AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

20/06/2011

Os membros da candidatura do BNG de Carnota asinan un compromiso contra o transfuguismo

As e os 22 membros da candidatura do BNG, no noso local
O conxunto das mulleres e os homes que participaron na candidatura do BNG de Carnota nas pasadas Eleccións Municipais rubricaron o 10 de xuño o seu compromiso por escrito de que no caso de que obteñan ou cheguen a obter a acta de edil, esta permanecerá inalterabelmente ao servizo da organización pola que foron electos, o Bloque Nacionalista Galego.

Con este xesto o conxunto da candidatura do BNG quere constatar o seu frontal rexeitamento das prácticas de transfuguismo, polas cales calquera persoa que obteña unha acta de concelleiro podería ao día seguinte obrar dunha forma distinta ou mesmo contraria ao programa e posicionamentos da opción política pola que concurriu, contrariando tamén a vontade do cidadán que dera o seu voto á dita opción.

Animamos a todas as opcións políticas a emprender o camiño de adoptar as medidas que sexan necesarias para acurralar e erradicar o transfuguismo e o chalaneo, con especial atención na política local por ser aquela máis próxima, sensíbel e por tanto máis vulnerábel onde máis pode danar os intereses do conxunto da cidadanía.

Publicamos o texto literal do documento asinado de enteira conformidade polos 22 membros da candidatura do BNG, xa arquivados no local do BNG de Carnota.
COMPROMISO PERSOAL DAS E DOS INTEGRANTES DA LISTA DO BNG DE CARNOTA

Eu, (nome da persoa candidata), con DI (documento de identidade da persoa candidata) , como persoa integrante da candidatura do BNG de Carnota que concurriu ao proceso de Eleccións Municipais do 2011, no suposto de que chegue a obstentar unha acta de edil polo feito de ter formado parte desta candidatura,

DECLARO

Primeiro: Comprométome responsabelmente a acatar as decisións que a o conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota adopte asi coma as tarefas que se me encomenden, e a defendelas dignamente na corporación municipal, dentro das posibilidades que a miña representatividade permita. Asi mesmo, declaro que xamais tomarei unha decisión individual contraria aos intereses e posicionamentos do conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota.

Segundo: Acepto que a acta de concelleira/o permanecerá vencellada incondicionalmente ás decisións orgánicas que adopte o BNG en cada momento. Baixo ningún suposto abandonarei a disciplina do BNG reservándome a acta de edil. Asi mesmo, comprométome a, no caso de que se produza o meu cese nesta organización por calquera motivo, poñer a miña acta a enteira disposición do que decida a Asemblea Local do BNG de Carnota, aceptando calquera responsabilidade derivada dunha forma de proceder distinta ao que se recolle neste compromiso personal que rubrico de enteira conformidade co exposto.

Asinado en Carnota a 10 de xuño do 2011
Etiquetas: , ,

Hai 40 opinións.

  1. Moi ben feito,si señor, por siacaso!

    ResponderExcluir
  2. chalaneo ben de chalan, ollo o chalan, facedes moi
    ben si tanta iquedanza vos produce. asi me justa
    Moncho, ai que amarralos.

    ResponderExcluir
  3. As actas son personais, podese firmar o que se queira que si ese edil quer fuxir nin firma nin ostias. un PARIPÉ.Parece mentira..

    ResponderExcluir
  4. Quen quer fuxir?

    ResponderExcluir
  5. Pois ainda que sexa un xesto paréceme moi significativo. O BNG de Carnota sigue dando un exemplo de modestia, union e saber facer que ca quixeran outros. imaxinadesvos a reaccion de algun se a sua xente lle propuxera esto? A acta non é propiedade de ninguen mais que dos votantes, e se todos o firmaran o dia que aceptan formar parte dunha candidatura non pasarian as cousas que pasan e que tanto nos fan perder a confianza nesta democracia. O dito: ben polo BNG.

    ResponderExcluir
  6. Esto é cousa de titiriteiros. Resulta que quen fala de pacto antitransfuguismo estuvo jovernando con AP (Alianza Popular)hai un anos. Como ben di o anónimo 3, as actas son persoais e todo o que firmes despois non vale para nada. Teatro puro e duro. Neste mundo parece que ten máis que dicir o ladrón que o honrado. Jovernade e deixádevos de caralladas!!!!!

    ResponderExcluir
  7. Libre pensador.21/06/2011, 09:47

    Na miña humilde opinion e que o problema dos transfugas non e do partido do que se van,que e mui licito e pode ser por diversos motivos(disparidad de criterios,non conformidad ca malloria,cuesions personais ou como pasou recentemente no Bng de Carnota,que o ex candidato non este de acordo con que os compañeiros non o elixan como candidato e decida marcharse).O problema e de quen os recolle nas suas filas,con todo o peligro que eso conleva,(non olvidemos que o que fai eso unha vez,pode volver a facelo).¿Que critero prima para que un partido acepte a unha persona que marchou de outro partido?:¿Sopesanse os motivos reais polos que a persona en cuestion decidiu deixar o seu antiguo partido?.¿Sopesase o ben ou o mal que lle pode facer o partido que os acepta nas suas filas a decision de aceptalos ou non?.No caso recente no noso Concello queda mui claro que o Psoe non lle beneficiou en absoluto,pola contra o Bng beneficiounos absolutamente a decision de elexir novo candidato.En calquer caso o asunto e como para reflexionar seria e profundamente.

    ResponderExcluir
  8. Comentario 6;si este comentario procede dun do Pp,mirade a carnavalada do entruido do Pindo¡¡Esas si que son titiritadas!!.Si procede dun do Psoe,eles son os mais indicados para falar de titiritadas .Que vaian aprendendo da ultima titiritada que armaron co ex candidato do Bng,e si non queren ir aprendendo pois eles mismos.Quedanlle dous cartuchos para as proximas.E como decia a maestra na escola,dous cartuchos menos dous cartuchos.¡¡CERO CARTUCHOS!!

    ResponderExcluir
  9. ¿Pero que di o tonto del haba ese de Alianza Popular?.O coeficiente intelectual do tonto del haba debe ser de menos trinta.

    ResponderExcluir
  10. Polo carallo van facer o mismo os edis do Psoe.¿Despois do que se viviu en Carnota desde o dia 22?.¡XA NON PENSAN EN OUTRA COUSA OH...!¡A ALJUN MATAO A HONORABLE DA SUA FILLA...!.

    ResponderExcluir
  11. Por favor explicadenos a "veciñanza" cando se vai a empezar a construir o CARNOTA-FRIKI.Eu non vivo desde que o anunciaron,e co tempo que leva Moncho jobernando xa tiña que estar a medio facer,vaise acabar o veran e a piscina descuberta sin inaugurarse...Te jode...

    ResponderExcluir
  12. O viernes o meu fillo duchouse no campo de futbol en agua fria, si jobernara o PP poñiades a parir o alcalde como fixestedes muitas veces por menos cousas.

    ResponderExcluir
  13. Gústame este bng, caeme ben este alcalde. Seguide con esa seriedade.

    ResponderExcluir
  14. Quietossssssss que ahora vai ser un vindeo ver!
    eu polo que escoito e vexo, esto estase perfilando de forma que a nova CARNOTA vai ser a do SACHOOOOOO.... o mundo o revés..... ampliacion piscifatoria ( postos de traballo) NOOOOOOOOOOOOOOOOOO
    o sacho , o sacho.
    Temos que ser un concello enxebre....
    En cambio eu non me imaxino a moitos de esos que se empeñan en que asi sexa , vivindo do agro, de feito estan fora traballando por que traballar o campo non lles compensa.
    Os mundos de yupy poden vivilos os rapaces, sentidiño común e deixarse de bobadas.
    Que si firmas ... que si fidelidade , que si o pp , que si o psoe bahhhhhhhhhhhhh bahhhh
    TEATROOOOOOOOOO , LA VIDA ES PURO TETROOOOOOOOOO ... pero si hai alguen que se crea eso xa sabe. TEATROOOOOOOOOOOO

    ResponderExcluir
  15. Debería haber unha norma que obligara a sacar o psicotécnico para usar o ordenador, seguro que nos aforrabamos muitas pailanadas como a de arriba. Pero bueno, tamen nos sirve para conocer a muitas eminencias que lle votan os de Marina 3ª Idad'Or e os de CarnotaFriki, cada joyita...

    ResponderExcluir
  16. xDDDDDDDDDDDDD

    ResponderExcluir
  17. jajajaja que bo nº 14

    ResponderExcluir
  18. Entendo que o BNG inquieta, porque co ben que o leva feito (e o mal que o fixeron outros) con que o faga minimamente ben no goberno vai arrasar nas proximas eleccions, eso dicho calquera no pueblo.
    Os do PP e os do PSOE en vez de analizar as causas do seu fracaso e ofrecerse a axudar o goberno POLO BEN DE CARNOTA (ou acaso presentabanse con outro interes?), resulta que veñen aqui choromicar as suas penas e rirse do programa do unico partido que non so non perdiu respaldo cidadan senon que medrou.
    De pena, non aprendemos nada.

    ResponderExcluir
  19. Rirse do UNICO programa feito anonimo nº18, porque o que vin do PSOE é un avance do programa, e o do PP, so dicía que se avancara un mundo, en cambio,o programa do bng era un libriño con xeito e interesante para quen lle interese claro, cos cerrados de mente no programa solo se fala do "sacho"...xente que non sabe o que é traballar o agro...nada carallo, está claro que en Carnota solo poden funcionar piscinas ao descuberto e cidades de vellos. Pensando ben vou falar co alcalde haber si hai algunha posibilidade de facer un aeroporto, eso estaría moi ben va que si? Polo de pronto o roxo empezou a limpar as silveiras xusto antes de que conolizaran o concello, veña oh...teatro é o voso, sorte que os veciños non picaron en semellantes trolas e tonterías..jajaja

    ResponderExcluir
  20. Co ven que o leva feito,¿que fixo?. Aqui pare ser
    que todos sodes lisenciados, e por eso votades o BNG, o resto que ten unha idea diferente, son uns pailans, choromicas , tontos co coeficiente intelectual baixo, etc.E digo eu: como se pode ir polas portas para as proximas pidindollo o voto a
    esta clase de xente, !AHI QUE SER CARADURA! De pena, non nos enseñades nada.

    ResponderExcluir
  21. Hai quen iba polas portas repartindo un projrama cun xeitiño curioso e falando ca xente, hai quen deixaba polas portas bolsas de caramelos e mecheros, e por ultimo( a jolosina mais dulse po final ) esta o que iba polas portas e disia, dademe unha oportunida oh, que nunca fun alcalde, votademe, e se non me votades tampouco pasa nada...eso si é de pena, ou polo menos pena intentouna dar!

    ResponderExcluir
  22. Anonimo 19 , ten que empezar limpando as silveiras por que ten que dar exemplo, si ese e o futuro de carnota (o agro) , o resto e para capitalistas!!( xinnasios , piscinas, etc.......).seguro que non as limpa coa desbrozadora, por que eso e moi moderno. estou por apostar que corta as silvas có FOUSIÑo . temos que recuperar esos aparellos que están abandonados por culpa do goberno do pp.
    Anonimo 20. esa e a democracia participativa e a diversidade de opinións....da que presumen e a que levan por bandeira.
    ja ja ja
    ja ja ja

    ResponderExcluir
  23. MIMA...fatal eh,que si que si. A roelo, non vos cabe unha palla no cu.jajaj

    ResponderExcluir
  24. non andas mal encamiñado 22, pero estes son dos que recuperan os aperos para que outros os movan, xa que eles son de outro estatus. Ti planta o trijo que a broa comoa eu.

    ResponderExcluir
  25. ¿E lojo que me desedes dos cursos de encaixe de bolillos,do famoso obradoiro que e o orgullo de toda a comarca(iredes ver o sitio donde se jastou perto dun millon de euros),dos cartos empleados en despidos,das subas de soldos a personas de "confiansa",dos soldos dos politicuchos que nos jobernaron os ultimos catro anos,do ben cuidado que deixaron o edificio do Concello(en catro anos non se lle deron unha miserable man de pintura,as ventanas caen os anacos etc)?.Para rematar a faena fixeron a xuntanza cabalar en Mar de Lira e deixaronlle un pufo a un meson de por ali cerca e a multa que lle vai meter o Seprona o Concello por permitir que amarraran os cabalos os columpios e demais aparellos de xogar os nenos.Vamos que a gestion e a forma de jobernar e jastar os cartos de todos e como para estar mui orjullosos dos ex mandatarios.Os que os botedes de menos,levadeos para as vosas casas,que uns cuantos sentos de vesiños de Carnota xa dixeron que non oe querian o dia 22.Abuuuuuuuuurrrrrr.

    ResponderExcluir
  26. ¿Canto tiña pensado cobrar Orreibol si fora o alcalde 2000 euros?.Si polos c.....ns.

    ResponderExcluir
  27. Pois si, 2.000 euros á semana, nin máis nin menos.

    ResponderExcluir
  28. Estamos a constatar unha vez mais o que lles preocupa de verdade as persoas que chegan a ocupar un cargo de responsabilidade na xestion publica, que é o de afianzarse. Si un veciño foi elexido polo povo para que o represente libremente e o povo o que libremente e co seu voto ten a capacidade de decidir se alguen o representa ou non can este non cumpla cas espectativas que o povo puxo nel. Deixemos que a xente traballe con verdadeira liberdade e non nos preocupemos xa que o povo pon a cada un no seu sitio.

    ResponderExcluir
  29. Que que fixo o BNG?
    Un cursillo acelerado CCC de saber facer, de traballo, de constancia, de prudencia, de elegancia, de humildade, de palabra, de lealdade, de compromiso, de como se fai unha campaña basada nun programa, de como se pode fai un programa sen vender obras faraónicas, de como facer unha campaña evitando caer na guerra de insultos dos contrincantes, de como se pode respetar o adversario e os seus votantes aínda cando eles non respetan a un, de estar disposto a non gobernar antes de "dar cheques en blanco", de como manter a palabra cando o mais tentador é renunciar a ela, de como non pensar que o dia 22 se acabou o mundo, senon que empeza, de ilusionar a todo un pobo, votárache ou non. Animo Moncho, estamos contigo.

    ResponderExcluir
  30. Si señor, un programa feito a sacho. si lle deran un cheque en blanco iñades gobernar vos polo carallo. buscamos a c....s.

    ResponderExcluir
  31. Xa vale co sacho, ojalá o BNG consiga crear 1, 2 3 ou 5 ou 20 ou 100 postos de traballo no noso agro, ese que a alguns lle da tanta alergia pero que ó longo e ancho de Galicia supon miles de traballos. Ojalá se creen e a xente poda escoller entre traballar neso ou marchar (de momento só temos a segunda opcion). Eso é o importante, que a xente poda participar, escoller e decidir o que quere facer. Non como outros que queren impoñer as suas ideas de patacón ainda que sea a base de empeñar o concello durante anos sin importarlle se é o que Carnota necesita. Sabedes perfectamente a quen me refiro.

    ResponderExcluir
  32. oio, non vos acordades que para ser alcalde, tivemos que apoyalo cos nosos votos que os vosos
    non chejaron.Cuidadin, cuidadin non vaiamola a joder con tanta prepotencia. Nos, nos, nos, nos,
    que sin os demais, unha puta merda, dispensando
    os nosos.

    ResponderExcluir
  33. Atrevete-te-te-te,salte del closeeeee...jajajaj,eu votei o psoe nas LOCAIS e nunca mais, de verdade amigos, o meu voto ensineino a diestro e a siniestro, de verdade, e creo que é do que máis me arrepinto( a non ser que muita merda me meteran na cabesa eh ) non sei como temos verjonsa de disir que jrasias aos nosos cando quen votou a Oreiro e o PP de onde estaba fui o BNG, non nós que perdemos votos. Vamos cajar todos, que viva o BNG de Carnota, e que viva Rubalcaba nas xerais!

    ResponderExcluir
  34. Estou en canarias, levo tempo sin entrar nesta paxina,pero vexo unha cousa mui clara.
    PP- cidade dos vellos
    PSOE- piscina descuberta
    BNG- sacho

    vos creedes que con estes politicos CARNOTA avanza e ten futuro. eu non saberia dicir quen e o menos malo.

    ResponderExcluir
  35. 35: Le o programa http://www.bng-carnota.org/p/o-noso-programa.html

    ResponderExcluir
  36. (Ao anónimo das 11:20)o menos malo ou o millor (calificao coma queiras...)pra xestionar un Concello a deriva é aquel que ten os pés na terra,ó que procura solucións sensatas acorde a realidade municipal,non podemos nin debemos edificar sobre un chan de area¡.Sobre ese mismo chan de area se sustenta a cidade dos vellos,unha idea concebida(coma non poderia ser doutra forma nesta nuestra comunidad)totalmente e exclusivamente pra xente de fóra,pois xa me dirás que vello Carnotán poderia afrontar uns custos de 2000 euros/més???(Oreiro non vale ehh que todo dios sabemos que el puede con eso y mucho más).Sexamos serios e a ver si entre todos facemos Concello,unha verdadeira casa de todos/as en pé de igualdade e non a casa de los amiguitos/as de turno coma se fixo ata agora...Saudos e Saúde¡¡

    ResponderExcluir
  37. Teño entendidio que oreiro enseñoulle o expedinte
    da cidade dos vellos o roxo e quedou asombrado.
    E dispois tivo que levalo o prouso tomar un cafe
    porque tiña a cara descaixada. Asi que debe ser
    certo. E segun un empleado do concello gustoulle. Creo que se leva millor o roxo con oreiro que con campos. Asi podera aprender algo.

    ResponderExcluir
  38. Anonimo38, e que o mellor o roxo e bó de asombrar.
    De todas formas tense que levar ben con oreiro e mais con campos, por que si non lle levantan a man pintalle mal, a él e mais a carnota. Sin eles nada pode facer.

    ResponderExcluir
  39. Pois a min pareceme ben que o Roxo se entenda con todos os que fagan falta para conseguir o ben de Carnota. O que é incrible é como o PSOE lle lavou a imagen de Oreiro, despois de 4 anos pasandose a democracia polo forro ahora hasta queda de boa persona ao lado de outros. Antes das eleccions o gran problema da esquerda de Carnota era Oreiro. Ahora é Campos... insólito.

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: