AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

12/06/2010

Grupo en Facebook anima a apadriñar unha "fochanca" da estrada C-550 en San Mamede

As posibilidades que nos proporcionan as novas tecnoloxías non paran de sorprendernos. A coñecida rede social Facebook, na que xa contan con perfil centos de millóns de persoas en todo o mundo (e como non, tamén centos de veciñas e veciños do noso concello), ve nacer agora unha iniciativa para denunciar dunha forma moi divertida a desfeita da estrada comarcal C-550 ao seu paso pola parroquia de San Mamede de Carnota.

E é que a páxina titúlase "Apadriña unha fochanca da C-550 ao seu paso por San Mamede de Carnota", pola cal "á espera de que as autoridades competentes se decidan a arranxar esta estrada con aspecto de corredoira, bota a andar esta iniciativa solidaria de apadriñamento de fochancas", segundo proclaman os autores da denuncia anónima.

A orixinal iniciativa, que xa conta con máis de 250 padriños, conta cunha ilustrativa galería de imaxes onde se pode observar o aspecto lamentábel da estrada, que non só da unha imaxe terceiromundista do noso concello senón que pon en serio risco a integridade física das persoas que circulan pola principal vía de comunicación do noso municipio.

A veciñanza fai súa a petición de que as autoridades se poñan a traballar dunha vez por todas para solucionar este problema que cada día vai a peor. Mentras tanto, toca apadriñar fochancas.
Etiquetas: , , , , , ,

Hai unha opinión.

  1. Eu xa apadriñei a miña! Voulle chamar Gran Cráter de Oreiro.

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: