AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

11/05/2011

Os portavoces nacional e de pesca do BNG reúnense mañá co sector mariñeiro do noso concello

Bieito Lobeira e Guillerme Vázquez
Os referentes máis destacados do Bloque Nacionalista Galego non son alleos ás inquedanzas da sociedade carnotá, nin moito menos as dun colectivo tan fundamental da economía nacional e local como son as do colectivo mariñeiro e mariscador, e moi en especial os proxectos de turismo mariñeiro Pindo Mariño e Mar de Lira e sobre todo a Reserva Mariña de Lira que hai poucas semanas estivo ao borde da desaparición por culpa da falta de apoio institucional.

Por iso Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG, e Bieito Lobeira, portavoz de pesca (quen elevara ao Parlamento a preocupación veciñal polo abandono da Reserva), vanse achegar mañá, xoves 11 de maio a partir das 17:00 da tarde, ao noso concello para interesarse polas problemáticas e os proxectos dos mariñeiros e mariscadores de Lira e O Pindo.

A visita comezará cunha recepción na Confraría do Pindo, desde onde partirán cara á Confraría de Lira para manter o encontro co sector, no que tamén participará Ramón Noceda, candidato á alcaldía de Carnota.

O BNG de Carnota chama a participar neste encontro a toda a veciñanza, e nomeadamente aquela que depende directa e indirectamente do noso mar, pois os ataques ao futuro deste sector están á orde do día: aeroxeradores maríños, xaulas de salmón, aumento das vedas, redución dos cupos de pesca, supresión das axudas ás mariscadoras, falta de apoio á Reserva Mariña de Lira...

Novas relacionadas
Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: