AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

10/12/2010

O BNG vai explicar a Lei de Augas en todas as parroquias, comezando este domingo no Viso

O BNG de Carnota vai comezar desde este mesmo domingo 12 de decembro, ás 17:00 horas no Campo do Viso (San Mamede), a explicar por todas as parroquias do municipio as consecuencias da Lei de Augas impulsada polo Partido Popular na Xunta de Galicia, que suporá cambios como que se pasarán a tarificar a auga de traídas e pozos particulares ao mesmo custo que o do servizo municipal.

O BNG denuncia que esta medida ten unha clara motivación recadatoria e vai ser enormemente regresiva para as economías familiares, pois ademais de cobrarlles o seu propio abastecemento de auga obrigará a que a veciñanza asuma os custos dun contador homologado, baixo ameaza de multas de ata 30.000 euros de non facelo. Asi mesmo desaparecen as exencións existentes para os núcleos por debaixo de 2.000 habitantes, que son sen ir máis lonxe todos os de Carnota. Ademais entende o BNG que desde as institucións, especialmente naquelas gobernadas polo PP, estase a ocultar a verdadeira dimensión desta medida.

A esta acción social e informativa do BNG unirase a acción institucional, mediante unha Moción presentada no Concello de Carnota no sentido de que a Corporación inste á Xunta a retirar un cánon que vai supoñer, unha vez máis, un duro golpe ao noso territorio, e dentro del, aos colectivos máis desfavorecidos.
Etiquetas: , , , , , ,

Hai 4 opinións.

  1. eu non me creo eso que vos dicides..por que os veciños de carnota nin jen lle pode dicir que agua temos que beber,por que a auga que nos bebemos e do pueblo, ademais haber quen vai ser o gobernante pringado que vai dicir eso,,,,,eu creo que e una xojarreta deste partida para intentar arañar algun voto nas vindeiras eleccions, e crispar a veciñanza de mentiras como fixestes ca basura

    ResponderExcluir
  2. Se asistiras á charla creíalo.

    ResponderExcluir
  3. Oxalá fose mentira,a nova lei de augas está ideada única e exclusivante cun fin recaudatorio(un novo imposto vaia),dentro de pouco ata nos cobrarán polo aire que respiramos...(así son as receitas anticrise do PP).Supoño que esta artimaña non vai ser outra cousa que a de favorecer a algunha empresa,empresario ou afín ao PP(estes non dán puntada sen fio).Ó que mais me fode é que ademais de pagar ó devandito imposto tamén nós teñamos que facer cargo do mantemento da mesma.Pasará igual que no caso de Telefónica,asumiremos co custo da rede de tuberias,pozos,collidas de manantiais...e cando estea todo millo botado virán os de Espina a recoller o que nós sembramos.Lume¡¡¡Irmandinho.

    ResponderExcluir
  4. ainda me acordo candoo bloque andivo desindo polo pindo que non habia que pajar a ajua de espina. o que non hai que ser e ignorante, que estos estan mentindo para crispar o pueblo e arañar 4 votos de catro ilusos que se cren todo. SENTIDIÑO POR FAVOR.

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: