AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

10/06/2008

Se as eleccións se celebraran hoxe o BNG obtería a alcaldía de Carnota cos mesmos votos

Tan mínima foi a marxe da victoria do PP nas pasadas eleccións municipais, que só un ano despois o PP de Carnota perdería a maioría absoluta aínda que os resultados arroxados por unhas hipotéticas eleccións locais fosen idénticos aos conseguidos polas distintas forzas en maio do 2007.

Nas pasadas municipais o BNG obtivo 863 votos, por 1589 do Partido Popular e 811 do Partido Socialista. Daquela, só as cábalas numéricas ás que da lugar a Lei d'Hont deron ao PP a maioría necesaria para conformar goberno, a pesar de ter bastantes menos votos que a suma de BNG e PSOE, formacións que ata aquela substentaran o goberno.

O motivo deste cambio no equilibrio de forzas é que a día de hoxe o censo do concello de Carnota xa non chega aos cinco mil habitantes, polo que en lugar de disputárense 13 asentos na corporación municipal coma antes, pasarían a estar en xogo 11. E precisamente sería o PP o que cedería eses 2 escanos, polo que esta variación traduciríase en 5 concelleiros para o PP, 3 para o BNG e outros 3 para o PSOE. Isto levaría ao PP á oposición, sempre e cando a coalición BNG-PSOE se repetira.

Agora o gran interrogante é o prezo que xa están a pagar e van seguir pagando os nosos veciños por mor da casualidade numérica que sentou ao PP no timón de Carnota en maio de 2007, en termos de perda de servizos, redución drástica de todos os investimentos, imposición de novas taxas aos veciños, supresión de proxectos e case duplicación do investimento en gasto político.

Ademais, xa e como vimos reiterando, de proseguir na súa actitude de aillarse voluntariamente das restantes administracións, coa súa renuncia inxustificada a todo tipo de subvencións e proxectos, e co despilfarro de recursos públicos en salarios políticos e en favores a «achegados», en pouco tempo Carnota verase irrevocábelmente sumida nunha situación financieira tan catastrófica como a que xa herdou o BNG no ano 1999 dos mesmos que hoxe gobernan, e que nos levou a práctica totalidade das conseguintes lexislaturas dar minimamente corrixido.
Etiquetas: , , , , , , ,

Hai 5 opinións.

  1. Pois éche unha verdadeira pena, da rabia non poder facer nada para evitalo, ahora a estes quédanlle tres largos anos para acabar de saquear o concello.
    Para que despois digan que un puñado de votos non importan,

    ResponderExcluir
  2. Bueno "eu", pensa que cando se acaben os cartos non poderán pajarlle a Brea, o que significara o punto e final do chiringuito do PP de Carnota. E no plan no que están, ca construcción parada e pasando olimpicamente da Xunta e da Deputación, os cartos non lle van chover do ceo nin durar toda a vida. Por muitas fotocopias que facturen :-)
    Estes do PP son tan bobos que non se dan conta de que os seus novos "amijos" empresarios só están no allo para forrarse a conta deles, e que cando o PP se vaia ó tacho en Carnota " si te he visto no me acuerdo". Eso en Carnota sábeo hasta o tonto do pueblo, ou non.

    ResponderExcluir
  3. O verdadeiramente grave de esto non e que o PP perda concelleiros si se deran agora unhas eleccións, o preocupante e a perda poboacional do concello.
    ¿Qué pensa facer o goberno que lidera o Sr. Oreiro ao respecto?
    E por favor que diga algo mais que ampliar as piscifactorías e a fabrica de conservas.
    ¿ Tanta experiencia política e so lle da para eso?
    Que magoa.

    ResponderExcluir
  4. E ninguén di nada do raquítico, vergonzoso, ridículo programa "cultural" que andan a anunciar a bombo e platillo en todolos lados, como se nunca tal se vira?
    Por favor, parece que se queren rir de nós-
    Se a cultura dependera destes sochantres...

    ResponderExcluir
  5. Esta maña deron na televisión TVG satélite, un reportaxe sobre o concello de Carnota,
    No mesmo facíanlle unha entrevista ao alcalde, na que recoñecía a perda poboacional do concello.
    Cando a reporteira lle preguntou sobre que proxectos tiña, solo respondeu que en tres anos non podía desenrolar un proxecto. E falou do Monte Pindo como un diamante en bruto.
    Ben dúas cousas nada mais. Por o que di parece recoñecer que solo lle quedan tres anos, hasta el o admite.
    E a outra e que non ten proxecto algún, pois nin sequera dixo o que quería facer co Monte Pindo que foi o único que ofreceu como proxecto.
    No Coment

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: