AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

05/09/2007

Novas taxas de saneamento: A xestación dun engano aos veciños


Información de urxencia para todos os veciños que xa están a conectarse á rede de saneamento cunhas tarifas abusivas e non regulamentares.

O venres 13 de xullo tivo lugar na Casa do Concello un Pleno extraordinario de urxencia -comunicado aos membros do BNG con tan só un día de antelación- no cal, entre outros puntos, estaba incluída a ordenanza que ía regular as taxas do saneamento municipal. Non só non se nos xustificou en ningún momento o porqué da urxencia deste punto na Orde do día, senón que a única argumentación que utilizou o novo alcalde foi que o documento submetido a valoración do Pleno era “exactamente igual” ao prego de condicións da concesión do Servizo de Saneamento que deixara acordado o goberno do BNG coa empresa concesionaria. E tiña razón, salvo nun "pequeno" detalle: no novo documento aparecera por arte de maxia unha nova taxa de enganche para cada veciño que oscila entre os 300 e os 400 euros, do que non había nin rastro no acordo orixinal entre o concello e a empresa.

O máis curioso é que ante a primeira reacción da oposición ao decatarse deste feito, o novo goberno municipal retirou a proposta inmediatamente sen dar máis explicacións, a pesar de ter os suficientes votos como para aprobalo sen a oposición. Curioso, e sospeitoso.

Durante un tempo, nada volvemos saber desa "taxa pantasma" que o novo goberno nos tentou colar á oposición pola táctica do despiste. Como non podía ser doutro xeito, puxémonos a investigar o asunto pola nosa conta e mesmo solicitamos información sobre as taxas do servizo noutros concellos onde o saneamento tamén é xestionado pola mesma empresa, descubrimos que os gastos de enganche habituais son os seguintes:

Ud ACOMETIDA DE SANEAMIENTO 1
Acometida domiciliaria de saneamiento a la red general hasta una distancia máxima de 8 m. incluyendo rotura de pavimento con martillo picador, excavación mecánica de zanjas de saneamiento en terrenos de consistencia media, colocación de tubería de pvc de 160 de diámetro interior conexión con pozo de registro o colector existente p.p. de medios auxiliares, tapado posterior de las acometidas y reposición del pavimento, terminada. TOTAL UD = 231,31 €

Ud ACOMETIDA DE SANEAMIENTO 2
Acometida a red de saneamiento, tubería de pvc rígido 160 de diámetro interior, conexión con red general con injerto CLIK MARCA WAVIN, anillo y casquillo de PVC ranurada y extremos con juntas labiadas. Medida de la unidad terminadas. TOTAL UD = 90,00 €

1 Aplícase cando sexa a propia concesionaria quen realiza as perforacións necesarias para o enganche.

2 Aplícase cando o propio veciño efectúa ese traballo directamente ou ben contratándoo á empresa que decida.

Cal sería a nosa sorpresa cando nos enteramos de que a empresa concesionaria xa está a efectuar obras de perforación e enganche polas cales se lles está a cobrar desproporcionadas taxas de arredor de 350 € a todos os veciños que queren incorporarse á rede municipal de saneamento. E todo isto coa total connivencia do novo goberno de Carnota. O BNG de Carnota, como organización política ao servizo dos veciños, ten a obriga de informar á poboación de todo o que está sucedendo a nivel municipal:

  1. Logo de consultarmos con contratistas do noso concello sobre os custos das obras de perforación, descubrimos que as tarifas que están sendo cobradas pola empresa concesionaria do servizo son esaxerada e inxustificadamente superiores.
  2. As tarifas que a empresa concesionaria está ofertando en Carnota coa connivencia do goberno municipal son moi superiores ás que a mesma empresa está a percibir noutros concellos.
  3. As contías que a empresa pretende cobrarlle aos veciños non foron aprobadas en ningún pleno da corporación municipal e por tanto non están regularizadas.
  4. Non existe ningunha obrigatoriedade de que as labores de perforación e entubado as realice a empresa mencionada.
  5. O BNG propón a todos os veciños que avalíen a posibilidade de contratar as obras necesarias para os enganches a empresas construtoras do noso municipio, salvo o enganche final que deberá ser feito obrigatoriamente pola empresa concesionaria, e de ser cobrado, aplicarase a contía que no seu día se aprobe no Pleno municipal.

Por todo isto, o BNG de Carnota entende que o novo goberno municipal está promovendo o enriquecemento dunha empresa privada a conta dun engano á poboación de Carnota.

Difunde esta información para deter na medida do posíbel esta sangría económica aos nosos veciños.

Etiquetas: , , , , ,

Hai unha opinión.

  1. Noraboa por seguir en activo... sodes dos poucos blogs políticos que aínda existides na rede... Animo e adiante!

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: