1. Plan provincial especial de parques infantís (hai case un mes que se sabe disto)
2. Anulación do Pleno de 21-12-2007 (hai dous anos que se sabe disto).
3. Fondo Estatal de Investimento Local (hai mes e medio que saben disto)
Consideramos que ningún dos puntos xustifica o carácter extraordinario do pleno. Pero isto non é o máis grave:
· O alcalde estaba obrigado a convocar un Pleno Ordinario o día 2 de xaneiro e non o fixo, incumprindo o seu propio mandato no comezo da lexislatura.En definitiva, o alcalde de Carnota está a incurrir en sucesivas irregularidades administrativas e de déficit democrático, que xa denunciamos en repetidas ocasións ao longo da lexislatura, e polo visto segue nas mesmas. O grupo municipal do BNG de Carnota non está disposto a participar no circo no que se está a converter o concello de Carnota e anuncia que se vai ausentar do Pleno de hoxe.
· O BNG de Carnota presentou unha moción o día 12 de decembro de 2008 relativa ao Fondo Estatal de Investimento Local, e o alcalde non o incorpora á orde do día.
· Posibelmente o investimento máis importante de todo o período 2009 (e cecáis de toda a lexislatura), o Fondo Estatal de Investimento Local, xa foi aprobado en Xunta de Goberno Local, sen ter en conta para nada a oposición, levando ao Pleno un feito consumado para facer o paripé.
· Despois de dous anos e de media ducia de recursos vense obrigados a anular o acordo plenario de estudo de detalle dunha urbanización (onde o aserradoiro de Argimiro) para evitar danos maiores. Dito doutro xeito, estiveron defendendo durante dous anos unha urbanización ilegal e agora quéimalle nas mans e teñen que anular o seu propio acordo.
*Fé de erratas: Por un erro de transcrición nun principio falábase nesta nova dun Pleno Extraordinario Urxente.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!