Só un ano despois de que o BNG de Carnota dera conseguido unha bandeira azul da que as praias do noso concello levaban tempo privadas, o novo goberno municipal xa perdeu este coñecido recoñecemento europeo á calidade dos areeiros.
Galiza cedeu este ano o distintivo en 18 das súas praias, pese ao cal segue a ser un líder europeo en número de bandeiras azuis ondeando cada verán. Porén a situación en Carnota tórnase, unha vez máis, en dantesca grazas á actitude do equipo de goberno municipal e o seu non-alcalde José Oreiro.
Na praia de Mar de Lira, durante o ano enteiro de vixencia da súa bandeira azul, a insignia non chegou sequera a pendurarse no mastro habilitado durante a anterior lexislatura a tal efecto. A causa desta situación inaudita foi que para facerse efectivo o distintivo a praia debía estar vixiada por un socorrista cualificado.
Sobra dicir que non foi esa a aptitude "máis valorada" por este goberno, pois rexeitaron a principios do verán de 2007 a única candidata capacitada para salvar vidas que se ofrecera e contrataron a unha persoa non preparada. Logo, cando descubriron que sen socorrista cualificado non podían pendurar a bandeira, membros do goberno andiveron peregrinando polos concellos da redonda na procura de alguén, mais nese momento xa todos os socorristas estaban ocupados, co que se chegou ao avergonzante final coñecido por todos: O verán pasou e os usuarios da praia de Mar de Lira non chegaron nin a vislumbrar a bandeira azul que se dera conseguido cos esforzos de todos.
Ademais, se o ano pasado había boas posibilidades de acadar dúas bandeiras azuis máis (a de Boca do Río e a de San Pedro no Pindo) este ano non temos constancia nin de que chegaran a solicitalas.
Iso si, o goberno municipal anunciou na prensa que renunciaba a destinar os fondos do Plan de Cooperación para a contratación de socorristas, pois contrataría 5 socorristas a cargo do concello para controlar 3 praias e así poder destinar os fondos do dito Plano a outros servizos. Só unha semana despois, outro medio de comunicación alertou de que nos 42 quilómetros de costa de Carnota só unha praia está vixiada.
Parece acaído calificar de comedia a este novo episodio de idas e vindas deste goberno municipal, de non ser porque nesta ocasión estase a poñer en risco as vidas de miles de persoas que cada día do verán conflúen nos nosos -por outra parte- marabillosos areeiros. Este goberno, unha vez máis, di facer, mais á hora da verdade só se acaba por traducilo na perda doutro servizo, e en pouco máis dun ano xa nos costa levar a conta dos que eliminaron.
- Portada
- A Moa
- Última
- Arquivo
- A Moa1 (feb/96)
- A Moa2 (abr/96)
- A Moa3 (xul/96)
- A Moa4 (out/96)
- A Moa5 (dec/96)
- A Moa6 (abr/96)
- A Moa7 (xul/96)
- A Moa8 (out/97)
- A Moa9 (nov/97)
- A Moa10 (dec/97)
- A Moa11 (mar/98)
- A Moa12 (ago/98)
- A Moa13 (nov/98)
- A Moa14 (xan/99)
- A Moa15 (mar/99)
- A Moa16 (mai/99)
- A Moa17 (mar/00)
- A Moa18 (nad/01)
- A Moa19 (mai/03)
- A Moa20 (pri/04)
- A Moa21 (pri/04)
- A Moa22 (inv/05)
- A Moa23 (pri/07)
- A Moa24 (pri/08)
- A Moa25 (pri/08)
- A Moa26 (pri/08)
- A Moa27 (ver/08)
- A Moa28 (inv/08)
- A Moa29 (EG2009)
- A Moa30 (out/10)
- A Moa31 (pri/10)
- A Moa32 (ver/10)
- A Moa33 (ver/13)
- A Moa34 (EM2015)
- A Moa35 (set/18)
- A Moa36 (EM2019)
- A Moa36 (ver/19)
- A Moa37 (pri/22)
- A Moa38 (pri/23)
- Novas
- Por localidade
- Por temática
- Actualidade municipal
- Asuntos sociais
- Calamidade
- Comarca
- Comunicado
- Costa
- Cultura
- Debate
- Deporte
- Deputación
- Economía
- Emprego
- Ensino
- Estado
- Estudos
- Goberno
- Industria
- Lecer
- Medio ambiente
- Mocidade
- Muller
- Nacional
- Obras
- Opinión
- Orgánica do BNG
- Patrimonio
- Pesca
- Pleno
- Programa
- Proxectos
- Redes
- Sanidade
- Servizos públicos
- Turismo
- Urbanismo
- Xunta
- Eleccións
- Galiza Nova
- Nós
Queremos facer un chamamento a todos os veciños e visitantes para que nos comuniquen nos comentarios desta nova ou ben a través do noso correo electrónico (carnota[arroba]bng-galiza[punto]org) calquera variación a respecto da información que referimos neste artigo.
ResponderExcluirUn saúdo.
Había que facer unha porra das cousas que o PP vai conseguir facer ben nos 3 anos que lle quedan no goberno: ¿¿¿CERO, MEDIA OU UNHA???
ResponderExcluir¡¡¡¡Fagan as súas apostas damas e cabaleiros, vai estar reñido!!!!!
Estes crápulas andan máis preocupados da banderita da selección española que de xestionar o municipio, por eso non lles importa perder outro tipo de bandeiras, ainda que sea a azul que polo menos vale para algo.
ResponderExcluirPara que iban conseguir a bandeira azul se total non teñen cartos para pagala? O mesmo podemos decir dos socorristas, se a Diputación lle ofrece cartos para contratalos pois empléanse para outros tejemanejes que eles consideren oportunos, como andar poñendolle cuartos de baño sin agua a algunha iglesia por ahi, ahi si que están ben empleados os cartos de todos e non en galescolas e chorradas asi que non lle interesan a ninguén.
ResponderExcluir