Pírricos, por non dicir de risa. Só asi poden calificar os veciños e as veciñas de Carnota o "paquete de investimentos" que o PP galego anunciou recentemente para o noso municipio, e que tentaron vender na prensa a bombo e platillo.
O máis rechamante, o arranxo da estrada de Muros a Cee, que se ben é necesario, non parece precisamente algo digno de considerar investimento estrela dunha lexislatura municipal á que, por certo, lle resta un ano para rematar. Tampouco parece moi intelixente anunciar como logro do PP nun municipio o asfaltado dunha estrada, que ademais pasa por catro concellos gobernados por catro partidos políticos diferentes: outro síntoma de que viñeron a Carnota facer o paripé, a ver se colaba. Algún aínda debe seguir pensando que as eleccións se gañan botando un pouco de piche.
É máis, todos os demais investimentos no noso concello resúmense a "estudios" para uns arranxos nos portos de Lira e do Pindo, asi como "melloras" na Igrexa do Pindo. As restantes mencións parecen unicamente destinadas a encher o párrafo da nota de prensa: "axudas" contra o furtivismo ou mesmo para material escolar (despois de que nada máis acceder á Xunta o PP eliminara a gratuidade universal dos libros de texto, estabelecida polo anterior goberno autonómico). Como guinda, o PP menciona de novo a Casa da Cultura (que xa figuraba no programa electoral do BNG no 2007), para a cal non se recolleu nin unha soa dotación nos Orzamentos deste goberno, que xa son os definitivos para esta lexislatura municipal.
As veciñas e veciños de Carnota só poden sentir decepción polo chasco que supuxo esta representación mediática, e especialmente despois de utilizar o noso concello como escenario. O propio Carlos Negreira (eterno aspirante frustrado do PP á alcaldía coruñesa) asegurou que se trata de cuestións "menores en contía inversora"; unha afirmación que resulta un pouco chocante despois de desprazar a Carnota toda a súa parafernalia mediática: o presidente provincial do PP, o novo dirixente de Portos de Galicia, dous deputados autonómicos e case todos os alcaldes do PP do entorno. Se para vender un pouco de asfalto, un moito de fume e ningunha cifra precisan tantos comerciais, que traerán o día que teñan algún proxecto relevante... van saltar os quitamedos ao seu paso.
A todo isto, algo interesante si se presentou nesta reunión: a construción en Muros dun porto deportivo cifrado (esta vez si) en 4,6 millones de euros de investimento. Muros, concello veciño gobernado polo BNG.
O BNG de Carnota seguirá a esixir proxectos serios para revitalizar o noso concello, como é un Plan Director de Infraestructuras que sirva para priorizar os investimentos nas necesidades máis apremiantes da nosa veciñanza, asi como substituir a estratexia caciquil de colocación por un Plano de Emprego consensuado que atalle o drama do paro, despoboamento e emigración que volve estar tan vixente hoxe como estivo en etapas que críamos superadas. Asi mesmo, non se pode entender que un concello de apenas 5.000 habitantes (e descendendo) manteña uns salarios desorbitados ata a 3 políticos do PP, nun contexto de crise global e coas contas do concello retidas polos impagos. Podémolo dicir máis alto, pero non máis claro: a que esperan no PP de Carnota para poñer os pes no chan?
- Portada
- A Moa
- Última
- Arquivo
- A Moa1 (feb/96)
- A Moa2 (abr/96)
- A Moa3 (xul/96)
- A Moa4 (out/96)
- A Moa5 (dec/96)
- A Moa6 (abr/96)
- A Moa7 (xul/96)
- A Moa8 (out/97)
- A Moa9 (nov/97)
- A Moa10 (dec/97)
- A Moa11 (mar/98)
- A Moa12 (ago/98)
- A Moa13 (nov/98)
- A Moa14 (xan/99)
- A Moa15 (mar/99)
- A Moa16 (mai/99)
- A Moa17 (mar/00)
- A Moa18 (nad/01)
- A Moa19 (mai/03)
- A Moa20 (pri/04)
- A Moa21 (pri/04)
- A Moa22 (inv/05)
- A Moa23 (pri/07)
- A Moa24 (pri/08)
- A Moa25 (pri/08)
- A Moa26 (pri/08)
- A Moa27 (ver/08)
- A Moa28 (inv/08)
- A Moa29 (EG2009)
- A Moa30 (out/10)
- A Moa31 (pri/10)
- A Moa32 (ver/10)
- A Moa33 (ver/13)
- A Moa34 (EM2015)
- A Moa35 (set/18)
- A Moa36 (EM2019)
- A Moa36 (ver/19)
- A Moa37 (pri/22)
- A Moa38 (pri/23)
- Novas
- Por localidade
- Por temática
- Actualidade municipal
- Asuntos sociais
- Calamidade
- Comarca
- Comunicado
- Costa
- Cultura
- Debate
- Deporte
- Deputación
- Economía
- Emprego
- Ensino
- Estado
- Estudos
- Goberno
- Industria
- Lecer
- Medio ambiente
- Mocidade
- Muller
- Nacional
- Obras
- Opinión
- Orgánica do BNG
- Patrimonio
- Pesca
- Pleno
- Programa
- Proxectos
- Redes
- Sanidade
- Servizos públicos
- Turismo
- Urbanismo
- Xunta
- Eleccións
- Galiza Nova
- Nós
Serán istas as axudas do PP contra o furtivismo???
ResponderExcluirhttp://www.vieiros.com/nova/79230/a-xunta-reconece-que-subvenciona-unha-empresa-implicada-na-pesca-ilegal
NOn ter nin vergoña, é o que ten.
ResponderExcluirEstannos botando a pedir. Por favor, que chegue o ano que ven e remate este pesadelo dunha vez. OREIRO, VAI PA CASA.
ResponderExcluir