AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

04/12/2008

«Cámbiase traballador de Carnota por un de fóra, custe o que custe»

Se os seis primeiros meses desta lexislatura do PP de Carnota se caracterizaron pola perda de servizos fundamentais (Galescola, Escolas de Informática, Escola de Idiomas, redución do servizo de axuda a domicilio…), este último ano caracterizouse pola creación de novos impostos como os das taxas polos servizos administrativos (fotocopias, compulsas, certificacións…), o cobro do servizo de axuda a domicilio, etc. Isto debeuse a unha clarísima e absoluta falta de xestión do equipo de goberno do PP, motivada pola acción de goberno errática que está marcando a lexislatura.

Pero ademais, outro factor que influiu extremadamente na crítica situación que vive o concello de Carnota foi a substitución de personal residente no noso municipio (e para cuxos salarios se dispoñian de axudas) por traballadores alleos contratados directamente, o que ademais aumentou moi significativamente os gastos municipais nese concepto. Para que vos fagades unha idea, estas son as cifras:

CONTRATADOS POLO PP
(Todos de fóra do concello)

DESPEDIDOS POLO PP
(Todos veciños do concello cualificados)

  1. Animadora cultural
  2. Técnico de deportes
  3. Profesor Educación de adultos
  4. Electricista
  5. Periodista actualizador da web
  6. Administrativa de apoio á alcaldía
  7. Membro da cadrilla de obras
  8. Profesor de baile

1. Animadora cultural
2. Técnico de deportes
3. Profesora Educ. de adultos
4. Técnica informática
5. Técnica informática
6. Coidadora maiores
7. Técnica de Norm. Lingüística
8. Técnica de Cultura
9. Administrativa

Custo total aprox. para as arcas municipais: 150.000 € / 25 millóns de ptas. (Só nos consta un subvencionado)

Custo total aprox. para as arcas municipais: 10.000 € / 1,7 millóns de ptas (Todos subvencionados)


Isto é o que nós chamamos xestión da crise: Despedir personal perfectamente cualificado (veciños, para máis señas) e contratar a xente de fóra por dez veces máis do que cobraban os de antes, soldos que ademais sufragaban na práctica totalidade outras administracións grazas aos moitos acordos acadados para iso nas lexislaturas anteriores. E iso por non falar das novas contratacións de -cando menos- dubidosa necesidade nos tempos que corren, das que xa falaremos ao seu debido tempo. Está claro que actuando deste xeito teñen que aparecer problemas económicos pola forza.

As cifras cantan por sí soas, sobran máis palabras. Só vos imos convidar a facer unha pequena reflexión: Será que en Carnota non hai personal técnico cualificado, que hai que ir buscalo fóra do concello custe o que custe?



Etiquetas: , , , , , ,

Hai 7 opinións.

  1. Teño que decir que non foron despidos, simplemente non renovaron contratos. Estaban todos subvencionados menos dúas...creo.

    ResponderExcluir
  2. A ver, todo fin de contrato é considerado despido, outra cousa é que sexa declarado procedente, improcedente ou nulo, pero son despidos en todo caso.

    ResponderExcluir
  3. Un periodista? Un profesor de baile? En que mundo vive vostede, señor Oreiro?

    ResponderExcluir
  4. O que faltaba, Oreiro traicionando os seus propios veciños para colocar a xente de fóra, este home debe deber favores ata na Luna!

    ResponderExcluir
  5. Que ninguén se extrañe se algún ex-conselleiro de Fraga acaba sendo contratado para levarlle os cafés a o señor Alcalde de Carnota xD xD xD

    ResponderExcluir
  6. Deixo aqui duas preguntas que lle fixen ao señor Alcalde Jose Oreiro no seu "blog" pero que dudo que se digne a respondelas. Como sei que le esto, aqui llas deixo tamén, a ver se por insistencia:

    1º. Canto tempo pensa seguir pregoando "a súa ruina" en vez de dedicarse a traballar polo concello que goberna?
    2ª. Por que cada vez que se reune con veciños para pregoarlle "a sua ruina" a débeda da que fala aumenta en varios centos de miles de euros con respecto á cifra que dera na reunión anterior?

    Grazas.

    ResponderExcluir
  7. É o que hai, Oreiro está demasiado ocupado botando aos veciños do concello como para respostar as vosas preguntas. "O teu alcalde fala" pero só cos ue lle convén.

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: