"Cando o PP falaba de recortes, referíase a isto?"
A política laboral desaprensiva do actual goberno municipal de Carnota xa lle supuxo ao noso municipio máis de 50.000 euros en despidos de traballadores municipais.
Entre eles figura o traballador da brigada de obras despedido de xeito improcedente e co que chegaron a un acordo na mesma porta do xulgado para que renunciara a seguir adiante co procedemento. Este acordo supúxolle ás arcas municipais 10.000 euros e máis os custos xudiciais, como menor dos males.
Noutro caso, o despedido foi o conductor do tractor municipal ao que tiveron que readmir, co conseguinte custo e perda de servizo.
Á traballadora de limpeza do Centro de Saúde do Pindo percibeu este mesmo mes máis de 9.000 euros dos que aínda quedan pendentes os intereses-, e o Concello tamén tivo que asumir os custos xudiciais. A situación chega ao extremo de que a esta traballadora xa é a segunda vez que a despiden e indemnizan os mesmos actores; a primeira vez foi na anterior etapa na que o PP obstentou a alcaldía de Carnota (1995-1999), grazas á pinza cunha efémera agrupación "independente".
A responsábel de actividades culturais e consumo do Concello tamén tivo que ser indemnizada con máis de 17.000 euros -pendentes tamén quedan o cobro dos intereses- despois de gañar o xuízo e tras ser rexeitado un recurso do goberno municipal. Tal foi a situación de acoso e derribo a esta traballadora que mesmo rexeitou pular xudicialmente porque lle recoñeceran o despido nulo, que conlevaría a readmisión inmediata e o abono dos salarios deixados de percibir desde a data do despido. Tamén neste caso o goberno de Carnota foi condenado ao pago dos custos xudiciais.
Esta persecución laboral supón un novo ataque a profesionais de demostrada capacidade ao servizo dos seus veciños; pero sobre todo é un duro golpe ás finanzas municipais, e como consecuencia aos petos da veciñanza de Carnota, no momento social e económico menos oportuno.
Novas relacionadas
- Os despidos políticos de Carnota pagámolos todos e todas (A Moa nº 30)
- O goberno de Carnota responde á crise dilapidando personal e recursos
- Carta aberta de Carmen Mendoza á veciñanza de Carnota
O señor Oreiro débese sentir realmente poderoso xogando asi coa vida da xente e as súas familias.
ResponderExcluirBen caro lle sae cada tixereitazo... pero como do bolsillo del non sale si non que entra...
ResponderExcluirAtención a esta viñeta: http://noincineraciontenerife.com/album/images_noticias/chistes/lopez.gif
ResponderExcluirParece tal cual feita para Carnota.
Outra mais http://4.bp.blogspot.com/_fMrXQiiaDKo/SdX5VDLkymI/AAAAAAAAAMo/DCzyMbZb6XE/s400/despidos.jpg
ResponderExcluirHoxe sae na Voz Oreiro queixándose da sangria que supón ó concello o gasto do alumeado público,e que hai máis farolas en Boiro con 17000 habitantes que en Carnota.
ResponderExcluirPero non fala da sangría que lle supuxo os despidos, e moito menos do soldo que ten el como alcalde comparado con calquera outro rexedor de moitos miles máis de habitantes ca Carnota. Que jeta ten! E incrible.
Perdón, son o mesmo de arriba! Era máis farolas en Carnota que en Boiro que ten 17000 habitantes.
ResponderExcluirOs habitantes a este home vanlle ben para medir según que cousa, para comparar soldos con outro calquera alcalde non sae na prensa comparando.
O que faltaba, ademais de incompetente, explotador dos seus propios veciños. Monta un taller de costura Oreiro, ali podes machacar igual os traballadores e non che queda tan grande como un Concello
ResponderExcluirCONCELLO DE OUTES REGALA 20,220 EUROS A UNA ASOCIACION DE BUENOS AIRES, ARGENTINA
ResponderExcluirEn las eleciones municipales del 27 de Mayo de 2007 se descubrio que el 7 de Agosto de 2006, el Concello de Outes hizo una subvension de 20,220 euros a una " Asociacion Civil de Buenos Aires, Argentina " y parece que no es la primera vez que el alcalde CARLOS ENRIQUE LOPEZ CRESPO (PP) hace estas subvensiones a esta "Asociacion Civil" con el dinero del Concello.
Durante un debate electoral en TV-Barbanza el alcalde CARLOS ENRIQUE LOPEZ CRESPO se puso muy nervioso cuando le tocaron en el tema que vivia en Outes pero estava "Invertiendo" fuera del Concello".
Como el Alcalde destina una cantidad de 20,220 euros del Concello de Outes para otro pais- Argentina? Esto no tiene explicacion....y menos explicacion tiene el BNG-Outes no hacer nada con esto....
Esto se habria de investigar...
Para ver la noticia en mas detalle ir a http://webvella.bng-galiza.org/galeuscat pulse ligazons, pulse outes [+] , pulse outros