AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

06/08/2010

O PP recúa ante a presión veciñal e modifica o Plan de Ordenación do Litoral

Ábrese o prazo para que os veciños poidan presentar alegacións

Despois da reacción que o Plan de Ordenación do Litoral viñera a subscitar nas poboacións costeiras de Galiza, a Xunta de Feijóo viuse obrigada a recuar e modificar a práctica integridade do proxecto.

Sen dúbida, esta inesperada marcha atrás tivo moito que ver coa preocupación dos afectados, e tamén coa resposta política que o BNG deu ao Plan ao longo da costa galega. No caso de Carnota, de feito, o BNG foi a única formación que se ocupou de dar a coñecer o Plan entre os afectados, mentras o PSOE calou e o PP tratou de restarlle importancia e só se preocupou polos intereses dos grandes especuladores urbanísticos, tal e como demostrou o polémico escrito de "observacións" presentado polo Concello de Carnota no que só mentaba ese tipo de propiedades e ningunha dos veciños nin das veciñas.

Para poder explicar con fidelidade o Plan á veciñanza, primeiro mantivemos unha reunión co experto en materia urbanística César Mosquera. Unha vez que entendemos a verdadeira relevancia do POL, o BNG de Carnota lanzou unha rolda informativa por todas as parroquias do noso concello, con charlas informativas en Caldebarcos, Quilmas-Curra e Panchés, O Pindo, Lira, Lariño, Carnota e Mallou-Maceiras. Estas xuntanzas contaron cunha notábel participación veciñal, que nos fixeron saber o seu total descoñecemento e preocupación sobre o proxecto, e provocaron -como era de esperar- unha airada reacción do goberno do PP de Carnota, en especial do alcalde José Oreiro, ata o extremo de intentar impedir estas charlas, cousa que só conseguiron no caso da prevista en San Mamede, localidade natal do rexedor. Malia todo, o BNG cumpriu o seu obxectivo e a veciñanza de Carnota puido saber como lle afectaba un Plan de Ordenación do Litoral que supoñía a restricción de edificar e mesmo rehabilitar vivendas en máis do 90% da superficie do municipio.

Agora, afortunadamente a Xunta lanzou unha nova proposta, completamente redeseñada, na que se teñen en conta boa parte das propostas do BNG e dos veciños para poder compatibilizar o respecto ao medio ambiente co desenvolvemento urbanístico substentábel de Carnota, superando unha das maiores eivas que detectáramos no Plan orixinal: Os máis perxudicados eran aqueles que residen en Carnota todo o ano.

O cambio é tan substancial que pasou de afectar nun principio á metade de vivendas do noso concello a apenas unhas ducias delas. Malia o importante logro, o BNG anuncia que vai seguir adiante coas alegacións previstas para que tamén estes afectados poidan dispoñer do respaldo da nosa organización e poder subsanar as eivas que segue habendo. Para iso, o BNG vai distribuir por todas as parroquias planos detallados sobre como quedou o novo Plan de Ordenación do Litoral, poñéndonos á disposición dos afectados para aclarar todas as súas dúbidas e integrar as súas reclamacións no escrito que xa estamos a preparar. Podes poñerte en contacto co BNG de Carnota no teléfono 696 121 758 ou no correo-e carnota@bng-galiza.org. O prazo para formular alegacións remata o 30 de setembro de 2010.
Etiquetas: , , , , , , , , ,

Hai 3 opinións.

  1. Caralho, agora seica o BNG é o partido dos promotores imobiliários. Viva o ladrilho!! Viva Carnota, a marbelha atlântica!!

    1º - Que é «estar afectado»? Não será «estar regulado»? Melhor o «deixar fazer», sem regras nem limitações, não é?

    2º - Tem Carnota planeamento municipal (Plano Geral de Ornenação Muninipal) ou «carta livre» via Normas Subsidiárias?

    3º - Em que parte do POL se diz que «não se consentirá a reabilitação e melhora»? O que igual não deixam é «reabilitar e melhorar» o chalet ilegal ou esse galpom que pouco a pouco se transforma em vivenda...

    4º - Quais são os prejuízos que ocasiona? Prejuízos aos especuladores?

    5º - O POL do PP é uma cagada, mas porque o BNG não aproveitou o governo no bipartito para aprovar outro, ou agora não apresenta um POL alternativo e simplesmente se limita a não querer nenhum POL?


    Vizinhos de Carnota, reclamai informação e políticas resposáveis, não vos deixeis manipular polos interesses económicos.

    ResponderExcluir
  2. 1, 2, 3, 4 e 5: Non tes nin puta idea.

    ResponderExcluir
  3. Non foi o BNG o que só se moveu para salvar o patrimonio dos especuladores (diso xa se encargaron outros), senón o único que se moveu para que os veciños saiban o que está en xogo e poidan coñecer e exercer os seus dereitos, por moito que lle pese a algúns.
    Polo demais, corríxeme se me equivoco, mais das a impresión de descoñecer por completo a realidade urbanística de Carnota como tamén a traxectoria do BNG de Carnota nesta materia, polo que tal vez sobran afirmacións tan taxativas. Un pouquiño máis de respeto e menos de soberbia, nº 1.

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: