AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

17/12/2010

O BNG explicaralle este domingo a Lei de Augas aos veciños de Caldebarcos

Ducias de veciños achegáronse o pasado domingo ao Viso
Tras o éxito da charla desenvolvida a semana pasada en San Mamede, o BNG de Carnota prosegue coa súa labor informativa explicando porta por porta as consecuencias da Lei de Augas, da que canto máis vamos sabendo máis prexuízos detectamos para as economías familiares da nosa veciñanza, nuns tempos particularmente difíciles.



Ramón Noceda e Antón Beiro
Asi, a nova cita será este domingo 19 de decembro para os veciños e as veciñas de Caldebarcos e Panchés, comezando puntualmente ás 12:00 da mañá nas Escolas de Caldebarcos. Se queredes coñecer como vos afecta a Lei de Augas na vosa situación (como persoa usuaria ou asociada ás diferentes comisións veciñais de augas) non dubidedes en achegarvos a Caldebarcos pois poderedes preguntar todas as dúbidas e expresar a vosa opinión.

Tamén podedes consultar os contidos da Lei de Augas na seguinte ligazón.


Etiquetas: , , , , , ,

Hai 7 opinións.

  1. Moi ben moi ben moi ben! Este é o BNG que necesitamos! Animo!

    ResponderExcluir
  2. Estubo moi interesante, aconsellamos que os veciños participan nas siguientes. Comisión.

    ResponderExcluir
  3. sodes un partidiño de ducias de xente jajjajaj fan una reunion pa esplicarlle os veciños una mentira e o colmo e que fano a chuvia e encima dun banco de sentarse da plaza jajjajajaj,,,queredes imitar a montilla jajjaja. veña que as encuestas que facedes en esas reunions e para estar un pouco preocupado que vai ser deste partido despois das eleccions,,creo que asta campos vai quitar mais votos que vos jajajja

    ResponderExcluir
  4. nº 3, sabes ler? Pois le a lei.

    ResponderExcluir
  5. empezamos ben.en vez de falar o candidato fala outro que non sei quen é.supoño que será un entendido, pero xa está ben de que mangoneen os de fora como si foramos toliños

    ResponderExcluir
  6. Pois é un veciño do lugar. Si si, un home de San Mamede dando unha charla en San Mamede, xa está ben de que mangoneen os de fora como si foramos toliños.

    ResponderExcluir
  7. ducias de personas, ¿onde estaban?, eu estiven alí e eramos 4 pelajatos. E ainda por riba tdo o que dixeron era mentira.

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: