimos!¿non vos parece?.

    ResponderExcluir
  65. Non sei que pasará este vindeiro sábado, pero oxalá haxa un "pacto de progreso" (como se chamaba antes á coalición PSdG-BNG).
    Penso que uns deben ser coherentes até o final e os outros deben mirar máis polos principios políticos que por situacións persoais (se algún tapado distorsiona, coidarse moito de seguilo).A veciñanza que apoiu ás dúas forzas só quere que se pacten políticas serias, comprometidas co progreso de Carnota, e se xestione ben o pouco que se ten, con respecto ós adversarios e con comportamentos democráticos.Todo o demais é darlle voltas ó nobelo.Se temos pacto, hai que gobernar con maneiras diferentes, con transparencia e equidade, senón xa temos a Oreiro, insuperable nas súas formas (ninguén poderá emulalo, nin superalo). Para gobernar así, Pp Oreiro Alcalde de por vida.
    Animo, que non é tan difícil facelo mellor, simplemente con vontade democrática e actitude transformadora se pode conseguir. Prefiro se optimista!

    ResponderExcluir
  66. Chámome Karl Marx, eu inventei o socialismo, e cando vexo as cousas que fai o PSOE revólvome na miña tumba.

    ResponderExcluir
  67. O señor Oreiro xa esta contratando xente a diestro y siniestro,a metade das personas que contratou foron na sua lista e a outra metade son curmans ou irmans dos que lle foron na lista.¡Viva la democracia y la libre contratacion!.

    ResponderExcluir
  68. Sodes uns pesaos, para empezar, ninguén escolliu ao Roxo para ser alcalde, sinon a Oreiro, segundo, estades esixindolle o Psoe que todo o seu esforzo volo rejale a cambio de nada, terceiro si tan vos sondes porque non sacastedes maioria absoluta? así non escupiriades nin a metade de merda que escupides contra Suso.
    Suso si quere non pacta con ninguén e ides todos a chorar, e si quere nejosia co PP e punto. Pq os do BNG non nejosiades, soamente esixides, quenes sondes vos para esixir?
    Para finalizar, estou sejuro d q Suso vai faser o mellor para Carnota, sejuro non, sejurisimo, pondria os juevos nunha parrilla e non m queimaria.
    O mais normal seria un nejosio co BNG, pero si eu fora el, e vendo o panorama(tanto radicalismo e escupindo tanta merda sin saber o q se di) eu pactaba co PP ou simplemente non nejosiaba.
    Pensades que jobernar é tocar a pandereta e beber cuncas d viño, madurade un pouco joder!

    ResponderExcluir
  69. Non entendo como a xente do Bng se escandaliza tanto porque o psoe falara co pp ¿Que é o que lles amola que non falaran con eles primeiro? Si eso é así hasta certo punto esta legitimado este enfado, pero si e por haber falado e digo solo falado co pp non o entendo, cando levan gobernando, e non esta claro que non sigua, 4 anos co pp no concello veciño de muros. Amigos esto e politica e tan politico e o Roxo coma Suso asi que deixemonos de monsergas e deixemos a xente que traballe

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: