AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

08/09/2010

O BNG de Carnota apoia a declaración de Parque Natural para o Monte Pindo

A proposta de ADEGA, apoiada polos maiores expertos galegos en medioambiente, atraerá importantes vantaxes económicas e sociais para os veciños da zona

Profesores universitarios galegos, investigadores e representantes ecoloxistas veñen de presentar ante o Observatorio Galego da Biodiversidade un documento que recopila o enorme interés científico e ambiental da área natural do Monte Pindo e solicitan a creación dun novo Parque Natural, que sería o séptimo existente en Galiza.

O documento salienta a importancia biolóxica, xeolóxica, patrimonial e histórica deste lugar privilexiado que Otero Pedrayo denominou como “Olimpo Celta”, e que na actualidade se atopa enormemente abandonado e infrautilizado por veciños e visitantes.

A figura de Parque Natural contempla destacadas inversións turísticas e ambientais e mesmo sociais non só no seu territorio senón tamén na zona, o que xunto coa facilidade da promoción turística dun parque natural tan destacado suporá, no caso de facerse, un autéctico revulsivo económico na zona. Como exemplo máis cercano, debemos citar o Parque Natural de Corrubedo que xa é dos máis visitados de Galiza e supòn unha das principais fontes de riqueza para os habitantes desa zona.

O BNG de Carnota valora moi positivamente a proposta de ADEGA, amplamente respaldada polos maiores expertos galegos en materia ambiental, por entendermos que a declaración de Parque Natural será moi beneficioso non só para o medioambiente senón para os habitantes do noso concello. Por iso anunciamos que en breve imos iniciar unha campaña reivindicativa, informativa e de sensibilización entre a veciñanza arredor desta cuestión.

O BNG aproveita para facer un chamamento a todos os axentes sociais de Carnota (empresas, veciños, asociacións...) e tamén ás demais forzas políticas representadas no noso concello para apoiar este proxecto de futuro e ilusionante, coa sincera convicción de que grazas á unidade de todos os veciños só será cuestión de tempo que a Xunta decida reunir o Observatorio Galego da Biodiversidade (xa que se atopa inactivo desde a entrada do PP no goberno galego), abrindo asi un camiño que só debe ter un final: A declaración do Monte Pindo como Parque Natural.
Etiquetas: , , , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: