AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

28/05/2009

863 voces silenciadas

Os concelleiros do Grupo Municipal do BNG de Carnota compareceron hoxe no pleno extraordinario municipal portando camisolas co texto "863 voces silenciadas" (en referencia aos votos que obtivo o BNG nas últimas eleccións municipais) e as bocas tapadas con esparadrapo coas siglas "PP", sendo ao pouco tempo expulsados polo alcalde José Oreiro, tal e como acontecera no último pleno da vergoña.

O BNG protestou deste xeito polo recurte das liberdades democráticas na vida política de Carnota desde que o PP accedeu ao poder: Negativa absoluta a facilitar todo tipo de documentación da entidade local, obstaculización das mocións e propostas do BNG, redución dos plenos ordinarios ata rozar a ilegalidade, incremento das sesións extraordinarias (onde non se permite á oposición presentar mocións nin rogos e preguntas), e por último a expulsión dos concelleiros do BNG do pasado pleno ordinario por difundir entre a veciñanza datos recollidos literalmente da proposta orzamentaria municipal para o 2009, un documento que é oficial e público.

En efecto, o BNG interpreta estes gravísimos feitos como unha demostración do despotismo do goberno municipal do PP (co silencio cómprice do PSOE) contra os tres concelleiros do BNG, e o que é máis grave, contra os 863 veciños que avalaron nas urnas o noso proxecto e aos que representamos estemos no goberno ou na oposición. Se nos calan a nós cálanos a eles.


Etiquetas: , ,

Hai 9 opinións.

  1. Incrible!!!!
    The show must go on......Desdemocracia!!!!!!

    ResponderExcluir
  2. Solidarízome cos veciños carnotáns que sofren a este impresentable do pp.

    ResponderExcluir
  3. Este aínda é peor que o común do PP (que xa é desir), ademais de ladrón antidemócrata.

    ResponderExcluir
  4. Algo fariades tendo en conta que o pobo soberano non quixo un alcalde do bng nas ultimas eleccions. Catro anos xa foron moito. Nas proximas hanvos botar todos os viciños, pero con b

    ResponderExcluir
  5. Ánimo, que falta fai29/05/2009, 22:21

    Por sorte o sentir do anónimo anterior non é o sentir maioritario. Porque a maioría síntese enganada por tanta falsa promesa, porque prometer Oreiro prometeu ata darlle choio aos gatos.

    Agora xa se ve o que había: tres patrocinadores con cartos, un candidato sen escrúpulos e centos de veciños enganados para que votaran unha soberana MENTIRA e que agora están indignados porque Carnota leve 2 anos hipotecado para pagar favores e salarios de peperos.

    O BNG vai volver a gobernar, todo o mundo o sabe (menos os que siguen vivindo na caverna PePera). Eu só espero que non tropecen no furado en que vai quedar convertido o concello de Carnota, porque está ben claro quen defende os veciños e quen defende unicamente os cartos que rouban.

    A todo isto, alguén sabe onde está o PSOE?

    ResponderExcluir
  6. Dios che oia.
    O PSOE? Pois anda por aí, existindo.

    ResponderExcluir
  7. O que pasa en Carnota non pasa en ningún lado.
    ImPPresentables!
    Dádelle caña!

    ResponderExcluir
  8. Oreiro xa conseguiu o que quería, pode falar el só, amedrentando os veciños, expulsando o BNG, deixando andar o PSOE e dandolle palmadiñas na espalda ó seu comité de mudos e chuPoPteros. A doma e castración de Carnota xa está completa.

    ResponderExcluir
  9. Longa noite de pedra... canto falta para as eleccions?

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: