AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

12/11/2010

Folga indefinida na recollida do lixo de Carnota

A insensibilidade e os continuos impagos do goberno municipal levaron aos 150 traballadores da planta de tratamento de residuos de Servia (Lousame) a votar onte a favor da folga indefinida da recollida do lixo no concello de Carnota, pois a súa débeda, que se estima que ascenderá a un millón de euros a finais da lexislatura, ameaza seriamente a continuidade desta planta, considerada das máis limpas e eficientes do estado español. E todo a pesar dos intentos por evitalo do actual presidente da mancomunidade e alcalde de Muros, o nacionalista Domingos Dosil.

Xa a finais de outubro Euloxio Franco, concelleiro do BNG de Carnota, advertira seriamente de que ou o goberno municipal se poñía as pilas ou "só será cousa de tempo ver por primeira vez en Carnota imaxes de bolsas de basura amoreadas na rúa durante meses". En vez de facerlle caso ás advertencias do BNG e atender as demandas destes traballadores (varios deles veciños de Carnota), o goberno preferiu ignorar o problema e nin fixo frente ás súas obrigas nin se dignou a apoiar a moción que os traballadores da recollida levaron ao Pleno, aprobándoa tan só despois de meterlle a tesoira xustamente naqueles aspectos que supoñían un compromiso real na procura de solucións.

Despois deste irrespectuoso xesto, finalmente fixéronse realidade os peores dos presaxios: ante a actitude do alcalde de Carnota os traballadores de Servia non ven máis saída que a mobilización social, mediante unha folga indefinida que deixará en poucos días en Carnota imaxes como a que acompaña este artigo.

O BNG non entende como o goberno de Carnota puido permitir que se chegara a esta situación límite e esíxelle ao PP que se poña por unha vez do lado dos veciños. E non é moito pedir, pois os veciños si están pagando a factura do lixo; o unico que ten que facer o goberno de Carnota é deixarse de excusas e empregar eses cartos no que debe, en vez de destinalos a outras cousas.

Etiquetas: , , , , , , ,

Hai 41 opinións.

  1. Por dios! se un alcalde non está para esto, xa non sei nin para qyue está. Que se vaia xa! Non andubo decindo que o deixaba hai catro anos? Que o deixe dunha vez, que se jubile, que se vaia dar clases, ou que se poña a contar paxaros, pero que non nos joda máis! a ver se chejan dunha vez as elecions joder

    ResponderExcluir
  2. teño unha idea: cada bolsa de basura que non me kepa no contenedor pensolla deixar a oreiro na porta. cando lle cheje o olor xa veremos que rapido cambia de idea co de pagar
    ainda se baixa o soldo se fai falta (esto é broma, nin inda que lle arranken os ollos) jajaja

    ResponderExcluir
  3. A basura xa non estaba nos contenedores antes da folga, xa se me entende.

    ResponderExcluir
  4. Na porta non, pola ventana lla habia que meter

    ResponderExcluir
  5. o lixo sonno os governantes. que se vaian xaaaaa

    ResponderExcluir
  6. esa deuda e a que deixastes vos,, listos que na miña casa cando gobernou o bng non se pagou basura ninjun ano e coma min moitos veciños igual,,,cando oreiro entrou actualizou todo pero o mal xa estaba feito, cando oreiro entrou xa lles avisou os veciños nuna reunion que uvo no pavellon de lamas de castelo, que dicha deuda xa esistia...listos que sodes unos listo,,,sabedes una cousa prendedelle lume pa que os veciños vexan que o pp non paga ,,,ala ide cajar burros

    ResponderExcluir
  7. Ou sexa que Oreiro actualizou a débeda pero despois volveu a acumular débeda...????
    #7 Pretendes enganar e contar mentiras. Oreiro leva anos destinando os cartos do lixo a pagar a amigos do concello, senón onde están os cartos que pagaron os veciños pola recollida?
    Oreiro é un pufero, un ladrón, e un moroso. Que dimita xa para non deixar na ruina ao Concello. VAITE LADRÓN E NON VOLVAS, NON TE QUEREMOS!!!!

    ResponderExcluir
  8. Incompetentes,borregos,iso son os politicos de Carnota,así estamos.

    ResponderExcluir
  9. Hai que ter collóns para vir aqui decir que a deuda xa estaba de antes... un millon de euros pagamos os veciños para a recollida de basura estes 4 anos, e nin un so euro fui para a recollida. ONDE ESTÁN?
    Seria para subirse o sueldo ou contratar a palurdos oreiristas coma o numero 7. Sonache cando dixo Castelao que "Mexan por nós e decimos que chove"??? Pois era por pailáns coma ti sin os cales non poderian existir os caciques. Veña, aprende algo e senon vaille chorar as penas ao teu alcalde de barrio e non a quen saca algo mais da cabeza que merda, pringao

    ResponderExcluir
  10. O que é incrible é que Oreiro fala en Lamas de Castelo e todos lle creen ao que diga porque para eles fala diós. E van todos coma gando e o tipo bótalle a culpa de todo aos de atrás e eles a aplaudirlle. Koño! pero si ata dixo que cobraba tanto pq xa o cobraba de mestre! Por favor, si hai no mundo algún mestre de ESO que cobre casi un millón ao mes que avise que me matriculo para o ano en maxisterio e en tres anos a vivir!

    ResponderExcluir
  11. Eso digo eu. Diria Oreiro en Lamas de Castelo que ese pabellon deixouno nos ferros durante anos e hasta que chegou o bng ó goberno non se puido acabar? e todo por chanchullos da empresa que contratara oreiro? Seguramente dixolles que ese pabellon fixoo oreiro o dia antes para esa reunion e creronllo o mismo jajajaj

    ResponderExcluir
  12. Pois a min Oreiro curoume a alopecia. ALELUYA!!!!

    ResponderExcluir
  13. comentario 12,, ti sabes ben o que dis? eu creo que soltas pola boca cousas que nin ti mismo crees,,, o pabellon de lamas de castelo, levou 8 anos parado cos ferros por un error que se tubo a hora de facelo, que a pista quedabase pekena,,,cando o bloke gobernou 8 anos estubo ali osidandose e case en ruinas que era todo ratas,,,cando oreiro entrou nese mesmo ano acabouse cousa que vos e 8 non fostes capaz,,,ante todo sinceridade e nada de mentiras por que eu son de pedra figeira e estubo ali en ruinas,,,una cousiña sodes tan paletos e tedes tantas ganas de entrar outra vez a gobernar para seguir roubando,,, sodes coma os burros,,, solo mirades a cuenta a fin de mes pa ver si chega algo de gorra pero eso acabouse polo menos una temporadiñña mais... a por certo cerca da casa de euloxia pasa un rio ,, cando gobernou o bloke a carretera fixo un socabon pekeno, ese socabon estubo 3 anos sin arreglar ,, cando entrou oreiro arreglouno nese mismo mes,,, borregos. a unica xente que fala aki que son do bloke ,,, aparte de ijnorantes son mui mui paletiños

    ResponderExcluir
  14. #14 jajajaja Vaiche medrar o nariz ata o teito. O pabellon acabouno o bloque paspán, a ver se pensas que nacemos onte. "Acabouno oreiro ese mismo ano" disque.... non se pode ser mais patetico. debes ter a lingua peluda de tanto pasarlla ao teu señor por xa sabes donde, pero tranquilos que en seis meses acabousevos o choio ós que non fixestes mais meritos na vida que lamber e lamber

    ResponderExcluir
  15. http://www1.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?accion=2&ver=19&nid=7433

    Milagro, aqui di que o pabellon de Lamas inaugurárono o exalcalde Manolo e o presidente da Diputacion, o 29/05/2006, un ano antes das eleccions... este Oreiro debe ter superpoderes polo menos JAJAJAJAJAAJAJJAJ
    Numero 14, mentirán, que che cacharon nas patacas JAJAJAJ
    eu escarallome con estes oreiristas que ainda lle chaman burros os demais

    ResponderExcluir
  16. por desgracia o numero 14 non é un mentireiro, é directamente un papaostias. muita xente en carnota sigue crendo eses contos de fadas, pero seguide asi home, aplaudindolle a soberbia de quen so vos utiliza para ganar un millon limpo o mes por non facer absolutamente NADA (bueno, si, decir que fixo as cousas que deixou feitas o bloque)
    E o peor é que o voto del valen o mismo que o de calquera con dous dedos de frente, asi vai carnota

    ResponderExcluir
  17. numero 16 tes toda a razon.. retifico pero que sepades que ese pabellon enpezouno oreiro e acabouse 7 anos dispois,,,

    ResponderExcluir
  18. mmmmmmmmmmmmmmmm me corro15/11/2010, 14:11

    a xente que e deste partido a maioria son unos inadependentistas radicales que ai ultimanmente en carnota , que quitan bandeiras e pintan pardedes,,, ahi vos queda

    ResponderExcluir
  19. Mimadriña como está o patio

    ResponderExcluir
  20. señor oreiro onde está a pasta15/11/2010, 16:22

    Todo sea por desviar a atencion do problema real, non? hai que vir aqui facelo parvo non vaia ser que alguen pregunte onde foron os cartos que os veciños pagamos pola basura!!

    ResponderExcluir
  21. donde estan o millon de euros que pagou o estado español cando foi do prestis?..sabedes donde estam?
    .. andan por vertamirans, e en muros en formas de casa ou chales..concejales de deportes fan chales e compran pisos a conta dun voto pa gobernar....nunca tuberon nada e en 8 anos saliron ricos,,,non cobraban 6000 mil pero cobraban por debaixo da mesa muyitiños mais a ta o punto de comprar pisos e casas...

    ResponderExcluir
  22. Os cartos do Prestige foron para pagar os traballos de limpeza do Prestige. Ainda que entendo que non che sone de nada eso de gastar nunha cousa os cartos reservados para esa cousa, se os collera Oreiro subia o soldo a 10 mil euros ao mes e o chapapote na praia, como fixo ca basura. E vos os do séquito de Oreiro aplaudirialledes tanto como lle aplaudides hoxe por quedarse co que pagamos de basura, plas plas plas!

    ResponderExcluir
  23. como que foi para pagar a xente de chapapote toleiron que eestabamos limpando cam compañia tragsa e os cartos chejaban do estado español,, non fales sin saber que eu estuben ano e medio limpando...esa metesya aoutro a min non, listo,,eses cartos foi polo prestis en modo de subencion para os axuntamentos da costa galega afectados polo chapapote...eso non che interesa falalo verda,,,jajjajajaj solo falades cousas sin saber..como que tamen a deuda da basura e de un millon de euro, salen en todos periodicos de galicia, que segun o bng de carnota e de un millon de euros,,jajajaj, ademais os servicios miminos xa estan recollendo o lixo,,para catro contenedores que temos en carnota nin que estubera o axuntamento cheo de basura, a porta da miña casa ai basureros e ainda non estan cheos... que falades,,,, e andades dicindo polo pueblo que con vos eso non pasaria , ajjajajajj con bos xa faceria tempo que o axuntamento estaria cerrado por arruinamiento

    ResponderExcluir
  24. Con tragsa estarías ti (e seguro que eras dos que durmias na playa, que hasta lle berrábades a quen queria traballar), pero os 90.000 voluntarios que pasaron por Carnota SIN CONTRATO durante dous anos pensas que comían aire, que traían as ferramentas para limpar da casa, ou que durmían nas estibadas? É máis, a Carnota deberonselle durante anos un millón de euros que xa gastara en manter a toda a xente que ven limpar.
    Por certo papón, sabias que a Oreiro non se lle viu o pelo no concello en todo o tempo que durou a limpeza do chapapote? Estaria tocandose o carallo na sua casa, xa que disides que é todopoderoso puidestelo chamar, seguro que se movera un dedo el só deixaba a costa coma a patena.
    E sabias que a maioria dos 90000 voluntarios que pasaron por Carnota botáronos alcaldes peperos como o de Muxia onde se decia que non facian falta que non habia petroleo ningun? Por algo será que Carnota foi para todos a ZONA CERO do chapapote, non porque sufrira mais o chapapote que ninguen, senon porque era o unico sitio onde non se ocultou a verdade, onde pediron a axuda que necesitaban, onde non mandaban a tragsa a atravesarse nas pistas das playas para que a xente non vira o que estaba pasando. Si paponsiño si, Oreiro non engaña a ninguen mais que os lambeconiñas coma ti. Sigue asi e cuidado con atragantarte.

    ResponderExcluir
  25. jajajjaja..cada vez tes mnenos argumento..desvias o tema da vasura ahora falasme do chapapote vaite a cajar tio..haber donde estan eses cartos que o concejal de deportes ten un piso en verrtamiran e comprou una casa en carnota por unos cuantos millons,,,claro como lle deveu tocar a loteria por eso a comprou,,,,sodes unos cacos de carallo..carnota a zona cero jajjaja enos berrabamoslle os voluntarios,,ti non ves que falas sin saber,,,camdo estubo o voluntariado en carnota tragsa estaba enpezando a contratar para limpar,,,melostache que foran veciños a limpar por cartos,,,haber dime molestache? que estaba casi todo carnota limpando por tragsa,,ti que querias chupar ti so do vote,,,eu creo que ti nin de carnota eres?

    ResponderExcluir
  26. Sin saber falas ti! Q ese concellal de deportes que ti dis nesa lexislatura da desgraza do prestige nin era concellal nin pertenecia a grupo político ningún. Daquela concellal de deportes era Chema de San mamede e eu non lle vin nin piso nin chalet ningún

    ResponderExcluir
  27. si si faite o longi... falame da basura jajjajaj estan os contenedores cheos madre mia traede tractores e camion que carnota esta chea de basura,, que mal vos saliu a xojada que pensabas que ibas poñer o pueblo encontra e o final nin juelja nin nada.
    sabes que concejal de deportes era? ques que cho dija eu o fai memoria

    ResponderExcluir
  28. Número 28,deberías saber que aqui entra muita xente e non sempre falan e contestan os mismos. En todo caso, eu sei perfectamente a quen te refires, e desde lojo non é santo da miña devosión (mais ben o contrario),supoño que coma todos os que entran aqui, que esa é outra. pero non te confundas ti tampouco, se tanto dis que roubou (ou que le deixaron roubar) fai o favor de enseñarme unha sentencia ou siquera unha denuncia contra algo que fixera, e xuroche que calarei a puta boca. ahora ben, non veñas a antepoñer unha cousa que nin se probou nin se denunsiou a un feito REAL e CONTRASTABLE, que é a pasta que o señor alcalde se está metendo na buchaca todos os meses, que eso está nos presupuestos qe o PP aproba cada ano. Osea, que os que se forran á vista de todos son honrados sejun ti, e os que che dixeron que se forraron sin ter nin a mais minima proba dis son ladróns. Ahora entendo que defendas o PP, directamente eres idiota.

    ResponderExcluir
  29. lolailoreiro17/11/2010, 00:06

    mui desesperados andan estes peperos que aínda teñen que vir aqui chorar

    ResponderExcluir
  30. Non lles queda moito, non.

    ResponderExcluir
  31. presions dos traballadores da planta de compostaxe pa que Carnota e Ames sigan solicitando os servizo de dicha empresa.
    A maioria xente que e do bloque,
    pa que en carnota non volva a gañar o pp
    por que sintense cousiñas de xente deste partido que nas prosimas ainda vai ser peor,,
    encuestas internas que ten o bng sigen vaixando en botos a fabor do pp

    ResponderExcluir
  32. jajajajajajajajajajajajaja! Sierto! eu voulle botar a oreiro que teño medo que de mestre non lle pajen o millón!

    ResponderExcluir
  33. ¿Encuestas do bng que lle dan subida o PP? Se a unica encuesta que encargou ningun partido en Carnota pediuna o PP e dalle que perde a alcaldia, por certo o unico sitio de toda a Costa da Morte onde baixa o PP.
    Carallo que ben informado che teñen eh! ;-)

    ResponderExcluir
  34. Se fai falta eu tamén boto peseta para que o pobre desdichado de Oreiro poda chegar a fin de mes... é que quen fai nada con un millón de pesetas mensuales hoxe en día!

    ResponderExcluir
  35. número 22 e 26 porfa, non volvas a escribir bertamiráns con v, a terceira devolvería.Saúdos.

    ResponderExcluir
  36. coñezo ao SEÑOR Suso Campos, e si demostra a habilidade que tivo na sua vida personal no concello de carnota, mellor nos iría que co partido popular. E cando foi concellal de Deportes conseguiu un campo de herba artificial en Lombáns, un pabellón de deportes en Lamas de Castelo (ainda que outros quixeran atribuirse os seus logros) e puxo a andar as actividades deportivas no concello da man de Juan Ricardo Ca
    rballo, o mellor técnico de deportes que tivo nunca o concello de carnota, e por iso penso depositar toda a miña confianza nel.

    ResponderExcluir
  37. Dirás que saliu na foto da inauguración de todas esas cousas.

    ResponderExcluir
  38. tanto falar da folga da basura e solo era pa que carnota renobe o contrato con esa planta por unos anos mais,,jajaj.. engañades a xente
    pero salevos mal

    ResponderExcluir
  39. A xunta intervenlle ao concello 140.000 euros cada tres meses para pagar a débeda e punto. Acabouse o problema. Non lle van chegar os cartos nin para pagar aos traballadores por trapalleiros e usar os cartos que pagamos todos da basura para os seus petos.E todos sabemos que a eles interesalle cambiar de empresa e ben sabes o por qué, ou eso non cho explicano os eu non fun!

    ResponderExcluir
  40. antes que non habia cartos, despois que o alcalde cobra 100 euros despois que non habia cartos pa pagar a basura ahora que a xunta ye kita 140000 euros pa pagar a basura,,pero a donde ides vos eu creo que asi ides por mui mal camiño..ahora ban facer a garderia municipal..xa tiñas vos apalabrada non jajajja
    idevos a cagar

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: