A charla informativa aberta, organizada por Galiza Nova, congregou o pasado sábado no colexio do Pindo a máis de medio cento de veciños chegados desde todos os puntos do noso municipio e tamén de concellos limítrofes, que puideron descubrir a iniciativa na boca dos seus autores, tomar a palabra e tamén resolver todas as dúbidas.
Abriu a charla Mario Maceiras, responsábel comarcal de Galiza Nova, que tras agradecer a importante asistencia ao acto desmentiu rotundamente que a proposta de declaración de Parque Natural non proceda da veciñanza, como se vén insistindo desde o Concello, pois xurdiu dunha dilatada serie de conversas de veciños adscritos a diversos colectivos cos membros de ADEGA. Asi mesmo, lamentou que o alcalde de Carnota non deixara claro o seu apoio ao parque natural, sementando así dúbidas sobre un proxecto que só pode achegar beneficios non só ao Monte Pindo e a Carnota senón a toda a Costa da Morte, en contraposición ao actual estado de abandono deste espazo. A continuación enumerou as actividades que Galiza Nova vai desenvolver en breve para seguir divulgando e reivindicando a iniciativa, e anunciou que o BNG vai trasladala ao Parlamento Galego.
De seguido tomou a palabra Martiño-Fiz López Lindoso, relator da proposta, biólogo e representante de ADEGA no Observatorio Galego da Biodiversidade, que expuxo detalladamente os aspectos técnicos que xustifican a declaración, e tamén as innumerábeis vantaxes que suporía a nivel ambiental e socio-económico para Carnota e o seu entorno, polo que pediu que o Monte Pindo sexa declarado parque natural, pois considera que non só é a figura de protección e desenvolvemento máis acaída senón que reuniría o 100% dos requisitos para selo. Tal vez foi a súa intervención a que subscitou a anécdota do día, pois ao mencionar o dato da presenza do gato montés no Monte Pindo sóubose que ningún dos asistentes o coñecía, salvo un veciño de Quilmas que o vira nunha ocasión, atropelado.
Por último, Fins Eirexas Santamaria, xeólogo e secretario executivo de ADEGA, repasou as connotacións dun parque natural e relatou experiencias similares en Galiza e tamén no estado español, para rematar salientando que é necesario o consenso de todos, veciños e axentes implicados, para lograr que a Xunta tome a determinación de iniciar os trámites que rematen convertindo o Monte Pindo no séptimo parque natural galego.
Ao rematar as ponencias, outorgouse a palabra ao público, o que posibilitou un animado debate con multitude de intervencións, que ademais de despexar moitas dúbidas demostrou que a resposta veciñal ante o proxecto só se pode calificar de entusiasta, xa que apenas produciu contrariedade. Poñendo a guinda ao acto, a organización regalou camisetas a todos os asistentes.
Quen non quixeron quedar á marxe foron os representantes dunha multitude de colectivos, destacando a ACDR Pedramar do Pindo, a Confraría de Pescadores do Pindo, a Comunidade de Montes de Caldebarcos, a AC Canle de Lira, a Cooperativa Rainha Lupa de Quilmas, a AAVV Xurde Caldebarcos, a Comunidade de Montes de Lira, a Plataforma pola defensa de Quilmas, a Plataforma pola defensa do Río Xallas... asi coma unha ampla representación do BNG, a única formación política que quixo asistir.
- Portada
- A Moa
- Última
- Arquivo
- A Moa1 (feb/96)
- A Moa2 (abr/96)
- A Moa3 (xul/96)
- A Moa4 (out/96)
- A Moa5 (dec/96)
- A Moa6 (abr/96)
- A Moa7 (xul/96)
- A Moa8 (out/97)
- A Moa9 (nov/97)
- A Moa10 (dec/97)
- A Moa11 (mar/98)
- A Moa12 (ago/98)
- A Moa13 (nov/98)
- A Moa14 (xan/99)
- A Moa15 (mar/99)
- A Moa16 (mai/99)
- A Moa17 (mar/00)
- A Moa18 (nad/01)
- A Moa19 (mai/03)
- A Moa20 (pri/04)
- A Moa21 (pri/04)
- A Moa22 (inv/05)
- A Moa23 (pri/07)
- A Moa24 (pri/08)
- A Moa25 (pri/08)
- A Moa26 (pri/08)
- A Moa27 (ver/08)
- A Moa28 (inv/08)
- A Moa29 (EG2009)
- A Moa30 (out/10)
- A Moa31 (pri/10)
- A Moa32 (ver/10)
- A Moa33 (ver/13)
- A Moa34 (EM2015)
- A Moa35 (set/18)
- A Moa36 (EM2019)
- A Moa36 (ver/19)
- A Moa37 (pri/22)
- A Moa38 (pri/23)
- Novas
- Por localidade
- Por temática
- Actualidade municipal
- Asuntos sociais
- Calamidade
- Comarca
- Comunicado
- Costa
- Cultura
- Debate
- Deporte
- Deputación
- Economía
- Emprego
- Ensino
- Estado
- Estudos
- Goberno
- Industria
- Lecer
- Medio ambiente
- Mocidade
- Muller
- Nacional
- Obras
- Opinión
- Orgánica do BNG
- Patrimonio
- Pesca
- Pleno
- Programa
- Proxectos
- Redes
- Sanidade
- Servizos públicos
- Turismo
- Urbanismo
- Xunta
- Eleccións
- Galiza Nova
- Nós
Parabéns de todo corazón Companheirxs!
ResponderExcluir