Informamos a toda a veciñanza da convocatoria dun pleno extraordinario no Concello de Carnota, que vai ter lugar mañá 14 de maio ás 13:30 horas, e como único punto na orde do dia o da a aprobación dos últimos Orzamentos deste mandato municipal.
No medio de numerosos despidos de traballadores municipais, da nefasta xestión de proxectos e recursos, cun endebedamento histórico do Concello malia o cal segue a manter os seus estratosféricos salarios de carácter político, o goberno municipal volve a tratar de neutralizar a presenza veciñal e dos medios convocando o pleno a uns horarios absurdos, en canto os plenos nos que se debaten cuestións menores si os convoca a uns horarios máis asequíbeis.
En todo caso, desde o BNG pedímoslle á veciñanza que faga un esforzo por asistir a esta sesión.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!