AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

25/05/2010

Carnota é o concello de Galiza máis gravemente afectado polo Plan de Ordenación do Litoral


Silencio escandaloso do goberno municipal do PP ao respecto

O pasado sábado o BNG de Carnota e varios portavoces veciñais reuníronse no Pindo co deputado nacionalista na Deputación de Pontevedra e experto na materia César Mosquera, para analisar os prexuízos extremos que implicará o novo Plan de Ordenación Litoral (POL) para os e as residentes no noso concello e as súas propiedades.

A análise da reunión serviunos tamén para descubrir o oscurantismo co que o PP está a tramitar a norma, alcanzando no noso concello dimensións de silencio escandaloso, xa que nin alcalde nin outro membro do goberno fixeron unha soa alusión pública ao proxecto, malia ser Carnota o concello galego máis afectado pola nova norma.

Máis de mil vivendas das veciñas e veciños de Carnota, arredor da metade das existentes, van quedar gravemente afectadas, asi como o 90% do chan urbanizábel, se chega a aprobarse este Plan nos termos previstos na actualidade.

Sobre as consecuencias desta normativa sobre esas vivendas, pódese resumir explicando que o POL é tan restrictivo como a xa coñecida Lei de Costas: porá impedimentos á hora de facer calquera tipo de reforma (nin sequera consintirá obras de rehabilitación e mellora) e o que é máis grave, impedirá totalmente a nova construcción nas zonas afectadas.

Con carácter xeral quedará prohibida toda nova edificación entre a estrada C-550 e a liña de costa, asi como da mesma estrada cara o interior, alí onde o POL non recoñeza a existencia dun núcleo consolidado; isto só acontece en casos excepcionais, ao non terse en conta en moitos casos sequera a antigüidade secular de moitas edificacións nin tampouco que respectaran as disposicións legais do momento da súa construción.

A maiores de tales restricións estabelécense sobre o mapa corredores ecolóxicos e "zonas forestais" que atravesan literalmente núcleos habitados desde hai centos de anos, e que pasarían a ter a mesma afectación urbanística que zonas afectadas por Costas, xerando un incertidume veciñal imperdoábel, asi coma a ameaza de futuras expropiacións ou demolicións nos centos de vivendas e propiedades que van quedar afectadas.

Todo indica que este Plan, como xa ten pasado en recurrentes ocasións en temas como pesca, medioambiente ou obras, volve a pecar de estar deseñado desde os despachos da cidade e de espaldas á realidade veciñal. E o que é máis grave, que se está tramitando "polo baixo" e sen proxección mediática ou política de ningún tipo.

A continuación podedes ver o documento, e descargar ao voso ordenador o POL por zonas.
Lenda: En marrón, as edificacións que se respectarán. En laranxa, as dubidosas. En gris claro, aquelas que quedan afectadas. En gris escuro, as afectadas cun tratamento especial.

Etiquetas: , , , , , , , , ,

Hai 4 opinións.

  1. Estou de acordo coa necesidade de informar sobre o POL e como nos afectará nos distintos lugares do concello, grazas por facilitar o aceso ao documento.Unha vez dito esto, a información ten que ser rigurosa, e non alarmista. A min pareceme que o artigo peca de alarmismo, exemplo "a ameaza de futuras expropiacións ou demolicións nos centos de vivendas e propiedades que van a quedar afectadas" De onde sacades afirmacións tanrotundas."Máis de mil vivendas das veciñas e veciños de Carnota, arredor da metade das existentes, van quedar gravemente afectadas, asi como o 90% do chan urbanizábel, se chega a aprobarse este Plan nos termos previstos na actualidade".Afectadas en que sentido, que se quere dicir conque van a quedar afectadas? En fin grazas de novo pola información pero tamén o menos alarmismo. Por certo Fai falla un Plan Ordenación Litoral ou non? Que POL proporia o BNG e cales serian as principais diferenzas respecto a este? Pode haber algún POL que non sexa restritivo? "Sobre as consecuencias desta normativa sobre esas vivendas, pódese resumir explicando que o POL é tan restrictivo como a xa coñecida Lei de Costas". Eu penso que o que non pode ser e o de "TI VAI FACENDO" Grazas.

    ResponderExcluir
  2. O articulo resume bastante ben en que medida quedan afectadas. Tendo en conta que o plan é provisional, se se aproba tal como está significaría que NADA MÁIS se podería facer nesas casas afectadas, nin sequera rehabilitar. O plan so permitiría tareas basicas de mantenimiento.
    De construir algo novo nas zonas afectadas xa nada. E o articulo para nada me parece alarmista, simplemente ven a decir que este plan abriria as portas a demolicions ou expropiacions, o cal é verdade porque esas casas pasaran a estar fora de ordenacion.
    Como dixo cesar na reunion, cando se aprobara o Plan do Litoral no ano 1988 a moitos parecialle unha fantasia e incluso unha locura que se foran tirar casas afectadas, sin embargo hoxe estamos vendo que moitas xa se estan tirando, e non falo de mansions ou adosados na plaia senon casas de particulares que levan 20 anos de pe.
    Estou de acordo en que non se pode permitir nunca mais eso de "ti vai fasendo", pero este plan asusta porque a quen mais perjudica, polo menos en carnota, é os veciños, moitas casas que levan toda a vida e que nin lle van permitir poñer un teito novo, abrir unha porta ou ventana, etc.
    E non se trata de provocar sinon de informar, eu estuven nesa reunion no pindo e para nada fui catastrofista nin "politica" no mal sentido da palabra sinon mui clara e explicativa para que todos puideramos entender o que se esta cociñando, viase que o home (Cesar) entendia do que falaba e que non viña ali para camelar a ninguen.
    un saludo!

    ResponderExcluir
  3. PD e perdonade por meterme onde non me chaman, pero como veciño afectado quedei preocupado e non so polo que me toca sinon porque vexo que nos estan colando este asunto pola porta de atras e casi ninguen sabe nada porque a alguns gustalle estar todo o dia na prensa por chorradas como que unhas caravanas veñen merendar a Lombans ou que o concello vai levar os vellos a velo Luar pero deste asunto tan importante para o noso futuro non din nada.
    Alguen liu algo desto na prensa? eu polo menos non, hasta que me chamaron a ese acto do Bng non sabia nin que existia e de repente que a miña casa era unha das centas afectadas, non falamos de catro casiñas feitas a pillada sinon de unha autentica burrada. Gracias o Bng porque polo menos enteramonos, ojala consigan informar a moitos mais porque digovos que a maioria da xente non ten nin idea.

    ResponderExcluir
  4. Caralho, agora seica o BNG é o partido dos promotores imobiliários. Viva o ladrilho!! Viva Carnota, a marbelha atlântica!!

    1º - Que é «estar afectado»? Não será «estar regulado»? Melhor o «deixar fazer», sem regras nem limitações, não é?

    2º - Tem Carnota planeamento municipal (Plano Geral de Ornenação Muninipal) ou «carta livre» via Normas Subsidiárias?

    3º - Em que parte do POL se diz que «não se consentirá a reabilitação e melhora»? O que igual não deixam é «reabilitar e melhorar» o chalet ilegal ou esse galpom que pouco a pouco se transforma em vivenda...

    4º - Quais são os prejuízos que ocasiona? Prejuízos aos especuladores?

    5º - O POL do PP é uma cagada, mas porque o BNG não aproveitou o governo no bipartito para aprovar outro, ou agora não apresenta um POL alternativo e simplesmente se limita a não querer nenhum POL?


    Vizinhos de Carnota, reclamai informação e políticas resposáveis, não vos deixeis manipular polos interesses económicos.

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: