Hoxe, día 25 de abril, terá lugar un pleno ordinario da corporación municipal de Carnota, no Salón de Plenos da Casa do Concello ás 20:30 horas.
A Orde do día é a seguinte:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria do 4 de abril de 2008.
- Dar conta das Resolucións de Alcaldía.
- Aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora do Servizo de axuda no fogar.
- Aprobación de “Plan de igualdade de oportunidades municipal”.
- Ratificación da Resolución de Alcaldía do 21 de abril de 2008, sobre solicitude de prórroga á prestación de servizos sociais á Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar.
- Adhesión ao Pacto territorial de emprego da Costa da Morte.
- Adxudicación dunha operación de tesourería.
- Rogos e preguntas.
Aproveitamos para criticar desde este espazo a paupérrima redacción e o nefasto galego empregado nos documentos e comunicados emitidos ultimamente polo goberno municipal (p. ex. esta mesma convocatoria de pleno, á que tivemos que dedicar un bo anaco a corrixir), a pesar de que Carnota conta cun servizo de normalización lingüística propio, entre cuxas funcións está a de garantir a calidade do estilo e o correcto uso do idioma en toda comunicación pública do noso concello.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!