AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

23/05/2011

Carnota quere unha alternativa

O PP perde a maioría absoluta tras ceder dous concelleiros, mentras o BNG medra e sitúase a 343 votos da maioría

O Bloque Nacionalista Galego rachou en Carnota coa tendencia alcista da dereita alcanzando un importante medre que o levou onte do 26 ao 33,5% dos sufraxios, obtendo un concelleiro máis que hai catro anos. O PP sufriu un severo retroceso de 203 votos, o que significa a perda de dous concelleiros con respecto ao escrutinio que lles outorgara a maioría absoluta no 2007. Outro duro pau foi para o PSOE, coa perda de case 200 apoios e un concelleiro. Polo lado máis positivo, a cita coas urnas rexistrou unha das participacións máis altas nos últimos anos, pois case 3 de cada 4 votantes quixeron exercer o seu dereito a voto.

Ramón Noceda diríxese aos veciños durante o mitin de peche de campaña en Lira
O BNG foi a primeira forza en Lira e Lariño, ficando moi poucos votos por debaixo do PP en Caldebarcos. Asi as cousas, o reparto do sistema d'Hondt arroxa unhas cifras de 5 concelleiros para os populares, 4 para os nacionalistas e 2 para os socialistas, polo que se visibiliza un claro escenario alternativo aos últimos 4 anos de mandato popular, sempre e cando o PSOE manteña o compromiso expresado na campaña de non apoiar na sesión de investidura ao PP.

O BNG de Carnota quere agradecer a todos e cada un dos seus 1.043 votantes a confianza depositada no noso proxecto e na nosa candidatura, grazas aos que superamos por primeira vez despois de moitos anos o teito dos mil votos. a pesar da perda de case mil habitantes censados con respecto ás eleccións do 2007.

Pero nomeadamente, debemos adicarlle estes formidábeis resultados a todos e cada un dos e das militantes e simpatizantes que os fixeron posíbel e converteron a nosa campaña nun debate de ideas e propostas para o futuro de Carnota.

1.043 veces grazas!
A continuación podedes atopar os resultados detallados. En vindeiros días publicaremos os datos definitivos por localidades.
Concelleiros a elixir: 11
Mesas: 6
Censo: 4.264
Participación: 3.160 (74.11%)
Abstencións: 1.104 (25.89%)
Votos en branco: 49 (1.57%)
Votos nulo: 45 (1.42%)

Resultados finais co 100% escrutado
  • PP: 1.386 votos (44.49%) - 5 concelleiros
  • BNG: 1.043 votos (33.48%) - 4 concelleiros
  • PSOE: 637 votos (20.45%) - 2 concelleiros
Etiquetas: , ,

Hai 10 opinións.

  1. Aproveitamos este espazo para saudar tamén aos que seguides a nosa actividade por este medio, que sirve para tomarlle o pulso ao estado de opinión coas vosas propostas, suxestións, queixas, e críticas algunhas veces tan ácedas mais sempre tan beneficiosas para o debate das ideas.
    Convidámosvos a seguir achegando as vosas ideas a este espazo libre, sempre coa única condición de non aludir a aspectos persoais das persoas que formamos parte da vida política de Carnota.
    Sede benvidos e benvidas a acompañarnos nesta nova e ilusionante etapa, como sempre o fóstedes, pois agora todos e todas somos necesarios.
    Grazas ciberveciñanza!

    ResponderExcluir
  2. Bo traballo! Parecia imposible pero non defraudachedes! Animo, animo e animo!

    ResponderExcluir
  3. Un que xa non está indeciso24/05/2011, 17:54

    CAMPAÑÓN
    O esforzo e a limpeza obtuvo recompensa. Enhorabuena.

    ResponderExcluir
  4. DENADA, todo sexa por un cambio máis que necesario, ánimo Moncho, Adiante Necesitábamoste

    ResponderExcluir
  5. Destenos unha alegria nun ano bastante malo para min e os meus, vos decides HAI FUTURO, eu añado HAI ESPERANZA. gracias e animo Moncho!

    ResponderExcluir
  6. Querido webmaster da web do bloque de Carnota

    Dicides aí arriba: "Convidámosvos a seguir achegando as vosas ideas a este espazo libre, sempre coa única condición de non aludir a aspectos persoais das persoas que formamos parte da vida política de Carnota."
    Supoño que a este parágrafo será ao que vos agarraredes para censurar (ou banear) un comentario meu de onte. Se cadra ese comentario poderédelo borrar cun click, máis os ollos dos nacionalistas de corazón de Carnota que ven espectáculos pouco edificantes non os poderedes tapar. Só dúas notas:
    1.- Era unha simple manifestación de preocupación dun simpatizante que recollía a preocupación de outros moitos.
    2.- O BNG non debería mudar as formas nin a transparencia coas que chegamos a este bo resultado. As palabras e os argumentos que non gustan rebátense con palabras e argumentos, non tapándolle a boca. Non vaiamos caer antes de empezar a gobernar naquelo contra o que vimos loitando este últimos catro anos.

    ResponderExcluir
  7. Estimado amigo ou amiga, das no cravo. Lembra que este espazo é para discutir sobre a actualidade municipal, e que se optáramos por admitir adxectivos insidiosos referidos á vida persoal de calquera veciño -sexa ou non afín ao BNG, que iso é o de menos- abriríamos un camiño pouco edificante e perigoso, que a nosa organización non desexa baixo ningún concepto.
    Saúdos e grazas.

    ResponderExcluir
  8. Parabéns aos veciños de Carnota por estes magníficos resultados. Mágoa non poder estar celebrándoos con vós, pois como tantos centos tiven que coller a maleta. Pero estade seguros que hei dir no verán costeme o que me coste para darlle un fortisimo abrazo Ó NOSO ALCALDE, RAMÓN NOCEDA, MONCHO O ROXO!

    ResponderExcluir
  9. E mui significante que despois de levar tantísimos anos fora da miña terra me sinta tan contento polo cambio que se produciu en Carnota.Gracias Bng por achegarnos a información sobre a campaña,o candidato,o programa,os resultados etc.,e por deixarnos opinar libremente a todos,ós que vivides en Carnota e ós que estamos a miles de kilómetros de distancia pero non de pensamento.Sodes os millores.

    ResponderExcluir
  10. O mesmo en EEUU.27/05/2011, 23:46

    Olvidavame;os que salen na foto con Moncho e Pedro o Furon e Carmiña na nosa casa do Mar,¡canta xente,pónseme a carne de galiña!.

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: