O local dos veciños de Lariño acolleu onte o primeiro acto do BNG de Carnota para darlle a coñecer á sociedade as propostas e as ideas do BNG para devolverlle o concello aos veciños o 22 de maio.
Rafa Sestaio, mozo de Lariño que participa na sétima praza da candidatura do BNG, foi o encargado de abrir o acto ante máis dun cento de veciños, e animou a todo o pobo a sumar a súa forza e ilusión á do BNG para poder comezar a revertir dunha vez por todas o abandono no que se atopa Lariño e todo o concello de Carnota.
Logo foi
Ramón Noceda, candidato á alcaldía de Carnota, quen tomou a palabra para explicar as ideas forza dun
programa cos pes na terra que fuxe de personalismos e proxectos faraónicos para centrarse na xente e dalle a voz aos veciños, pois é a sociedade quen coñece cales deben ser as políticas a aplicar.
Dito e feito. A veciñanza integrouse no acto como nunca, debatindo os maiores defectos da acción municipal estes catro anos, sobresaíndo o abandono de ríos, praias e o medio natural de Lariño, asi como a discriminación e falta de oportunidades e tamén o despotismo por parte do alcalde, que se negou reiteradamente a atender demandas veciñais.
Moncho Noceda recolleu o guante e comprometeuse a devolver a trasnparencia ao goberno municipal, rematando co clientelismo nas contratacións, e promovendo o asociacionismo para que toda a veciñanza se implique en asuntos de primeira orde, coma os orzamentos, as obras e mesmo na priorización dos investimentos municipais.
Por outra parte, lembrou Noceda que a situación do concello non convida á euforia pois é hoxe crítica, polo que a austeridade debe ser a pedra angular de toda a acción municipal, mais o goberno debe dar exemplo: se gaña as eleccións o BNG só terá unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, sempre inferior a dous mil euros brutos.
Por outra parte, no debate aberto os veciños lamentaron que as demais forzas de Carnota non queiran apoiar o Parque Natural do Monte Pindo, proxecto que con Noceda será unha prioridade e converterase no piar do desenvolvemento futuro de Carnota.
Cumpriuse a intención inicial dos convocantes e o acto resultou aberto, participativo e útil para o futuro de Lariño e todo o concello. Pero ademais, sorprende a alta asistencia nun día tan triste, pola mala meteoroloxía pero tamén pola coincidencia co enterro de varios veciños, aos que Ramón Noceda fixo unha sentida mención trasladando o ánimo do BNG ás súas familias.
Unha mágoa estar en época de exames na universidade e non poder estar aí para mostrar o meu apoio con ese proxecto; pero haberá que facer unha pequena escapada o 22M para poñer o meu gran de area.
ResponderExcluirÁnimo Noceda!
Ao fin se participou nun coloquio, levouse a cabo a DEMOCRACIA con maiusculas, o minipopulus estaba alí reunido, Moncho falando con nós, porque é parte de nós. Ánimo,algo grnade pode acontecer. Volvamos a ser un todo e formemos un todo. O pilar, a viga desta empresa a participación veciñal
ResponderExcluirSi señor! Asi cambia a cousa! Por fin un proyecto co que ilusionarse! ADIANTE!
ResponderExcluirEste concello necesita unha persoa cama ti que escoite a xente e a faga participar animo e se mo permites dirixete un pouco mais a ese 10 ou 20por cento de persoas que van os teus mitines pero que teñen duvida si votarche ou non e por favor berra un pouquiño por momentos pareces algo asustado adiante ... JODER.
ResponderExcluir¡Adiante Ramón! ¡Lariño quéreche!
ResponderExcluirCando é o mitin de Lira?
ResponderExcluiré o de cierre de campaña creo, o viernes 20 de maio ás 20:30 na casa do mar. Na agenda da dereita están todos os mitins e actos.
ResponderExcluirCreo que a cousa vos vai ben. Non vos deixedes arrastrar ós pantanos nos que est´an Oreiro e Campos, ahi tedes nada que ganar e muito que perder. Falade de vós, do que queredes facer, escuitade a quen vos queira falar, como hasta ahora. Estamos fartos de peleas q non levan a ningun sitio. animo
ResponderExcluirVamos Moncho,ánimo,forza,ti es o único que pode faser de Carnota un sitio millor para vivir.Ojala acades o joberno o dia 22,non poderás faser jrandes edifisios nin pirámides de Egipto pero sejuro que estarás por todos e para todos,se jobernas, que eu creo que sí, acórdate dos que menos teñen e da xente nova(e dijo de toda a xente nova)que eso e o que fai falta en Carnota.E o da aldea para ansianos...¡PD si Carnota xa case somos hoxe unha aldea de ansianos sin ese proxeto inmenso feito con capital privado!.Este señor nunca deixara de sorprendernos as personas que temos os pes na terra.
ResponderExcluirson do psoe pero vou votar a moncho porque sei que e un bo home ... non e un churumicas nin un prepotente so lle pido que se gaña por favor se poña a TRABALLAR hai moito por facer pero podese facer. se non loitas a dececcion sera tremenda para todos na miña casa imoste votar e xa somos uns poucos animo e sorte . cando te sintas cansado aforza do mar animarate a seguir.
ResponderExcluirVou enumerar o que me sale cando escuito nombrar a señora Erundina Diaz Gonzalez:educada,traballadora,agradable,honrada,discreta,non vou enumerar o que me sale do elemento que falou dela o outro día nun canal de televisión.
ResponderExcluirHoxe díxome que vos iba votar unha das personas das que menos mo esperaria. Esta claro que carnota quere cambio, incluso moitos do PP ven que con ese home Carnota non vai a ningun lado, ou vai patrás que é peor. A seguir asi, campaña limpa, en positivo, sen prisa pero sen pausa.
ResponderExcluir¿E porque ninguen fala neste blog nin en outros da xente que despediu Oreiro o longo destes catro anos?.Polo que teño entendido gastou uns cuantos miles de euros en despidos improcedentes,mesmo unha traballadora ganoulle dous xuicios non verán pasado,un deles por vulneración de dereitos dos traballadores,e...¿ de que serviu todo eso?,de nada porque o Conello polo que eu sei esta peor que nunca.Demostrou nos últimos catro anos que e un mal gestor,un mal jefe dos seus empleados e o que e peor unha mala persona,pero a todo o porquiño lle cheja o seu San Martiño e a él estalle chejando...¡Bng e Psoe a entenderse por favor!
ResponderExcluirlariño e lira teñen nas suas mans a posibilidade do cambio de goberno e o PP de carnota sabeo e andalle o cuiño a dentro e a fora.Eaperamos moito de Moncho esperemos que non nos decepcione... seguro que non.
ResponderExcluirEstá rematando a etapa de Oreirolandia,o día 22 todos a darlle o seu voto ó Roxo para que estes últimos catro anos non se volvan a repetír outros catro,si gana Oreiro xa sabedes o que nos queda ós que non somos do seu rebaño,esperar outros catro anos máis,e pensando ben e muito tempo...demasiado diría eu.
ResponderExcluirOreiro dixo hoxe no mitin do Pindo que os do Bloque lle dan asco.¿E lojo os votantes do Bloque tamén che dan asco?,pois entonses danche asco unhas cuantas personas do Concello que levas catro anos jobernando(casi novecentas).Ese e o home que crea unión entre os veciños,que fui diputado en Madrid,que e educado e inteligente e quen sabe cantas cousas máis.Por serto ante este comentario e outros incluso peores ninguén lle aplaudiu(lógicamente por outra parte).Pois ós do Bng tí non lle das asco daslle pena.
ResponderExcluir