Un problema endémico na nosa comarca como é o do transporte público, do que tanto se fala nas tribunas políticas pero polo que tan pouco se leva feito, acaba de ver nacer unha das máis interesantes iniciativas ao respecto dos últimos anos; e o máis curioso é que non procede das institucións que mantemos entre todos os cidadáns para atallar as nosas problemáticas.
A idea xurde dunha colaboración entre o diario dixital Que pasa na Costa e a empresa Galinus; consiste nun intenso estudo durante 2 anos das liñas de autobuses en toda a nosa comarca, e que se ve agora reflectido en carteis ou paneis informativos que os responsábeis da iniciativa xa están a distribuir por Carnota e por toda a comarca, nos cales se representan desde liñas, paradas e tempos de viaxe ata deficiencias e irregularidades detectadas; como anécdota máis que ilustrativa, esa nota ao pe de certos roteiros da compañía Monbús, pois "os autobuses non adoitan saír".
Este proxecto orixinal e reivindicativo merece o agradecemento e os parabéns da veciñanza de Carnota, despois de 3 anos escoitando tan só palabras baleiras por parte do goberno municipal, e en especial da tenente-alcalde Marisol Piñeiro, suposta abandeirada durante este mandato dunha grave problemática na que nada se mellorou, e da que se deixou de falar desde que o PP de Alberto Núñez Feijóo accedeu á Xunta de Galiza, converténdose por certo a propia Marisol Piñeiro en deputada pola nosa comarca.
Con esta desidia por parte dos gobernantes, non pode extrañarnos o que aseguran os propios responsábeis do proxecto: cando os veciños os "cachan" instalando os carteles, comentan a súa sorpresa porque "teñades que ser vós os que poñades os horarios".
Nesta enlace está á vosa disposición o cartel (PDF, 4 MB) para que quen o desexe poida imprimilo para usar ou difundir.
- Portada
- A Moa
- Última
- Arquivo
- A Moa1 (feb/96)
- A Moa2 (abr/96)
- A Moa3 (xul/96)
- A Moa4 (out/96)
- A Moa5 (dec/96)
- A Moa6 (abr/96)
- A Moa7 (xul/96)
- A Moa8 (out/97)
- A Moa9 (nov/97)
- A Moa10 (dec/97)
- A Moa11 (mar/98)
- A Moa12 (ago/98)
- A Moa13 (nov/98)
- A Moa14 (xan/99)
- A Moa15 (mar/99)
- A Moa16 (mai/99)
- A Moa17 (mar/00)
- A Moa18 (nad/01)
- A Moa19 (mai/03)
- A Moa20 (pri/04)
- A Moa21 (pri/04)
- A Moa22 (inv/05)
- A Moa23 (pri/07)
- A Moa24 (pri/08)
- A Moa25 (pri/08)
- A Moa26 (pri/08)
- A Moa27 (ver/08)
- A Moa28 (inv/08)
- A Moa29 (EG2009)
- A Moa30 (out/10)
- A Moa31 (pri/10)
- A Moa32 (ver/10)
- A Moa33 (ver/13)
- A Moa34 (EM2015)
- A Moa35 (set/18)
- A Moa36 (EM2019)
- A Moa36 (ver/19)
- A Moa37 (pri/22)
- A Moa38 (pri/23)
- Novas
- Por localidade
- Por temática
- Actualidade municipal
- Asuntos sociais
- Calamidade
- Comarca
- Comunicado
- Costa
- Cultura
- Debate
- Deporte
- Deputación
- Economía
- Emprego
- Ensino
- Estado
- Estudos
- Goberno
- Industria
- Lecer
- Medio ambiente
- Mocidade
- Muller
- Nacional
- Obras
- Opinión
- Orgánica do BNG
- Patrimonio
- Pesca
- Pleno
- Programa
- Proxectos
- Redes
- Sanidade
- Servizos públicos
- Turismo
- Urbanismo
- Xunta
- Eleccións
- Galiza Nova
- Nós
A verdá é que é bonito :-)
ResponderExcluir