AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

01/11/2010

Crean unha asociación para promover o Parque Natural do Monte Pindo

A asociación Monte Pindo Parque Natural botou a andar para reclamar desde a veciñanza o que a clase política non tivo a habilidade de liderar, que é nin máis nin menos que a causa en favor da declaración de parque natural para o Monte Pindo, símbolo deste municipio e tamén de toda a Costa da Morte.

Xilberto Caamaño, recén elixido presidente, xa afirmaba na web da asociación que «ningún galego entendería que a Catedral de Santiago estivese abandonada, ou queimara cada dez anos; pois o Monte Pindo é a nosa catedral». Boa mostra do que di é que nos seus primeiros pasos a causa xa suma arredor de 1.500 apoios por Internet, onde está presente en varias plataformas sociais, e avanza cara o medio centenar de socias e socios de todas as procedencias, segundo afirman desde a asociación, que inclúe na súa directiva a unha persoa de cada localidade, en total 11 vogalías territoriais, co que buscan garantir a pluralidade e a proximidade á veciñanza.

O BNG de Carnota saúda esta idea á que expresa o seu apoio decidido, como xa fixera no seu momento, e pídelle ás demais forzas políticas con presenza na Corporación que reconsideren as súas posturas iniciais sobre esta iniciativa que só pode supoñer vantaxes para o noso municipio e o seu futuro.

Quen teña interese pode visitar a páxina de Monte Pindo Parque Natural, onde existe abondosa información sobre a organización, e incluso sumarse á noble causa da defensa do noso medio e do desenvolvemento substentábel de Carnota e o seu entorno.
Etiquetas: , , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: