AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

01/09/2007

O anterior goberno deixou contratados máis de 5.500.000 € en investimentos para Carnota

O goberno saínte, liderado daquela polo nacionalista Manolo García, deixou aprobada unha longa serie de investimentos para a mellora do noso concello por valor superior a cinco millóns e medio de euros. Todos eses investimentos atópanse xestionados, financiados mediante diversos entes e contratados, e a maioría delas xa están en execución nestes momentos, como pode ser o caso da Senda Verde, o Centro de Interpretación da Cabana, obras de saneamento e beirarrúas, etc.

Só decidimos publicar neste listado as obras de maior importancia, malia existir outro conxunto de obras menores tamén contratadas polo goberno anterior e que están sendo executadas nesta nova lexislatura. Estas cifras son aproximadas e están redondeadas para a áxil lectura do texto.


• Saneamento integral do noso municipio
Obras da fase secundaria en Lira, Pedrafigueira e As Breas: 400.000 € (financiados pola Xunta)
Obras da fase secundaria en Mallou e Vilar: 450.000 € (financiados polo Concello)

Obradoiro de emprego: Máis de 500.000 € (a Xunta financia os contratos, o Concello fornece do material preciso)
Xa en execución, está na fase de contratación de finalmente 35 veciños (o goberno anterior tiña aprobados 45) en situación de desemprego durante un ano nunhas condicións laborais e salariais dignas, que serán formadas en competencias con alta demanda laboral na nosa zona, como poden ser as profesións de xardinería, canteiría, carpintería... e mesmo en novas profesións puxantes como instaladores de enerxía solar. Os seus traballos, ademais, efectuaranse nas infraestructuras municipais.

• Áreas biosaudábeis en Lira-Lariño, Pindo-Quilmas e Centro de Día de Pedramarrada: 180.000 €
Contemplará para eses lugares a creación de cadansúa área biosaudábel, un espazo público de esparexemento e lecer dotado con equipamentos para a realización de diversos exercizos físicos, deportivos e de rehabilitación.

• Dotación de céspede artificial no Campo Municipal de Lombáns: Máis de 400.000 €
Xa en execución, repercutirá nunha notábel mellora das condicións para a práctica deportiva e nun elevado aforro nos custos de mantemento da infraestructura.

• Área de Interpretación Paisaxística da Cabana (Lira): Arredor de 300.000 €
Contempla clausura e selado da antiga escombreira, adecentamento do entorno, construción do Centro de Interpretación Paisaxística e 3 miradores cos seus respectivos accesos.

• Senda Verde desde o Ancoradoiro ata o alto de Louredo: Arredor de 75.000 €
Xa en execución, acomete a creación dunha impresionante ruta de sendeirismo pola montaña, o adecentamento do entorno inmediato e as respeitivas conexións cos principais núcleos de poboación (Lariño, Lira, Mallou, Carnota e San Mamede)

Senda Costa da Morte. Máis de 400.000 €
Varias áreas de lecer no percorrido da Senda en Lariño (2), Martiaño, Lira, Camposas (entre Pedrafigueira e Canedo) e Louredo.


• Áreas de práctica de xogos populares en Lira-Lariño, Lombáns (Carnota) e Quilmas-Pindo: 250.000 € (financia a Consellería de Cultura e Deportes da Xunta)
Rexenerará eses espazos degradados e dotaraos de diversos equipamentos de lecer e de áreas e equipamentos para a práctica de xogos populares e celtas.

• Plan de Obras e Servizos (POS): 240.000 €
Xa en execución, acomete diversas melloras do alumeado público, saneamentos, recollidas de pluviais e dotación de beirarrúas no Viso e en Pedrafigueira.

• Plan de Cooperación da Deputación da Coruña: 240.000 €
Xa en execución, diversas obras de pavimentación en todas as parroquias do noso concello.

Paseo Marítimo do Pindo: 880.000 €
Xa en execución, acomete a rexeneración do degradado entorno da praia de San Pedro mediante a construción do paseo que bordea toda a praia, saneamento de franxa litoral urbana, río e canles, e complementado tamén cunha senda peatonal ata Os Mouchos e un mirador na Cruciña, dentro do plan de rutas de sendeirismo promovido polo BNG para poñer en valor o noso patrimonio tradicional e paisaxístico.

• Convenio con Endesa para o proxecto de iluminación artística dos hórreos singulares de Lira e Carnota: 100.000 €
Constitúen xunto coas praias un dos lugares que xeran maior interese no noso concello. Esta iluminación realzará a súa espectacularidade e beleza.

• Galescola de Carnota: 550.000 € (financiados e xestionados pola Vicepresidencia da Xunta)

• Proxecto de supresión de barreiras arquitectónicas: 125.000 € (financiados pola Deputaicón)
Mellorará o acceso dos veciños a todas as instalacións públicas de Carnota.

• Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM): 150.000 € xa subvencionados, en avanzada tramitación a ampliación desa contía)
Un traballo fundamental que adoita ser longo e custoso, a piques de estar economicamente resolto grazas ás xestións do alcalde nacionalista.

• Mellora e ampliación do viveiro hortofrutícola e forestal de Lamas de Castelo: 60.000 €
Permitirá acelerar e abaratar as tarefas de repoboación, ademais de subministrar prantas e árbores a xardíns e instalacións municipais e mesmo a veciños que os soliciten.


Ademais:

• Plan de rexeneración dos montes afectados polos incendios: Mäis de 3.000.000 € (tamén abrangue unha pequena parte do concello de Muros)
Xa en execución, acomete tarefas de repoboación, retirada de madeira calcinada, limpeza e dotación de infraestructuras (construción e adecentamento de pistas, puntos de toma de auga, etc...)

• Adecentamento e rexeneración dos entornos dos areeiros de Maceiras, do Faro de Lariño e creación dun sendeiro costeiro entre a praia de Mar de Lira e Portocubelo en Lira.
(Obras aínda non contratadas, pero xa en avanzado estado de tramitación e presupostadas por Costas)
Etiquetas: , , , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: