Escrito de José Oreiro
Resposta de Euloxio Franco
As mostras de indignación entre os veciños de Euloxio Franco non se fixeron esperar; a inmensa maioría deles xa expresaron a súa solidariedade co noso compañeiro e mesmo a súa disposición a testificar no seu favor onde sexa preciso para negar as ridículas acusacións do señor Oreiro. Ademais, na noite do venres apareceron varias pintadas anónimas no centro de Carnota esixindo a "fin da persecución política a Euloxio". Por outra parte, moitos centos de copias do escrito ameazante asinado por José Oreiro e da correspondente resposta foron distribuidas por todas as parroquias do noso concello.
O BNG de Carnota vese obrigado nunha nova ocasión (e que de seguro non será a última) a esixirlle ao señor alcalde e ao goberno do PP de Carnota que cesen de inmediato co acoso aos veciños por mor da súa militancia ou simple simpatía política, e que se ocupen dunha vez das cousas que realmente inquedan aos veciños, como a caída demográfica, o desemprego, a situación desastrosa na que se atopan as nosas infraestructuras, e por suposto a ineficacia e parálise do actual goberno para responder ás problemáticas veciñais, pois ata agora non estiveron á altura dese reto.
Os jaliñeiros que coñese Oreiro deben de cheirar a rosas...este home cada día sorpréndeme máis.
ResponderExcluirParéseme fatal o das pintadas, non da boa imaxe nin para Carnota nin para o bloque. (xa está ben de radicalismo)
menudo elemento, ese tipo debe estar mui desquiciado para andar detrás do veciños con eses contos.
ResponderExcluirpor certo, anonimo numero 1, falei con euloxio econ mais xente do bng e non teñen nin idea de quen fixo esas pintadas, do que si xa está ben é de que o bng sea culpable de todo o q pasa en carnota (solo falta que lle culpen de roubar no jalpón, ai non que ese xa se sabe quen fui e mais ben caialle cerca a oreiro)
Son o anónimo numero 1 e non considero que todo o que pase en Carnota sexa culpa do Bng, eu son do Bng. Pero o que está claro é que ninguén do pp vai facer unha pintada apoiando a Euloxio, nin ninguén do Psoe, penso eu. A parte desa pintada fixéronse bastantes máis con outros temas e non me gustan.
ResponderExcluirVaia pasiensia q ten que ter para aturar estas parvadas... moito animo a Euloxio e a sua familia, non estades solos!
ResponderExcluirAmigo Euloxio tocouche, date conta de que tes barba, vivistes en Euskadi, adicaste a venda ambulante e tes galiñas, unha persoa normal, como o Sr. Oreiro, Marqués de Capelán e Alcalde de Carnota, pensaria que eres un ser moi estrano e do que hai que desconfiar, por non vencellarche xa directamente coas situacións cotiás de kale borroka que se están a dar todo o longo do Concello que fan deste pobo un lugar en permanente estado de guerra.
ResponderExcluirPor unha convivencia normal sen bichos aos que lle molesten as galiñas, os mosquitos e persoaxes tan "perigosos" como o amigo Euloxio, e menos mal que tes o apelido do Caudillo, na primaveira que ven hai unha boa oportunidade de mandalo a m...., ao marquesado de Capelán.