Un bo exemplo desta política regresiva de recortes é a eliminación das axudas ás mariscadoras e tamén das axudas para as mulleres que sofren violencia de xénero. Unhas decisións que, baixo a excusa dos axustes debidos á crise, agravan a situación das mulleres galegas e sobre todo no rural.
Tampouco en Carnota somos alleos ás consecuencias dunhas políticas equivocadas para afrontar os problemas das mulleres. Todo o paquete de medidas sociais postas en marcha polo anterior goberno municipal, impulsadas pola concelleira do BNG Merche Díaz, foron suprimidas en canto o PP accedeu ao goberno: Asistencia a domicilio, cursos de alfabetización, idiomas ou informática, asi como actividades formativas, de lecer e sensibilización dedicadas en exclusiva aos colectivos feminino, da terceira idade ou diabéticos, só por poñer uns exemplos, desapareceron da axenda do goberno municipal, máis partidario das iniciativas de bombo e pandereta que daquelas que poden supoñer unha axuda real aos sectores da nosa sociedade máis desatendidos.
Para dar a coñecer a perspectiva e as problemáticas das mulleres traballadoras na Costa da Morte, Galiza Nova está a preparar unha interesante xornada que se vai desenvolver o próximo sábado en Lira baixo o título "As mulleres traballadoras na Costa da Morte", coa seguinte axenda:
ACTO PÚBLICO: A MULLER TRABALLADORA NA COSTA DA MORTE
Sábado 12 de marzo a partir das 19:00h no Bar Pedra Pas (Lira)
Presentan:
Intervirán:
- Zaira Trillo. Responsábel de Mulleres Galiza Nova Costa da Morte
- Belén Campos. Responsábel local do BNG de Carnota
Ao remate haberá uns pinchos. Non faltedes!
- Merche Díaz. Concelleira e ex responsábel de servizos sociais, familia e muller do Concello de Carnota
- Pepita Fernández. Mariscadora
- Rosa Pedrosa. Moza empresaria
- Iria Aboi. Secretaria Xeral de Galiza Nova
(Aqui podedes confirmar a asistencia en Facebook)
La mujer, el motor de este pais, quizas sea la verdad. Pero el BNG y todos los politicos, abusan de ese motor, discriminan y menosprecian, mucho hablar por hablar, al final todo se queda en nada.
ResponderExcluirSó desexaría que estiveras nos actos de Lira ou Fisterra, onde do que se tratou foi de escoitar as mulleres traballadoras contando a súa experiencia,entre eles unha mariscadora de 63 anos que vaite a saber a quen raios vota se é que vota, que ninguén llo preguntou.
ResponderExcluirSupoño que para ti eso e o feito de que Galiza Nova sexa a única organización da Costa da Morte (xunto con Buserana) que se acordou das mulleres o Día das Mulleres, e ademais por duplicado, non ten importancia, pero ese é un problema aparte.