AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

11/04/2008

Carta aberta de Carmen Mendoza á veciñanza de Carnota

Carmen Mª Mendoza Canosa ten 33 anos e é veciña do Pindo. Casada e con dous fillos, esta mestra titulada en educación infantil levaba arredor de cinco anos impartindo para o Concello de Carnota cursos de obtención do graduado ESO e de alfabetización de maiores. Neste ano 2008 foi relevada das súas funcións polo novo goberno sen mediar explicacións nin térena informado sequera. Publicamos a seguinte carta aberta por expreso desexo desta veciña:

Como se me da a posibilidade de expresarme, así o vou facer, dun xeito libre e sen tapuxos, porque se por algo me caracterizo é por ir de fronte. Si, iso que todo o mundo di pero que ninguén fai.

Desde aquí quero, antes de nada e xa en calidade de «ex-mestra», saudar a todos os meus alumnos e alumnas que durante estes anos estiveron comigo, felicitalos a todos e todas polos seus méritos, a todos os rapaces que sacaron o Graduado ESO (de todas as idades), ás señoras do Pindo e Lira que estiveron aí, ao pé do cañón, disfrutando cun curso que lles gustaba, lles interesaba e no cal se atopaban a gusto, a todos e todas eles un saúdo cordial. É por eles, porque tratei con persoas, que me sinto na obriga moral de escribir isto.

Durante estes anos prestei os meus servizos como mestra de adultos neste Concello; son unha mestra que estaba no paro ata que un bo día a chamaron do INEM de Cee, comecei a traballar para o Concello de Carnota e todo foi ben, os resultados foron moi bos (aí están as persoas que sacaron o título), non houbo queixas nin problemas, que eu saiba. O servizo funcionaba moi ben.

Pero este ano, de golpe e porrazo, non me chamaron, e a sorpresa non foi demasiado grande, porque por desgraza din que «as cousas funcionan así se non eres do seu gusto», non sei a que gusto se refiren porque do meu traballo non teñen nada que dicir, ao contrario; ademais son unha persoa totalmente anónima que non milito en partidos nin nada parecido ata o día de hoxe. Entón, que pasa? Que hai que facer? Eu sempre pensei que traballar de forma decente e con dignidade era o axeitado...

Pois ata aquí ben. Contrataron a outra persoa doutro concello, e parece ser que esta persoa decidiu renunciar. Deste xeito, e quedando o Concello sen o servizo, deciden chamarme a min, e a miña resposta foi NON. Por que agora? Non me interesa. Eles saberán, pero eu teño dignidade e coas persoas non se xoga, á xente que traballa hai que respectala, con independencia das súas ideoloxías, amizades, gustos... Estamos nun país libre onde os revanchismos absurdos non teñen cabida.

Desde aqui dou as grazas aos ex-alumnas e ex-alumnos, e ás señoras de Lira e do Pindo. Foi un pracer traballar con todos e todas, estaría encantada de seguir con eles se as formas tiveran sido as correctas.

Porque creo que lles debía unha explicación a todos e todas eles vai este pequeno comunicado.

Moitas grazas e ata sempre.





Carmen Mª Mendoza

Desde o BNG de Carnota pouco podemos engadir ás conmovedoras palabras desta veciña. Non podemos máis que sumarnos ao sentimento de impotencia pola inxustificada perda do seu traballo a pesar de tantos anos de traxectoria exemplar ao servizo de todos os veciños que precisaron da súa profesionalidade e saber estar. Este tipo de feitos son a consecuencia de tratar as persoas como gando, e non como o que son, seres humanos dignos que coa forza do seu traballo e ilusión tentan labrar un mellor futuro para si mesmos e as súas familias no seu pobo. Xa pasou na anterior lexislatura dos mesmos que nos gobernan hoxe, cando houbo auténticos dramas familiares polo mesmo motivo. Por desgraza parece que en oito anos na oposición non aprenderon moito, e non só non cambiaron esta actitude senón que a redobraron, en vista deste e outros episodios recentes.

A esta afectada, e a tantos outros ex-traballadores do concello que xa pasaron por unha situación similar, vaia o noso máis sinceiro apoio e a garantía de que o BNG, como forza política ao servizo dos veciños de Carnota, loitará con todos os medios que ten ao seu alcance contra estas actitudes miserábeis.
Etiquetas: , , , , , , ,

Hai 16 opinións.

  1. Un saúdo para Carmen dende Lira.
    Así se fan as cousas...incompetentes hasta decir basta, espero que os veciños de Carnota se vaian dando de conta pouco a pouco que temos un goberno que non o merecemos. PP= PrePotentes!
    Haber se nas próximas eleccións nos poñamos máis as pilas que nestas anteriores...Cada voto conta, e se hai q regalar camisetas para as próximas regálaranse, eso sí...non teremos un Daniel aportando capital a cambio de favores ;)!

    Queda dito.

    ResponderExcluir
  2. Si eres o que penso,ten cuidado jiripollas, xa estubo a punto de soplarche os mocos, metete cos politicos edeixa os demais. Por que si non pode sair a relucir toda a basura e escoria human do BNG de Carnota.Isto non e unha ameaza, idiota, si tes problemas de caracter sicloxico, aconsejoche un sicriata,dijocho por o teu ben, enfermo...........

    ResponderExcluir
  3. Non son o que pensas, asique amenazas as xustas.

    Como estamos en un país democrático escribo o que me peta, e non me estou metendo con ninguén, simplemente digo o que hai. Ti sabes de quen é familia a que colleron como educadora que despois renunciou? favores,favores e os que quedan por vir.

    ResponderExcluir
  4. Para anónimo o que ameaza no segundo comentario:

    Esa é a vosa maneira de facer política? Avasallando, ameazando e insultando a quen non pensa como vos e denuncia o que todo o mundo xa sabe no concello? Se o señor Daniel non quería andar en boca de todos polos líos no concello, que non se houbera metido a xogar ca política local. Agora que apande cas consecuencias.

    E xa que te pos a dar recomendacións, eu recomendoche a ti que volvas á escola para que che ensinen a escribir sen fallas de ortografía, e xa de paso, un pouco de educación.

    ResponderExcluir
  5. Pois eu si que son ese no que "todos estades pensando". Non adoito comentar nesta páxina, nin moito menos son autor de ningunha das mensaxes anteriores, as ameazas (si que son ameazas, señor Anónimo, e das graves) dirixidas claramente contra min, asi coma a obsesión (que non deixo de percibir en certos círculos) de que eu son unha especie de "cociñeiro na sombra" de todo o que fai o Bloque de Carnota, obríganme a saír a falar para lembrar a certas personaxes do municipio que o BNG de Carnota non son eu; o BNG de Carnota son ducias de veciños militantes e arredor de oitocentos veciños simpatizantes/votantes.

    Eu son un simple militante de base (que non o agocha) á disposición do que o BNG de Carnota requira de min, mais iso si, con certa dispoñibilidade temporal e espacial superior ao resto dos meus compañeiros, por vivir no meu concello e traballar na miña comarca. Nada máis.
    Todo o demais son paranoias prefabricadas para poder dirixir as iras contra un só cabeza de turco, posto que é moito máis fácil insultar ou ameazar a un só mozo de 24 anos que a ducias de militantes ou a oitocentos votantes/simpatizantes. Xa teño asumido que me tocou ese rol, que lle vou facer.

    Un saúdo.

    Mario Maceiras

    ResponderExcluir
  6. Ainda te vas a creer algo chaval,ti non eres nada, nin cociñeiro a sombra nin vayas ahora de perseguido nin muito menos de victima o que está claro e que necesitas tratamento medico e non cho digo para insultarche, soamente cho digo como un consexo,tomao como queiras, pero visita a un profesional.Sobre o do traballo na comarca ,hay muitos da tua edade que teñen que marchar a outros lares,por que os traballos neste concello e na comarca acaparanos os enchufadillos politicos como ti, sin contar cos respectivos familiares. De eso sabedes muito todos os partidos de este axuntamento.De circulos en contra, e normal, o fascismo nazi do BNG de Carnota estä demostrado,por que no 90% dos seos miembros corre sangre FALANGISTA,non e que o dija eu,tira de historia, e te daras conta.Unha preta .

    ResponderExcluir
  7. Dios, canto lunático solto, nai miña. Ti tranquilo Mario, acabas de darlle unha lección de urbanidade e saber estar a toda esa banda de mafiosos (ou mellor dito, delincuentes de baixa alcurnia) que andan a ameazar a quen non lles canta aleluyas cando entran pola porta.

    ResponderExcluir
  8. Algúns comentarios como o de este ser que nin a animal unineuronal chega deberían ser borrados por o administrador, tras expoñelos para que todos se deran conta dos motivos, e de paso bloquearlle a IP, para que non volva a poñer estupideces de esta índole. Ademais si chega a pasar algo do que di, xa no seria difícil localizalo.
    Pódese estar de acordo ou desacordo cos comentarios de cada quen, pero as ameazas e insultos non son aceptables. E unha vergoña que no século XXI queden cavernarios de esta índole.

    ResponderExcluir
  9. Ben son o do anterior comentario agora identificado a ver si me veñen pegar a min.
    Primeiro aclarar que eu non son feicista nin creo que ninguén teña a mínima proba de eso, (aclaración dos que falan por falar e anticipándome a reaccións).
    Non acostumo a estenderme moito en este blog, pero o burricán das ameazas tocoume a moral.
    Vou a comentar quen e o goberno do señor Oreiro baixo o meu punto de vista.

    O señor Oreiro e un personaxe que esta na primeira plana da vida política de Carnota dende fai aproximadamente 20 anos. Sempre sobreviviu a todo. Ao principio cando no era capaz de acadar cargo constitucional algún, e para que o home pódese servir ao seu señor montáronlle unha oficiniña, pagada con fondos europeos. En este chiringuito Pepe incluso daba postos de traballo e os veciños de Carnota que ante a necesidade, tiñan que ir a falar con el para un posto temporal, en empresas que traballaban contratadas para a xunta de Fraga, e que ao final nin sequera pagaba aos traballadores. Eran tempos duros tempos de escapadas para Canarias ante a necesidade. Había familias que tiñan que comprar de fiado no súper a comida por levar meses sen cobrar de estas empresas; e Pepe de brazos cruzados, con un presuposto para o seu chiringuito superior ao presuposto do concello de Carnota. Para este posto Pepe foi elixido utilizando as tecnoloxías mais modernas, por o sistema dixital.
    O de non pagar aos traballadores e un defecto conxénito dos entramados de Pepe, si non que llo pregunten a algún traballador ou traballadora da súa gardería, aínda por riba man dereita de el.
    Como Carnota sempre lle importou menos que o primeiro gallumbo que puxo na súa vida, e era un fiel servidor dos seus señores Pepe consigue ir trepando, Senado Congreso, e ocasionalmente alcalde de Carnota, (mais ven por o desgaste normal de outras formacións que por o mérito propio). Naturalmente non o votaba ninguén, pero iva na lista e claro en este sistema democrático que temos moitas veces non se sabe nin a que votamos. Pero este e outro tema.

    Estas ultimas xerais as cousas por moito que queiran camuflalo non pintaron nada ben para o PP, perdéronse postiños de levanta mans (ou cas tecnoloxías novas apretabotons), técnica na cal Pepe e un consumado especialista.

    Por os pelos consegue colarse de alcalde outra vez axudado por un cambio de encabezamento de lista do BNG, e un mal reparto de votos entre BNG e PSOE, por o que a lei de Ohn o favorece. Sorte tivo porque ao pouco acabóuselle o sillon do Congreso. Ase que xa puido asegurarse moi ben o seu benestar.

    Seguindo instruccións de seus amos nada mais cegar a poltrona municipal encargouse de non realizar obras xa concedidas, e desprezar partidas moi importantes simplemente porque non ivan na liña do PP. Xa todo a unha había que encargarse de que o Concello pagase o que xa devia en soldos da gardería ( mira por onde agora Marisol hasta cobra).
    E seguido co seu proxecto político ira colocando a súa xente en postiños para intentar seguir no cargo o mais posible. Vendendo favores, si se fai algo por o concello ou non eso e secundario.

    Pepe e o típico político dinosaurio da escola de Baltar, pero aínda mais torpe que este, que sobreviviron as cavernas e sigue facendo política mafiosa.

    Recordo que non fai moito Pepe deuse un paseo por a comarca de Bergantiños, con outros da súa peña, pedindo a retirada dos peaxes da AP-9 no tramo Carballo – Coruña.
    Sen acordarse de que el estaba en activo politicamente cando o seu partido se encargou de privatizala. Mala memoria macho.

    Que aproveite mentres poda pois pintan bastos no PP, xa non quedan postiños nos madriles, e como por arriba andan dándose coiteladas trapeiras menos lle quedaran. E en Carnota hasta el sabe que non repetira lexislatura. Aínda que intente cambiar ao pobo en lugar de cambiar el, e desfacerse das persoas que non opinan como el, a situación non e a mesma que fai uns anos, e a xente xa non marcha tanto para Canarias.

    ResponderExcluir
  10. Este comentário foi removido por um administrador do blog.

    ResponderExcluir
  11. Anônimo disse...
    TRASNO...............NON TE DROJES...........
    6:03 PM

    Vaia, aquí temos un dos típicos argumentos de altura dos hooligans de PP-O...

    ResponderExcluir
  12. Parece ser que decir a verdade agora lle chaman DROJARSE...

    Non esperamos moito máis de xente coma vós.

    ResponderExcluir
  13. esta é a verdadeira pena, que personas inocentes teñan que pagar as vergonzas dos politicos. carnota e os seus veciños non merecemos todo o que nos esta pasando desde maio, non é que o goberno anterior fora unha balsa de aceite pero con estes elementos levamola clara, eu creo que é totalmente imposible facer mais "jaimitadas" en menos tempo. e tres anos que nos quedan hasta poder botalos, a saber do que serán capaces nese tempo, eu xa espero calquera cousa.

    ResponderExcluir
  14. vaia, acabo de ler as amenazas, estou flipando. creo que lle vou comentar a miña familia e amigos que marca de coches está a dar muitos problemas ultimamente.

    ResponderExcluir
  15. Este comentário foi removido por um administrador do blog.

    ResponderExcluir
  16. OS APELIDOS, SON TODOS MUY REPETABLES,O QUE ESTA CLARO QUE OS INDIVIDUOS QUE MENCIONO SEGURAMENTE NON OS MERECEN LEVAR.

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: